15/1/18

Maravillas

     
Portada, imaxe de La Casa del Libro

         Comenzamos o 2018 cunha obra de actualidade cinematográfica: Maravillas de Brian Selznick.
      Este libro leva xa un tempo con nós, na biblioteca, e algúns xa o coñecedes dabondo, foi publicado en 2011 mais non cabe duda, é unha película que está de estrea agora a que o puxo na prensa e na televisión: El Museo de las Maravillas.





     Brian Selznick escribiu unha novela que pasea por dous mundos: Ben Wilson vive nun pobo de Minnesota, en 1971, busca ao seu pai, un capítulo da súa vida que bota en falta. (O Museu de Historia Natural de New York ten unha importancia peculiar na obra). 


     Rose vive en Nueva Jersey, é xorda e non soporta o mundo do internado onde a súa nai, unha famosísima actriz, a deixou abandoada.    

Ilustración da edición de Maravillas en SM


   

      Maravillas non é unha novela normal, hai unha historia narrada verbalmente (a historia de Ben), e outra historia narrada con imaxes. As máis de 460 ilustracións contan a vida de Rose. Ao final as palabras e as imaxes acabarán xuntándose nunha mesma historia de dous tempos e un só lugar.


procedencia da imaxe: Pinterest

O autor é coñecido xa pola primeira obra que lestes hai anos: La invención de Hugo Cabret, tan ben levada ao cine por Martin Scorsese. Nesta primeira historia a novela gráfica nos leva ao mundo de Hugo un rapaz orfo que vivía oculto na estación de Orsay en París. Grazas a unha rapaza coñecería ao gran inventor Georges Mélies, pioneiro do cinematógrafo.

cartel da película
portada da novela de La Casa del Libro
A novela por dentro. Procedencia da imaxe: todocoleccion.ner
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...