19/12/17

Concurso de postais de Nadal


O concurso de postais de Nadal xa ten ganadora! A alumna de 1º de Bacharelato B, Marta Ferreira.

A orixinalidade da proposta foi o que decidiu ao xurado:


A segunda clasificada foi Nora Khidroun Meléndrez, de 1º de ESO A cun gusto exquisito e un tratamento das cores moi vangardista:


Houbo un nivel moi elevado nas felicitacións, como podedes ver nesta escolma:




 Grazas a todos por participar e as profesoras de Educación Plástica e Visual por adicarlle tanto tempo e esforzo á iniciativa da Biblioteca. 
Bó Nadal a todos!

1/12/17

Club de Lectura de Bacharelato

     Arrancaron xa as reunións do Club de Lectura de Bacharelato dirixido por Xabier e Lorena. A obra que escolleron é unha novela curta de Alan Bennet, Unha lectora fora do común. 






     A historia recolle como, despois de que os cans da raíña Isabel escaparan e chegaran ata a porta da cociña;  prodúcese un curioso encontro entre un bibliotecario (Hutchings, quen conduce un autobús- biblioteca móbil do concello de Westminster) e a propia raíña de Inglaterra.


"-Ah. Ten moito tempo para ler?
  -Non moito, señora.
  -O mesmo me pasa a min. Aínda que xa que estou aquí supoño que terei que coller un libro prestado.
     O señor Hutchings sorriu, obsequioso.
  -Recomendaríame algunha cousa?
  -Que lle gusta á Súa Maxestade?
     A raíña vacilou, pois a dicir verdade non estaba segura. Nunca mostrara moito interese pola lectura. Lía, naturalmente, como todo o mundo, pero o gusto polos libros era algo que deixaba para os demais. Era unha afección, e a natureza do seu traballo implicaba non ter afeccións." (páx. 9)

     


     


     Dende o primeiro día, a raíña comeza a interesarse pola literatura e vaise facendo a levar emprestado un libro cada mércores, é o día que a biblioteca ambulante do concello pasa polo Palacio de Westminster. As cousas irán tomando un camiño peculiar... E non digo máis!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...