25/11/14

A primeira sentenza do "Recuncho da palabra"

Wisdom {FP}

A imaxe é de Will Steward e publicouse en flickr

Inaugura o Recuncho da palabra nada máis e nada menos que o sabio grego Demócrates cunha máxima moral que podemos considerar moi actual aínda que se compuxera hai máis de 2000 anos. Védea a continuación.


Todo está perdido cando os malos
 serven de exemplo e os bos de bulra



O "Recuncho da palabra"

Procedencia da imaxe
 
Teño o gusto de vos presentar un novo espazo que a biblioteca acaba de poñer en marcha . Chamámoslle Recuncho da palabra e emplazámolo na entrada do salón de actos. Cópiovos a continuación as que podiamos considerar "instruccións de uso" deste novo espazo de creación:

Neste recuncho atoparedes de cando en vez palabras suxerente, versos, textos, imaxes...
a finalidade é que vos sirvan de inspiración e compoñades no caderno de Recuncho da palabra (repártense na biblioteca) comentarios, poemas, "colages", textos en prosa, reflexións, etc.
Deixádevos levar pola vosa imaxinación. Ao remate do curso haberá unha gratificación, material ou inmaterial...quen sabe?

21/11/14

Helena Villar Janeiro presenta o poemario "Remontar o río"



Procedencia da imaxe
 Desde as bibliotecas municipais de Oleiros chéganos a invitación, que agradecemos, ao acto de presentación do libro de poemas Remontar o río, da escritora Helena Villar Janeiro, que terá lugar o vindeiro luns 24 de novembro ás 18:30 na biblioteca Rosalía de Castro, de Santa Cruz. Cópiovos a continuación o texto do email que se nos envíou:

Un libro especial formado por poesías de Helena Villar Janeiro e ilustracións de Luz Darriba. Fermoso poemario que describe unha viaxe da autora ao longo do Danubio. O feito de que o barco fose contracorrente suscítalle a ídea de remontar o propio río do tempo. 
A poeta pensou desde os inicios que sería un libro especial, porque o consideraba a súa manda poética, e debía estar complementado cunha visión artística.  Luz Darriba, a artista elixida, desenvolveu un proxecto moi orixinal arredor dos textos, simbolizando o río co formato dun libro despregable no que a poesía flúe por unha marxe, á dereita, e a ilustración en augada sobre negro vai acompañándoa pola esquerda. O conxunto conforma un libro artesanalmente singular, co papel dunha soa peza, pregado, que fai del un obxecto de arte moi atractivo.
Invítase a asistir a esta presentación a todas as persoas que o desexen .

Procedencia da imaxe

18/11/14

Le o primeiro capítulo de "¡Abajo el colejio!"


Procedencia da imaxe


Unha das novas adquisicións da nosa biblioteca, ¡Abajo el colejio!, de Geoffrey Willans e Ronald Searle, é o que di un libro gamberro. O seu protagonista, Nigel Molesworth odia  o seu colexio, o San Custodio, fundado segundo nos conta "por un lunático no 1836" e no que estuda en réxime de internado el mesmo, o seu compinche Peason e o seu irmán pequeno, Molesworth-2. Outra bête noire do protagonista é a ortografía pola que sente unha falta de respecto total e absoluta. Lede como proba o comenzo do primeiro capítulo:

Yo soy este, nigel molesworth, el terror de San Custodio que es mi colejio. Es un sitio húmedo y cutre como voy a dejar claro (espero), aunque en realidad todos los colejios son iguales. En San Custodio hay bastonazos, latín, geografía, historia, mates, geometría, direztores, un perro que vive en el colejio, salchichas misteriosas, mi hermano molesworth-2 y sobretodo profes por todas partes. Lo único bueno de el colejio son los chicos que son nobles y valientes y no le tienen miedo a nada aunque tanbién hay enpollones, habusones, barbilindos, gordos y palurdos con los que no me queda mas remedio que tratar. En realidad el colejio es un balle de lágrimas. COMO BERÁS A CONTINUACIÓN.
 
Procedencia da imaxe



 Fonte: El País / blogs Cultura

Clicando no seguinte enlace podes acceder ao primeiro capítulo deste clásico da literatura infantil británica, por cortesía da editorial Impedimenta. E se o queres ler completo, retírao da sección de novidades da biblioteca.

11/11/14

"Hijos del ancho mundo", "El festín de Babette" e "¡Abajo el colejio!", novidades deste outono

Tres títulos acabo de incorporar ao noso taboleiro de Novidades en Pinterest, todos eles moi, moi atractivos: "Hijos del ancho mundo", de Abraham Verghese, "El festín de Babette", de Isak Dinesen, e ¡Abajo el colejio!, de  Geoffrey Willans e Ronald Searle. Todos están á vosa disposición na mesa de Novidades da biblioteca.
 

Procedencia da imaxe

  

Procedencia da imaxe






 

Procedencia da imaxe
 

7/11/14

Diario de lectura de "A evolución de Calpurnia Tate"



Vede aquí unha copia dixital do diario de lectura de A evolución de Calpurnia Tate para clubistas rezagados/as que non recolleron a súa  copia impresa na última reunión do Club de Lectura. Clicade na imaxe para obter un pdf do diario completo e lembrade que non tendes por que cubrilo de pe a pa: abonda con que anotedes un par de citas, ou tres,  que sexan substanciosas e dignas de recordar.


https://drive.google.com/?urp=http://www.google.es/accounts/Logout2?hl%3Den_US%26ser&pli=1#my-drive

Diario de lectura de "Fahrenheit 451"

Este post vai dirixido á xente do club de lectura "María Casares" que aínda non ten o  seu exemplar do diario de lectura de "Fahrenheit 451". Se clicades na imaxe accederedes a un pdf co diario completo. Lembrade que non tendes que cubrir todos os espazos que vos reservamos para citas: con tres ou catro chega. Logo, con todas as vosas aportacións, procuraremos elaborar unha presentación que publicaremos neste blog.

https://drive.google.com/?urp=http://www.google.es/accounts/Logout2?hl%3Den_US%26ser&pli=1#my-drive

Chegaron os reforzos de "Fahrenheit 451"



As bibliotecas municipais de Oleiros enviáronnos xa os seis exemplares de Fahrenheit 451 que precisabamos para atender a demanda do club de lectura. Así que xa o sabes,  clubista, se ainda non tes o teu exemplar, ponte en contacto con María Xesús (LC1) e empeza a ler canto antes esta interesantísima obra de Ray Bradbury.





5/11/14

O concello de Paradela tamén vos invita a escribir e concursar

Xa sabedes que sempre que podo vos transmito as amables invitacións a ler, escribir e concursar que de vez en cando me chegan ao correo electrónico. A derradeira procede do concello de Paradela, que vos dá de prazo ata o 30 de novembro para participar na XX edición do seu certame Manuel Orestes Rodríguez López. Tendes dúas modalidades, narrativa e poesía, a escoller, e un primeiro premio para cada unha delas de 600€.

Procedencia da imaxe
Bases do certame Manuel Orestes Rodríguez López
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...