24/2/14

Rosalía reivindicativa

Vede aquí a nosa segunda contribución ao Día de Rosalía. Trátase dunha presentación novamente elaborada polo Departamento de Galego e parte do equipo da biblioteca sobre os aspectos máis reivindicativos e solidarios da obra de Rosalía de Castro.


                  

24 de febreiro, día de Rosalía de Castro

As integrantes do Departamento de Lingua Galega que forman parte do equipo da biblioteca elaboraron un vídeo sobre Rosalía de Castro como primeira parte da súa contribución á conmemoración do Día de Rosalía, que empezamos a celebrar este 24 de febreiro de 2014, data na que se cumpren 177 anos do nacemento da xenial escritora.


                            

21/2/14

"La ladrona de libros" espéranos no terceiro trimestre"

Unha vez que rematemos "El coleccionista de sellos" leeremos "La ladrona de libros", por acordo unánime das integrantes do club de lectura do nivel 2.

Procedencia da imaxe
Lecturalia ofrécenos a seguinte sinopse de La ladrona de libros (traducida ao galego coa axuda de Opentrad e revisada en Ortogal):
 Érase unha vez un pobo onde as noites eran longas e a morte contaba a súa propia historia... Unha novela preciosa, profundamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai até o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta o nazismo, ensínalle a ler e a través dos libros Liesel logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.


10/2/14

O programa Prensa Escuela, de La Voz de Galicia, convoca o concurso "Mejor periodista infantil y juvenil del 2014"

Procedencia da imaxe
   
Hoxe teño o gusto de vos presentar un certame no que alumnos e alumnas deste centro obtiveron premios en tres convocatorias precedentes. Trátase do concurso "Mejor periodista infantil y juvenil" que cada ano convoca La Voz de Galicia. Como en convocatorias anteriores, este ano ofrécese a posibilidade de participar en dúas categorías, que dependen do nivel educativo no que estea o concursante: infantil (para alumnado de infantil e primaria) e xuvenil (para alumnado de ESO, bacharelato e formación profesional). O  prazo para a presentación de traballos remata 30 de abril de 2014. A continuación, cópiovos a información da categoría xuvenil:

CATEGORÍA MEJOR PERIODISTA JUVENIL
Participantes: Alumnos de ESO, bachillerato y formación.
Modalidades: Los alumnos de ESO podrán participar en la modalidad de entrevista. Los alumnos de bachillerato y FP participarán en la modalidad de artículo.
Pautas para los alumnos de ESO. Los participantes realizarán un trabajo original, de forma individual, que deberá consistir en una entrevista a una persona que el alumno considere de interés.
Constará, como mínimo, de ocho preguntas e irá acompañada de una fotografía y del perfil del entrevistado.
Pautas para los alumnos de bachillerato y FP. Los participantes realizarán un trabajo original, de forma individual, que deberá consistir en la redacción de un artículo periodístico sobre un tema de
libre elección.

Na páxina dos Concursos de Prensa Escuela podedes descargar as bases do concurso e as maquetas da entrevista e do artigo de opinión.
  

7/2/14

De qué serve ser amante da lectura, segundo o Huffington Post

O Huffington Post  enumera nun artigo recente 16 vantaxes de ser amantes da lectura. A maioría destas vantaxes xa as coñeciamos: que se podes viaxar a calquera parte do mundo, do pasado e do presente; que se podes experimentar outras vidas distintas da túa; que se non te aburres nunca, etc, etc, etc. Afirmacións deste tipo referidas ás múltiples bondades da lectura xa as  ouvíramos máis veces e incluso  temos publicado algunhas delas  neste blog en forma de citas erudita "entrecomilladas" e solemnes. Pero como nos gusta tanto escoitar ou ler estas verdades, e  repetilas (e ademais temos un blog, conta en twitter e conta en facebook), pois imos e proclamámolas por tódolos cornechos da dixital esfera. Un pequena mostra a continuación e o artigo completo despois da imaxe. 

 Nunca estás aburrido. ¿Transporte público? Coges un libro. ¿Sala de espera en el médico? Coges un libro. ¿Tus amigos te ignoran porque “nunca sales” y “siempre estás muy ocupado leyendo”? Puedes imaginarte la respuesta: coges un libro.
2. Tienes un sistema bien definido para filtrar a tus citas, aunque también puede ser un inconveniente... La frase "no me gusta leer" es una sentencia de muerte para cualquier relación, a pesar de que todo lo demás vaya bien.
3. Mientras todo el mundo se limita a vivir una vida (probablemente aburrida), tú experimentas cientos de ellas y tienes acceso a la conciencia de miles de personas. Es como la telepatía, pero mejor.
4. Aprendes al mismo tiempo que te ejercitas. Y con ejercicio, nos referimos a sostener un libro en la cama. Tus brazos adquieren una fuerza impresionante.

Procedencia da imaxe

4/2/14

"La ventajas de ser un marginado": o tráiler da película

Pensabamos colocalo nunha entrada anterior pero fóisenos o santo ao ceo. Referímonos ao tráiler da película "Las ventajas de ser un marginado", baseada no libro do mesmo título que comentaba Inés Varela na xa mencionada entrada. Aquí o tendes en todo o seu esplendor:

      

VI Concurso de BD

Xa está convocado o VI Concurso de Banda Deseñada que tódolos anos, desde hai seis, organiza a biblioteca do instituto O Perdouro, de Burela, e que acompaña a celebración dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

Vede no seguinte link as bases do concurso e nas imaxes o magnífico traballo premiado o ano pasado na categoría escolar de ata 18 anos. É obra de Sara Palomino Arnanz e Myriam López Otero.





Procedencia das imaxes

Vía: Hora de ler
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...