29/10/14

Lalín convoca unha nova edición do concurso "Dillo a quen maltrata"




  O Concello de Lalín invítanos  a participar nunha nova edición dos concursos de cartas e tuits contra a violencia de xénero.  Para o primeiro, o concurso de cartas, temos que escribir iso, unha carta sobre o tema da violencia contra as mulleres, que ocupe como máximo dous folios en letra tipo Arial e tamaño 12, e enviala ao concello de Lalín (mirade a dirección e a ficha de inscripción no link que vos poño ao remate do post) antes do 5 de novembro.

Para o concurso de tuits temos algo máis de tempo, ata o 12 de novembro. Ata ese momento poderemos enviar os nosos tuits co hastag #lalinsenviolencia e facer mención da nosa participación a @eigualdad e a @ConcellodeLalin.
Imprescindible que leades as bases de cada un dos concursos premendo nos links seguintes:
Bases do concurso de cartas e ficha de inscripción
Bases do concurso de tuits

24/10/14

O Club de Lectura (nivel 1) comenzou a ler "A evolución de Calpurnia Tate"

A eficacia e xenerosidade   das bibliotecas municipais de Oleiros permitiu que todos os socios e socias do  Club de Lectura (nivel 1) dispuxesen rapidamente dos dez exemplares da obra de Jacqueline Kelly que precisaban para dar comenzo á aventura lectora do presente curso. Conste que os ánimos están moi altos, como podedes comprobar no documento gráfico que incorporo a este post e que mostra as caras felices dos e das "clubistas" o día da súa primeira reunión, o pasado xoves 16 de outubro.


Procedencia da imaxe

21/10/14

Cambio de plans: o Club de Lectura lerá "Farenheit 451"



Procedencia da imaxe



Novela de xadrez queda para máis adiante, cando consigamos xuntar todos os exemplares que precisamos. E  polo mesmo camiño vai La bibliotecaria de Auschwitz, obra tamén moi apetecida pol@s clubistas,  da cal nós só temos un mísero exemplar e as bibliotecas municipais catro, todos prestados. Así que arrancaremos con Farenheit 451, de Ray Bradbury, unha das máis famosas distopías literarias e unha obra da que me atrevo a dicir que hai que ler antes de cumplir os 18. Vaia un mundo de pesadelo nos pinta Ray Bradbury nesta novela. Imaxinádevos: os libros están prohibidos por orde gobernamental porque a xente que le é un perigo, igual se lle dá por pensar e volverse crítica contra os manda-mais. Así que se forma un corpo de bombeiros que ten como misión non apagar lumes senón provocalos empregando como combustible o papel dos libros. 451,  a temperatura á que o papel se inflama e arde, será precisamente o anagrama dese particular e nada atractivo corpo de bombeiros.

En 1966 François Truffaut adaptou esta novela ao cine. Non está demais, penso eu, que lle botemos unha ollada á escena inicial desta película "para entrar en ambiente". 

                          


Para saber máis sobre esta obra recoméndovos un artigo que apareceu en El País hai un ano: Un mundo sin libros: Farenheit 451
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...