8/3/17

8 de marzo

    
viñeta de Luis Davila

    Hoxe celebramos o 8 de marzo, (xa non precisamos poñer adxectivos nin títulos de efemérides rimbombantes aínda que nos almanaques ven como "Día da Muller Traballadora")
      Nesta data faremos un acto simbólico, organizado nas clases polos alumnos. 
     Vimos vestidos de negro para simbolizar o loito que hai nos nosos corazóns e nas nosas mentes pola dor que sofren as mulleres aldraxadas, ninguneadas, violentadas e asasinadas; pola discriminación (laboral, económica, empresarial, familiar, física...) que seguen, seguimos, sufrindo por formar parte da  "condición feminina".
     Na meirande parte dos países ocidentais (no noso, non) a xornada terá un "apagón" simbólico: as mulleres van desaparecer hoxe das vidas dos homes, das rúas, dos traballos, das labores domésticas... Un mundo sin mulleres non funciona, será un mundo valeiro, coma nunha xornada de folga xeral.
     Hoxe serán lidos manifestos, discursos, serán visionados vídeos moi vistosos, ou duros, ou intelixentes, ou paródicos... Todo o que fagamos hoxe quedará no recordo das redes sociais un tempo... Mais mañán veremos aumentar outra vez máis a cifra de víctimas de sexo feminino en mans das súas parellas, seguiremos a traballar por un soldo menor ao dos compañeiros masculinos e continuaremos a levar enriba de nós as tarefas da casa e o cuidado da familia (dos novos e dos vellos), ademáis de procurar (coma o cazador recolector da prehistoria) a comida e levala á casa para cociñala despois. 
     Só pedimos repartir o traballo, repartir á responsabilidade da familia e , sobre todo, respecto.
     Dende a educación e o respecto aos homes, esiximos o mesmo para todas as mulleres.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...