9/2/17

Videopoemas

     Os alumnos de 2º de ESO veñen de facer uns videopoemas fantásticos na clase de Lingua Castelá e Literatura.
     Tratábase de escoller un poema proposto pola profesora, Silvia Lugilde, e de montar, partindo das palabras e das ideas, unha base de imaxes de fondo para recitar  a  poesía. Algúns fixeron tamén unha banda sonora.
     Os resultados foron excelentes. Houbo moito poema de amor mais tamén de agradecemento á vida e aos pais... As imaxes son moi suxestivas, veredes que artistas están aí agochados detrás destes videopoemas que vos ofrecemos hoxe. 
     Elena escolleu unha poesía de Jesús Cuadrado, "Oración por mis padres", moi emotiva e estéticamente perfecta:


2/2/17

Vampir, de Joann Sfar

 





     Hoxe traemos un pouco de humor: Joann Sfar é un autor e dibuxante de cómic que leva moitos anos triunfando en Francia grazas a un elegante e educadísimo vampiro.
     Agora chega a nós a infancia de Vampir, cun libro verdadeiramente entrañable. El é un neno, non coma todos, que vive coa súa nai, Pandora, e o seu pai (o Holandés Errante) nunha vella e deserta mansión.
     Os seus compañeiros de xogos son monstruos: o can vermello Fantomate, Margarito (que carga sempre cunha carretilla de caca por si ten que empregala...), Claudio o crocodilo.
      Un día, Vampir decide que quere ser un neno normal e ir á escola. Gran sorpresa: a escola está valeira, de noite non hai nenos.., mais el é un vampiro e só pode andar por aí de noite... Comeza a comunicarse cun neno que deixa sempre os seus cadernos e libros na mesa, é Miguelito, e a  partires dese día, o pequeno Vampir cada noite lle deixa os deberes feitos.
    Sfar ten publicado as historias do vampiro en volumes máis curtos con episodios delirantes (na escola, na clase de kung-fu...). 
     O primeiro volume foi este, coa portada en amarelo, sobre o vampiro elegante, refinado, algo anticuado e sempre namorado da vampira equivocada (gústalle o reguetón!!!)




  
     E aínda hai un tercer volume no que atopamos a este antieroe adicado en alma e corpo ao Amor con letra maiúscula:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...