29/4/15

Concurso en twitter: Libros que pican





Como xa tedes visto polo instituto dende hai unhas semanas, apareceron uns misteriosos carteis que nos teñen intrigados. Hoxe desvelamos as claves: UN CONCURSO EN TWITTER.
As condicións de participación son moi sinxelas:
1º: facerse seguidor de @iesmcbiblio
2º: enviar un tuit co #librosquepican
3º: comentar un libro que  "te picou"
4º: non excedas os límites dun tuit (140 caracteres) por libro.

Podes participar as veces que queiras pero cada libro debe ir unicamente no espazo dun solo tuit.

Hai libros que deixan unha impronta nas nosas vidas, nalgún momento, nalgún lugar, nunhas circunstancias... As túas impresións de lectura poden servir a outros para achegarse aos teus libros, aos nosos...


27/4/15

Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2015




O día 23 de abril entrégase o Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares. Este día internacional do libro que homenaxea a Cervantes, a Shakespeare e a todos os que lemos foi dedicado este ano a Juan Goytisolo, escritor que cando era moi novo foi incluído na lista da "Xeneración do medio siglo" e do "realismo  social".
Moito máis que iso fixo o segundo dos Goytisolo (o seu irmán maior, José Agustín, foi poeta; o máis novo, Luis, é tamén novelista) xa que evolucionou dende o realismo dos seus primeiros libros ata chegar á renovación narrativa dos anos 60 e 70 a partir da súa obra Señas de identidad. 






Este barcelonés, descendente de vascos e veciño de París case toda a súa vida adulta onde traballou para a prestixiosa editorial Gallimard, pasou ao "outro lado" hai máis de vinte anos e alí reside, entre Marraquesh e Tánxer, indagando na linguaxe e creando unha lingua propia a través dos seus libros.
Cando foi preguntado pola súa nacionalidade afirmou, coa ironía que o caracteriza, que el é de nacionalidade "cervantina". Síntese contemporáneo de autores como o Arcipreste de Hita, ou de Fernando de Rojas, de Cervantes, de Juan de la Cruz, de Miguel de Molinos... Aos que vós coñecedes ben porque os estades estudando. Toda unha "árbore da literatura"que conforma a nosa cultura e a nosa tradición, aínda que sexa a máis heterodoxa.



Nas últimas décadas disminuíu a súa produción con Telón de boca anunciou a súa despedida da novela mais seguiu co seu labor ensaístico cos seus artigos en El País.
O discurso pronunciado ante as autoridades políticas e académicas causou certa sorpresa entre os que non están habituados a ler os seus artigos de opinión.
 Se seguides a prensa podedes atopar frecuentemente artigos de Juan Goytisolo sobre esta absurda sociedade, as guerras, as inxustizas... Foi un dos primeiros en decatarse do descenso no nivel cultural, intelectual e social deste país no seu "Vamos a menos", publicado anos atrás...
Na biblioteca tedes unha mostra dalgunhas obras que ben merecen unha lectura. Xunto con novelas, hai un par de volumes de memorias (Coto vedado e En los reinos de taifas) onde vai
devanando as súas dúbidas, as súas miserias,cunha sinceridade que non é habitual en español, onde por outra banda, non é frecuente atopar autobiografías e memorias de intelectuais,


17/4/15

Eduardo Galeano, in memoriam

   
Estes días recibimos unha mala noticia, a morte de Eduardo Galeano, un dos escritores máis populares e máis lúcidos en español.
      Foi escritor e periodista, sempre comprometido coa realidade social e política latinoamericana.
      Naceu en Montevideo en 1940, na mesma cidade morreu neste mes de abril, mes dos libros. Galeano viviu en primeira liña a chegada da dictadura militar a Uruguay, así que marchou exiliado para  Arxentina en 1973, onde tamén tería que vivir o golpe de estado de Videla; un segundo exilio deu con el en España, aquí residiu entre 1976 e  1985. Coa chegada da democracia ao seu país, tamén Galeano quixo volver e construír un futuro nel. Fundou unha editorial e continuou co seu labor de literato e de articulista en prensa.
     A súa figura sempre foi recoñecida como cronista da realidade americana e tamén como conciencia crítica. Hoxendía sempre se cita o seu ensaio Las venas abiertas de América Latina, seguramente tedes visto en televisión que foi un galano de Hugo Chávez a Obama.
     Mais a obra maestra de Eduardo Galeano foi, case seguro, a triloxía "Memoria del fuego" (que recolle Los nacimientos, Las caras y las máscaras, e El siglo del viento, entre 1982 e 1986) onde revisa a historia americana dende 1942 ata a actualidade para enfrontarse á usurpación da memoria que supuxo a historia oficial.

     Entre nós tivo tamén moito éxito El libro de los abrazos, de 1989, coa tenrura característica do autor.
     As webs están cheas de citas célebres deste prolífico e agudo pensador, gran vividor e amante do fútbol.

 Nós queremos deixar algunhas que, si non son as mellores, alomenos esperemos que vos fagan pensar.
    Sobre o  mundo:
     "La historia de América Latina es la historia del despojo de los recursos naturales"
     "Al fin y al cabo, somos lo que hacemos para cambiar lo que somos"
    O Galeano máis sensible:
     "Hay un único lugar donde dejar y hoy se encuentran y se reconocen y se abrazan. Ese lugar es mañana."
     O máis crítico:
     "El mundo se divide, sobre todo, entre indignos e indignados y ya sabrá cada quien de qué lado quiere o puede estar".
     O apaixoado do fútbol:
     "Como todos los uruguayos, toditos, yo nací gritando gol"
     "Siempre jugué muy bien, la verdad, maravillosamente bien.Era el mejor de todos, pero sólo de noche mientras dormía. Durante el día, hay que reconocerlo,he sido el peor pata de palo que se ha visto en los campitos de mi país".
     Xa temos na biblioteca algúns exemplares da súa obra. Mesmo o último libro que deixou á imprenta antes de morrer, a súa obra póstuma, Mujeres, que edita Alianza Editorial.

Achégadevos aos libros que nos deixou para coñecelo mellor. Paga a pena!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...