20/11/17

Novas adquisicións do mundo do cómic

   





     Temos novidades do mundo do cómic.
     La vida es buena si no te rindes, de Seth, foi considerado un dos "100 mellores cómics do século XX".
Trátase dunha historia que naceu en 1993, o autor ía compoñendo as viñetas e entregando nos seus cadernos de cómics, titulados Palookaville, durante anos. Rematou a historia en 1996 e, entonces, decidiu convertila nunha novela gráfica, así a temos agora publicada, como libro. Afonda o protagonista na procura de antigos autores de viñetas, especialmente do seu admirado Kalo, e acaba atopando sorpresas moi interesantes.


  Como viaja el agua, título poético, é unha historia de Díaz Canales, quen estivo no recente festival do cómic coruñés, "Viñetas dende o Atlántico". Narra unha durísima historia: un grupo de homes xubilados organízase moi mal para chegar a fin de mes e para axudar aos seus nesta época de crise económica. Estes homes retirados dos seus traballos non están retirados da vida e loitan polos seus dereitos e por axudar aos que non teñen nada. Organízanse para roubar (como Robin Hood) e despois vender o material a baixo prezo... É evidente que esta historia non ten un final feliz...



 
     Díaz Canales é tamén o autor da serie BlackSad, (xunto con Guarnido), que tedes na Biblioteca á vosa disposición.

     E por último, volve Astérix! Aínda que Goscinny e Uderzo xa non están con nós, a serie de cómics dos galos máis teimudos do mundo continúa a súa andaina polas librerías e vai ampliando a colección. Nesta nova edición os galos dan unha volta por Italia. O verdadeiro protagonista é Obélix, quen merca un carro para participar nunha delirante carreira pola xeografía da Península Itálica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...