31/10/17

Tempo de difuntos

   





  Neste outono que non é chega o momento dos difuntos. A celebración milenaria do Samaín a que estamos habituados, coas castañas, a visita aos cemiterios, as flores, os contos de medo... , estase vindo substituída dende hai casi  trinta anos por Halloween, unha festa anglo do 31 outubro que é, sobre todo, unha festa de disfraces... Os que non teñen Antroido teñen que mudar de careta noutro tempo do ano.
     Na Biblioteca aproveitamos para disfrazar o mobiliario con referentes culturais: temos o corvo de de Edgar Allan Poe ("Nevermore, nevermore..."),


os morcegos (típicos animais nocturnos, de covas, de contos de terror e de cemiterios),


os esqueletos, as cabazas valeiras e personificadas con ollos e bocas,




 as fantasmas, os raños (tremendo raño temos a carón da mesa!),







     Mais tamén temos libros, moitos libros, de medo, de terror, algúns moi simpáticos:




outros, verdadeiramente arrepiantes:




20/10/17

Día Europeo das Linguas

     

  


     O día 26 de setembro toda Europa celebrou o Día Europeo das Linguas. Dende Bruselas, a Unión Europea quere homenaxear a diversidade lingüística pola riqueza cultural que representa.
     No Instituto, nos cursos de 1º de ESO, traballamos coas palabras, os saúdos, noutras linguas. Algunhas tan alonxadas de nós que non sabiades nin que existían.
      Hai que aprender, hai que saber que no noso continente europeo temos unhas 200 linguas diferentes e  todas, todas, son igual de importantes porque representan ás persoas, aos pobos, ás historias vividas dende hai moitos séculos.
     Os saúdos nas diferentes linguas ocupan a nosa árbore.















     Tamén os puxéstedes nos paneis da entrada, cheos de cores e de diversidade.

   





Ata temos un en braille!
Grazas a todos pola colaboración!

17/10/17

De volta

     Benvidos ao novo curso. Como podedes ver, no verán fixemos algúns cambios.
     Xusto á entrada do instituto "plantamos" a árbore da literatura. É unha doazón do Departamento de Matemáticas, xa sabedes que Consuelo Castro dinamiza a aprendizaxe das mates con concursos e olimpiadas nas que, polo de agora, recibides premios. Parabéns!
     Nas ramas hai sempre papeis que recordarán libros, que nos darán palabras ou versos e que este mes están ocupados por saúdos en todas as linguas que nos cabían.



Xa dentro da sá de lectura hai novos postos, oito en total, con conexión a internet, con ordenadores novos.





Tamén sacamos a mesa da entrada e puxemos as novidades en vertical, xa sabedes que podedes pedilas ao profesor encargado dos empréstitos nos recreos e levar para casa ata 15 días o material que vos resulte interesante. Xa incluímos as novelas do premio Nobel deste ano: Kazuo Ishiguro.



Esa mesa que sacamos ao corredor, a carón da entrada da Biblioteca serve para anunciar actividades, novidades e efemérides varias. Estade atentos!


)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...