31/3/17

Patria de Fernando Aramburu

             

Fotografía de Tusquets

      Hoxe traemos novidades: Patria de Fernando Aramburu.
     Está sendo a novela deste curso, a máis lida, a máis vendida, a máis discutida...
    O título vai pasando de boca a orella (non sabemos moi ben por que se fala de "boca a boca") por todos os centros educativos e por todas as bibliotecas e clubes de lectura.
     Aramburu é un novelista que leva xa tempo adicado á creación literaria. Comezou no mundo da novela con Fuegos con limón, unha novela longa da que nunca se falou moito e da que non se volveu falar a pesares de estar consagrado o seu autor dende hai anos...
     A verdade é que afrontaba nesa novela inicial un tema tabú en Euzkadi, a súa terra: o achegamento ao mundo do terrorismo abertzale dende o entorno universitario vasco. Os protagonistas eran novos, coma o autor, e universitarios; e tiñan contacto (velis nolis) co mundo da kale borroka, da represión policial, das manifestacións de estudantes, das referencias aos presos, da verdade histórica e da mentira...
     Vivimos, agora, noutro momento histórico, e o propio Aramburu confesou, cando viu por Coruña hai uns meses para presentar Patria, que o abandono por parte de ETA da loita armada fixo nacer a necesidade de escribir, en profundidade sobre todo aquel tempo, o tempo do terror.
     O resultado é unha novela longa, onde as personaxes están moi ben caracterizadas e as conversas son abundantes e parecen apuntar a unha adaptación cinematográfica.
.É unha obra valente, que fala dende o lado dos que sofriron os ataques terroristas: unha familia rota pola morte, asesinado por ETA, do pai. Nun pobo pequeno, onde todos son coñecidos, ou amigos, vive unha familia fronte a outra. A familia de Bittori e de Txato frente á familia de Miren e de Joxian... Amigos, veciños, con fillos pequenos que xogan uns á carón de outros... Pasan os anos e o fillo dos veciños está detrás do asesinato de Txato. É unha historia de odio, de crueldade, e de cobardía e silencios tácitos. A historia do que viviu o propio Aramburu na súa adolescencia e mocidade.

Imaxe: El País

     El mesmo, como tantos, estudou en Zaragoza, non na Universidade do País Vasco, e vive dende hai moitos anos en Alemania, lonxe do conflicto, só fisicamente.
     O seu estilo e realista, a novela ten moito diálogo, e unha lingua viva, chea de interferencias entre as dúas linguas. É unha novela de tese, onde os bos son moi bos, persoas íntegras, e os terroristas son, dende o primeiro capítulo, caracteres incompletos, planos.
     Como dixo Ángeles, é unha novela que hai que ler e que había que escribir.
     Déixovos a ligazón á charla que Aramburu deu na UNED para presentar a súa novela:


https://youtu.be/kYM2s0AWV-Q
     

16/3/17

8 de marzo (e 2)


     
     Déixovos unha mostra do que fixemos o mércores 8 de marzo.    
     Foi unha xornada de reivindicación para homenaxear ás mulleres no seu día. 
   Saímos do instituto para ler manifestos, discursos, mensaxes, poesías...;  palabras todas arredor das mulleres, arredor do camiño que falta aínda por percorrer na igualdade.
     Aroa López Vizcaíno leu un manifesto reivindicativo arredor da situación da muller neste século XXI.
     
Aroa López Vizcaíno, de 4º A

     As alumnas de 1º de ESO nos fixeron unha performance:










     María Gadea Abad, de 1º de Bacharelato, leu un manifesto apaixoado e contundente.



    

Francisco Amor Llopis, de 4º, foi o home que quixo tamén deixar a súa voz.




   Finalmente, Pilar Freire nos leu un poema de Gioconda Belli, nicaragüense, titulado, precisamente "8 de marzo".



Ocho de marzo
Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres.
¡Qué poco es un solo día, hermanas,
qué poco, para que el mundo acumule flores frente a nuestras casas!
De la cuna donde nacimos hasta la tumba donde dormiremos
-toda la atropellada ruta de nuestras vidas-
deberían pavimentar de flores para celebrarnos
(que no nos hagan como a la Princesa Diana que no vio, ni oyó
las floridas avenidas postradas de pena de Londres)
Nosotras queremos ver y oler las flores.
Queremos flores de los que no se alegraron cuando nacimos hembras
en vez de machos,
Queremos flores de los que nos cortaron el clítoris
y de los que nos vendaron los pies
Queremos flores de quienes no nos mandaron al colegio para que cuidáramos a los hermanos y ayudáramos en la cocina.
Flores del que se metió en la cama de noche y nos tapó la boca para violarnos mientras nuestra madre dormía.
Queremos flores del que nos pagó menos por el trabajo más pesado.
Y del que nos corrió cuando se dio cuenta de que estábamos embarazadas.
Queremos flores del que nos condenó a muerte forzándonos a parir
a riesgo de nuestras vidas.
Queremos flores del que se protege del mal pensamiento
obligándonos al velo y a cubrirnos el cuerpo.
Del que nos prohíbe salir a la calle sin un hombre que nos escolte.
Queremos flores de los que nos quemaron por brujas
y nos encerraron por locas.
Flores del que nos pega, del que se emborracha,
del que se bebe irredento el pago de la comida del mes.
Queremos flores de las que intrigan y levantan falsos testimonios.
Flores de las que se ensañan contra sus hijas, sus madres y sus nueras
y albergan ponzoña en su corazón para las de su mismo género.

Tantas flores serían necesarias para secar los húmedos pantanos
donde el agua de nuestros ojos se hace lodo;
arenas movedizas tragándonos y escupiéndonos,
de las que tenaces, una a una, tendremos que surgir.

Amanece con pelo largo el día curvo de las mujeres.
Queremos flores hoy. Cuanto nos corresponde.
El jardín del que nos expulsaron.

GIOCONDA BELLI


8/3/17

8 de marzo

    
viñeta de Luis Davila

    Hoxe celebramos o 8 de marzo, (xa non precisamos poñer adxectivos nin títulos de efemérides rimbombantes aínda que nos almanaques ven como "Día da Muller Traballadora")
      Nesta data faremos un acto simbólico, organizado nas clases polos alumnos. 
     Vimos vestidos de negro para simbolizar o loito que hai nos nosos corazóns e nas nosas mentes pola dor que sofren as mulleres aldraxadas, ninguneadas, violentadas e asasinadas; pola discriminación (laboral, económica, empresarial, familiar, física...) que seguen, seguimos, sufrindo por formar parte da  "condición feminina".
     Na meirande parte dos países ocidentais (no noso, non) a xornada terá un "apagón" simbólico: as mulleres van desaparecer hoxe das vidas dos homes, das rúas, dos traballos, das labores domésticas... Un mundo sin mulleres non funciona, será un mundo valeiro, coma nunha xornada de folga xeral.
     Hoxe serán lidos manifestos, discursos, serán visionados vídeos moi vistosos, ou duros, ou intelixentes, ou paródicos... Todo o que fagamos hoxe quedará no recordo das redes sociais un tempo... Mais mañán veremos aumentar outra vez máis a cifra de víctimas de sexo feminino en mans das súas parellas, seguiremos a traballar por un soldo menor ao dos compañeiros masculinos e continuaremos a levar enriba de nós as tarefas da casa e o cuidado da familia (dos novos e dos vellos), ademáis de procurar (coma o cazador recolector da prehistoria) a comida e levala á casa para cociñala despois. 
     Só pedimos repartir o traballo, repartir á responsabilidade da familia e , sobre todo, respecto.
     Dende a educación e o respecto aos homes, esiximos o mesmo para todas as mulleres.

     
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...