31/3/17

Patria de Fernando Aramburu

             

Fotografía de Tusquets

      Hoxe traemos novidades: Patria de Fernando Aramburu.
     Está sendo a novela deste curso, a máis lida, a máis vendida, a máis discutida...
    O título vai pasando de boca a orella (non sabemos moi ben por que se fala de "boca a boca") por todos os centros educativos e por todas as bibliotecas e clubes de lectura.
     Aramburu é un novelista que leva xa tempo adicado á creación literaria. Comezou no mundo da novela con Fuegos con limón, unha novela longa da que nunca se falou moito e da que non se volveu falar a pesares de estar consagrado o seu autor dende hai anos...
     A verdade é que afrontaba nesa novela inicial un tema tabú en Euzkadi, a súa terra: o achegamento ao mundo do terrorismo abertzale dende o entorno universitario vasco. Os protagonistas eran novos, coma o autor, e universitarios; e tiñan contacto (velis nolis) co mundo da kale borroka, da represión policial, das manifestacións de estudantes, das referencias aos presos, da verdade histórica e da mentira...
     Vivimos, agora, noutro momento histórico, e o propio Aramburu confesou, cando viu por Coruña hai uns meses para presentar Patria, que o abandono por parte de ETA da loita armada fixo nacer a necesidade de escribir, en profundidade sobre todo aquel tempo, o tempo do terror.
     O resultado é unha novela longa, onde as personaxes están moi ben caracterizadas e as conversas son abundantes e parecen apuntar a unha adaptación cinematográfica.
.É unha obra valente, que fala dende o lado dos que sofriron os ataques terroristas: unha familia rota pola morte, asesinado por ETA, do pai. Nun pobo pequeno, onde todos son coñecidos, ou amigos, vive unha familia fronte a outra. A familia de Bittori e de Txato frente á familia de Miren e de Joxian... Amigos, veciños, con fillos pequenos que xogan uns á carón de outros... Pasan os anos e o fillo dos veciños está detrás do asesinato de Txato. É unha historia de odio, de crueldade, e de cobardía e silencios tácitos. A historia do que viviu o propio Aramburu na súa adolescencia e mocidade.

Imaxe: El País

     El mesmo, como tantos, estudou en Zaragoza, non na Universidade do País Vasco, e vive dende hai moitos anos en Alemania, lonxe do conflicto, só fisicamente.
     O seu estilo e realista, a novela ten moito diálogo, e unha lingua viva, chea de interferencias entre as dúas linguas. É unha novela de tese, onde os bos son moi bos, persoas íntegras, e os terroristas son, dende o primeiro capítulo, caracteres incompletos, planos.
     Como dixo Ángeles, é unha novela que hai que ler e que había que escribir.
     Déixovos a ligazón á charla que Aramburu deu na UNED para presentar a súa novela:


https://youtu.be/kYM2s0AWV-Q
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...