24/2/14

24 de febreiro, día de Rosalía de Castro

As integrantes do Departamento de Lingua Galega que forman parte do equipo da biblioteca elaboraron un vídeo sobre Rosalía de Castro como primeira parte da súa contribución á conmemoración do Día de Rosalía, que empezamos a celebrar este 24 de febreiro de 2014, data na que se cumpren 177 anos do nacemento da xenial escritora.


                            

2 comentarios:

  1. Parabéns polo video e pola presentación sobre a figura de Rosalía!! Encántame! Inconfundible a voz dalgunha das que recitan o Campanas de Bastabales...esa que me meteu o becho inquedo do galego no corpo e na mente, o becho da literatura... Os meus parabéns para todo o equipo!! :D

    Permítome deixarvos un link a "Rosalía Pequeniña" de Uxía... un libriño (libro-disco) con algúns poemas de Rosalía de Castro musicados e cantados po Uxía... non ten desperdicio, e aínda que pola súa estrutura e deseño parece estar preparado para nenos e nenas, creo que pode dar moito xogo noutras idades, polo menos a min mo da!! :D

    http://www.youtube.com/watch?v=q8FBRcOaOs8

    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Sara. Transmitireilles os teus parabéns ás autoras do vídeo. E aproveitarei para un próximo post a túa suxestión. Un abrazo.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...