25/11/16

25 de novembro: imos ao teatro!


Estrea da obra no Teatro Colón, foto de Chus Grela.



Hoxe imos ao teatro!
O grupo do instituto, "Grupo de Teatro María Casares", representa hoxe para todos nós a obra Irene Mendiluce, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Sabedes xa que a obra é orixinal, isto é, foi creada polos actores e actrices dirixidos, como non, por Ramiro xunto con Luis Esmorís (Grazas Ramiro, polo teu traballo, pola túa vocación e por facer destes nosos (e teus) alumnos uns verdadeiros artistas e mellores persoas).
A obra vai desta data: 25 de novembro. É unha data para recordar e sobre todo para pensar na violencia contra as mulleres... Todos sabemos que temos que reconducir os plantexamentos de vida que gobernan as nosas relacións, falamos da educación na casa, da educación na igualdade, do respecto e da educación das emocións..., mais o certo é que van xa... Cantas mulleres asasinadas? E cantas silenciadas? E cantas maltratadas?
A obra pode deixar un regusto amargo, un nó na gorxa e algunha que outra bágoa... É a maxia do teatro, a catarse. É unha obra dura, que trata o tema sen contemplacións e dende un escenario en negro. Non fan falla decorados para esta representación tráxica cun texto de calidade que envolve dende o primeiros momentos.
Xa hai un mes asistimos á estrea no Teatro Colón da Coruña (Vaia estrea e vaia escenario), na semana de Teatro Afeccionado, e o éxito foi clamoroso.
Un verdadeiro luxo para toda a nosa comunidade educativa é contar con este grupo de teatro! Grazas! (e moita merde na representación de hoxe!)

11/11/16

Leonard Cohen

    

página oficial




     Chega a nós a noticia da morte de Leonard Cohen.
     Aos 82 anos de idade, o poeta (merecedor do Premio Príncipe de Asturias das Letras no ano 2011), novelista, cantautor e pintor canadiense (nacido en Montreal), pero tamén grego (aínda ten casa na illa de Hydra) e universal, fai boa a letra da súa última canción:

                                     "Hineni, hineni, I'm ready, my Lord"

seguindo as palabras que Abraham dedicou ao seu deus cando lle pedira o sacrificio do seu fillo Isaac.
     O seu último traballo, You Want it Darker, recolle os seus últimos poemas, máis recitados que cantados, como testamento literario e vital.
     Cohen naceu en Westmount, Montreal, unha zona anglófona na comunidade francófona de Canadá.
     De orixe xudeu, sempre mantivo unha intensa e tensa relación coa relixión, á que fai referencia nas súas poesías: ritos, cerimonias, Abraham e Isaac, o Señor, ás casas de Misericordia,...
     Dende moi novo quixo ser escritor, estudou en Montreal e en Columbia (EEUU), e tentou abrirse camiño no mundo das letras cos seus poemas e con dúas novelas experimentais, The Favourite Game e Beautiful Losers, que non foron moi ben recibidas pola crítica, aínda que lle deron certa fama polos contidos sexualmente explícitos.
    O seu escaso éxito como escritor fixo que se refuxiara na composición de música para os seu s versos que empezaron a facer famosos xoves cantantes de liña folk estadounidenses. Foi case natural que debutara como cantautor xunto aos seus amigos (Judy Collins, Janis Joplin, ) e que comezara a ocupar un espazo entre os intérpretes de música popular máis destacados dos anos 70.

Página oficial




   
     Nese tempo viaxara a Grecia e residía na illa de Hydra a meirande parte do ano. Alí tiña a paz necesaria para escribir e para vivir tranquilamente. A súa imaxe de trovador contemporáneo, de home atractivo para as mulleres e de pensador moderno foi crecendo co paso do tempo.

     Unha das súas cancións máis populares, que foi interpretada por grandes músicos e cantantes foi "Hallellujah", pero antes deixou "Suzanne", "So long, Marianne", "Sisters of Mercy", "Famous Blue Raincoat", "Chelsea Hotel", "I'm your man", e tantas e tantas cancións perfectas.

página oficial


     As súas obras de poesía non deixaron de ser publicadas: Flowers for Hitler, Death of a Ladie's Man, Book of Mercy..., a carón dos seus discos máis publicitados: Songs from a Room, Songs of Love and Hate, Live Songs, New Skin for de Old Ceremony...

Wikipedia, fotografía

     Unha crise persoal, despois de anos de excesos, levouno a ingresar nun mosteiro budista (en Los Angeles, California) onde viviu algúns anos adicado á meditación, á oración e á pintura. Saiu desa crise fortalecido como poeta e seguiu escribindo e publicando obras como Book of Longing.

Allan Showatter, fotografía

     Nestes últimos anos da súa vida viuse obrigado a voltar aos escenarios despois dun descalabro finacieiro. A súa longa xira por toda Europa deixa un grato recordo no noso país, onde actuou (Vigo e, tempo despois, Ourense) ante miles de seguidores en dous concertos memorables.


Leonard Cohen - Hallelujah

2/11/16

Premios Princesa de Asturias 2016


     Neste mes de outubro asistimos á cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias 2016, celebrada en Oviedo. Como sabedes, unha fundación é a encargada de otorgar estes premios aos candidatos propostos anualmente.
     Unha das intervencións máis sonadas foi a da actriz Nuria Espert quen emocionou a todos os presentes no Teatro Campoamor cunha mostra do que mellor sabe facer: actuar. Escolleu dúas pezas que representan aos máis grandes dramaturgos: Lorca e Shakespeare. Primeiro recitou o famoso monólogo de Doña Rosita la soltera, unha peza que moitos dos nosos alumnos que fan teatro afeccionado coñecen moi ben (e mesmo algunha sabe de memoria!); despois fixo, en catalán, o final de O Rei Lear.


Procedencia: El País
     No campo das letras o premio foi para o escritor Richard Ford, dos Estados Unidos, quen é autor de novelas actuais en torno á vida real americana con El periodista deportivo, Vida brava ou Rock Springs. Tedes estas novelas na biblioteca, se queredes saber máis.

  A súa última novela, Canadá, é unha obra maestra.

Mary Beard foi premiada pola súa labor divulgadora, é unha historiadora experta na Antigüidade Clásica e os seus traballos audiovisuais para a BBC inglesa representan unha achega ao mundo dos romanos para todos os públicos pero co rigor debido.


     O premio de Comunicación foi para James Natchwey,

J. Natchwey, Agencia Magnum

fotógrafo e reporteiro estadounidense que, dentro da axencia Magnum, ten recorrido o mundo para amosar as imaxes da crueldade, da fame, da violencia, da guerra... Impresionan as súas reportaxes en Ruanda, as imaxes da violencia dos homes contra os nenos...

J. Natchwey, Inferno



J. Natchwey
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...