22/12/13

Felices festas e que viva o 2014!


O club de lectura do IES María Casares (na imaxe unha presiña de compoñentes) e o equipo da biblioteca desexámosvos a todos e todas que nos visitades de cando en vez  unhas felices festas e un ano 2014 cheo de  alegría.
En xaneiro volvemos con máis lecturas!

19/12/13

"Queres ler connosco?", a guía de lecturas para este Nadal das bibliotecas municipais de Oleiros



http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-16955.pdf

Por fin nos chegou por correo electrónico o boletín das bibliotecas municipais de Oleiros para este Nadal (clicade na imaxe para velo completo). Este ano titúlase "Queres ler connosco?" e vén cheo de propostas tan apetecibles como o turrón de chocolate (o meu favorito). Lede a continuación, if you please, a descripción que as responsables das bibliotecas municipais fan do contido do folleto:

  Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas e discos para gozar e compartir. Desde as bibliotecas municipais ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un CD e un DVD son tamén un bo agasallo.
Son 281 libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas.

15/12/13

Que ler no Nadal

Colle o teu folleto na biblioteca ou consúltao aquí clicando na imaxe!

https://drive.google.com/file/d/0B3l-QhxmNmVWbUcwUVc2ZWs5dkU/edit?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3l-QhxmNmVWbUcwUVc2ZWs5dkU/edit?usp=sharing



13/12/13

Exposición bibliográfica sobre María Casares

A páxina web do instituto (niso andaron máis agudos os seus autores que as responsables deste blog) anunciaba a semana pasada a inauguración dunha exposición bibliográfica que sobre a figura de María Casares temos desplegada na biblioteca. Tíñanme encargado que dera conta desa exposición neste noso humilde blog, pero un catarro inoportuno,  exames por corrixir e algunha que outra incidencia informática que non vén ao caso contar aquí apartáronme da tarefa encomendada. Así que un pouco tarde, espero que non mal nin a rastro, teño o gusto de vos deixar aquí unha mostra da mencionada exposición de María Casares, cuxa biografía ocupa o número 10000 dos rexistros do noso catálogo. Espero que esta pequena mostra  sirva como compensación a tanta parsimonia e tardanza.



Eu nacín neste curruncho de terra que dá a espalda ao continente, pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Compostela; na Coruña, vila peninsular anicada  nunha baía, punta do nariz que a península ibérica introduce no Atlántico.



Lembro o regreso da praia de Bastiagueiro, en Montrove. Subiamos por unha costa abrupta uns atrás doutros, derreados, baldados, nesa relaxación total que proporcionan os baños de sol e de mar batido.


Entón, a sorte estaba botada e cando menos tres cousas ficaban claras. Perderamos España. Transformárame, coma os meus pais, nunha refuxiada en Francia. E estaba decidido que me había dedicar ao teatro.


Púxenme mans á obra. Lanceime a  rachar con esta fermosa lingua que aínda se me escapaba; axexeina, forceina, pasei meses a saqueala, a devastala, para mastigala mellor e facela miña.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...