25/3/15

Os secretos de Donna Tartt

     


     Donna Tartt deuse a coñecer en 1992 coa publicación de El secreto, unha novela de iniciación protagonizada por un rapaz solitario e falto de cariño que escolle entrar nunha universidade moi alonxada do seu perdido pobo californiano. O que non sabe é que deixar aos seus pais e a súa vida anodina o fará entrar nunha espiral moi perigosa. 
     Elixe formar parte dun grupo selecto de estudantes de Literatura Clásica e, pouco a pouco, vaise decatando das estranas relacións de dependencia que hai entre os seus compañeiros e do terrible secreto que ocultan.


     A novela é un longo flash-back que parte do asasinato dun estudante do grupo pero a intriga permanece intacta ao longo do relato (e son 770 páxinas), xa que Donna Tartt non desvela nada, vai amosando as complicadísimas relacións entre os amigos, a influencia excesiva e maligna do profesor, o liderazgo oscuro dun dos rapaces protagonistas, os ritos dionisíacos que queren reproducir, a iniciación á vida adulta no campus universitario... A  intrincada rede de conflictos e de pequenos secretos interesa tanto ao lector que non pode deixar de ler unha novela hipnótica, psicolóxica, pero tamén de misterio e sobre todo crónica dunha xuventude que camiña sobre o fío dunha navalla sen saber que a vida pode pasar factura, mesmo que "sempre pasa factura".

     Dez anos despois, a autora publicou unha segunda novela, Un juego de niños, na que amosa a vida lenta do profundo sur dos Estados Unidos, onde ela naceu. Outra vez o mundo da adolescencia e da violencia: unha rapaza intenta esclarecer a morte do seu irmán.

      Non tivo tan boa acollida como a primeira novela mais o público americano agardou con paciencia outros dez anos para coñecer a que hoxe está sendo unha das obras máis lidas deste curso: El jilguero.

     Premio Pulitzer 2014,  El jilguero, malia súa extensión (máis de mil cen páxinas!), é outra novela hipnótica, de intriga, de iniciación, de aventuras, de misterio... Unha novela que ten cinco novelas dentro e que engancha ao lector como si fora unha obra curta. O estilo de Donna Tartt é moi sinxelo pero envolvente, aparentemente sereno pero cheo de matices que transmite ao lector. Ela sabe dosificar moi ben a información para termos enganchados dende a primeira frase.

     El jilguero parece  unha novela de aprendizaxe: o xove protagonista, que vive en Nova York coa súa nai, visita unha exposición na que a tabliña de Fabritius "El jilguero" chama a súa atención....

Non podemos decir máis, ainda que as reseñas do libro xa teñen desvelada a intriga principal, agás que a vida do protagonista experimenta unha convulsión dende o primeiro capítulo e que a acción é trepidante.

9/3/15

Club de lectura

O grupo de 4º de ESO celebrou unha reunión do Club de Lectura para falar e repartir o novo libro. En marzo, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. Escollimos unha obra curta e dinámica para poder dedicar as nosas forzas aos exames (e tamén á viaxe a Barcelona...), na edición de Xerais, traducida ao galego por Emma Lázare en 2005.


Esta novela foi publicada por primeira vez en 1938, nunha revista literaria, a autora, Katherine Kressman, decidiu escribila cando viu unha mala reacción entre uns homes que se saludaron en San Francisco, onde ela vivía  (en realidade, eran vellos coñecidos alemáns e un deles negou o saludo ao outro)
Púxose a ler todo o que caía nas súas mans sobre o que estaba a pasar en Alemaña. Asustada polo que foi lendo, creou unha novela epistolar onde recolle a correspondencia entre un xudeu que vive en San Francisco e o seu antigo socio que volveu a Alemaña e lle vai contando como cambian as cousas co novo goberno de Hitler, a quen el, ao principio, acolle con esperanza de que as cousas vaian mellor para o seu país.
Cando rematou o libro, o seu editor e o seu home convenceron á autora para que escollera un nome artístico xa que a historia era "demasiado dura para aparecer asinada por unha muller". Como podedes ver, os tempos eran ainda moi paternalistas coas mulleres, aínda que en moitos sitios as cousas non cambiaron moito, e mesmo aquí van dando unha volta para atrás. Así que Katherine firmou co seu nome e co seu apelido "de casada" (Si, nos Estados Unidos as mulleres perden o seu apelido cando casan...)

A obra tivo moito éxito pero en Europa foi incluida na lista de libros prohibidos. Hitler instituiu o "Reichkommisar" para impedir que se publicaran libros críticos co seu réxime político.
 Así que perdemos Enderezo descoñecido ata que algúns editores volveron a publicalo xa nos anos noventa do século XX.

No Ágora

Hoxe queremos presentarvos o Centro Ágora da Coruña. É un edificio diáfano, singular, onde o concello organiza recitais de poesía, representacións teatrais, concertos, exposicións... Ten unha boa biblioteca, unha boa hemeroteca, con sá de estudo e cafetería. Estes días estará Martín Casariego, falando da súa última novela El juego sigue sin mí con Pedro Ramos. Con esta obra, o novelista ven de gañar o Premio Café Gijón.Afirman que é unha novela de aprendizaxe, das que os adolescentes gustan tanto, na que o narrador, de 14 anos, está moi influenciado por un xove maior que el, quen lle da clases particulares...
E próximamente (para o 26 de marzo) esperan a John Banville, flamante último premio Príncipe de Asturias das Letras. O Ágora recolle a súa programación no enderezo:www.coruna.es/centroagora
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...