29/11/13

Xa temos 10000 rexistros

Un día destes imos ter que montar unha festa como está mandado para celebrar que chegamos ao rexistro número  10000 nos fondos da nosa biblioteca.


25/11/13

Como escribir contos boísimos (ou sequera amenos)

Karin Hueck e Rafael Quick, ambos deseñadores gráficos da revista brasileña de cultura e ciencia Superinteressante, elaboraron a infografía que vedes a continuación. Nela recollen algunhas "regras de ouro" para contar contos con gancho, exemplificadas no relato "O patiño feo". Hueck e Quick inspiráronse nunha charla de TED TALKS impartida por un auténtico experto en contar historias que atraen a multitudes: Andrew Stanton, guionista de Pixar e autor  ou coautor de relatos tan exitosos como Wall-e, Buscando a Nemo ou Toy story.


 

Incrusto aquí o vídeo da charla de Andrew Stanton con subtítulos en  español (ofrécennos outros 27 idiomas para escoller, pero, desafortunadamente, ningún é o galego)





Andrew Stanton: The clues to a great story en TED Blog

21/11/13

María Casares

Tal día como hoxe, o 21 de novembro de 1922 nacía na Coruña María Casares, a gran actriz que da nome ao noso centro (e que morrería, curiosamente,  o 22 de novembro de 1996, é dicir, mañá cumpriranse 17 anos da súa morte). María Casares, cuxo rostro coñecedes perfectamente polos moitos retratos dela que adornan as paredes dos corredores do noso centro, era filla de Casares Quiroga, xefe de governo da República con Azaña. Tivo que emigrar a Francia ao rematar a guerra civil española e  alí, como di Juan Gómez Jurado, de La Voz de Galicia, saíu da tixola para caer nas brasas: os nazis non tardaron en ocupar París, onde María residía cos seus pais. Así e todo, pasados aqueles terribles tempos en que os nazis aterrorizaron Europa, María Casares conseguiu cumprir o seu soño de se converter en actriz.



Procedencia da imaxe



Lecturas recomendadas: a bioblibiografía de María Casares en culturagalega.org

O artigo de La Voz de Galicia María Casares, la pasión gallega de Albert Camus

20/11/13

Unha brevísima "Historia da Arquitectura", de Franjo Padín

 Gústame ben esta brevísima (e fermosa) "Historia da Arquitectura" que vin no blog Capítulo 0. O seu autor é Franjo Padín,  que a argallou para a Bienal Luso Galaica da Caricatura. A ti gústache este traballo de Franjo Padín, ou consideras que, para ser unha historia da arquitectura, resulta demasiado breve e prefires, se cadra, algo máis detallado? Se é así, lémbrate de que na biblioteca temos unhas cantas obras sobre arquitectura e arte, algunhas, a maioría, cunha presentación espectacular.


Fonte: Capítulo 0

15/11/13

Código de barras 9999

9999

                    Este código de barras que vedes estes días adornando portas e paredes do instituto tiña por forza que aparecer neste blog. E aquí o deixo, soliño, sen case explicacións de por que, para que, ou con que consecuencias. Quen queira saber máis del terá que seguir atendendo aos carteis, ou a este blog...

14/11/13

Camus: carta ao seu mestre




A Albert Camus, de cuxo nacemento se cumpliron 100 anos o pasado día 7 de novembro, concedéronlle o Premio Nobel de Literatura en 1957. Pouco despois de recoller este importante galardón, escribíalle ao seu mestre de primaria esta emotiva carta de recoñecemento e gratitude.


París, 19 de novembro de 1957

Querido señor Germain:

Esperei a que se apagase un pouco o ruído que me rodeou todos estes días antes de falarlle de todo corazón. Recibín unha honra demasiada grande, que non busquei nin pedín. Pero cando souben a noticia, pensei primeiro na miña nai e despois en vostede. Sen vostede, sen a man afectuosa que tendeu ao neno pobre que era eu, sen o seu ensino e o seu exemplo, non tería sucedido nada de todo isto. Non é que dea demasiada importancia a unha honra deste tipo. Pero ofrece polo menos a oportunidade de dicirlle o que vostede foi e segue sendo para min, e de corroborarlle que os seus esforzos, o seu traballo e o corazón xeneroso que vostede puxo niso continuarán sempre vivos nun dos seus pequenos escolares, que, a pesar dos anos, non deixou de ser o seu alumno agradecido.

Abrázoo con todas as miñas forzas.

Albert Camus

Tradución feita coa axuda de  Opentrad a partir da versión en castelán que aparece en Educared.

13/11/13

O noso club de lectura sae na prensa!

Gracias a Sara López, antiga e moi querida alumna deste centro, soubemos que o xornal La Opinión facía referencia (de refilón, si, pero facía referencia) ao noso club de lectura na súa edición do domingo día 3 de novembro. E ata publicaba unha foto deste blog na que aparecen todos rufos os membros do club de lectura nunha reunión do curso pasado. Os máis curiosos podedes ler a noticia completa cliclando no seguinte link: El Neira para 20 minutos para leer. Para os demais, deixo aquí unha imaxe da información de La Opinión co subliñado que vos levará ás liñas onde aparecemos citados, non vaia ser que vos despistedes polo camiño e pensedes que alí só se trata dos vosos colegas do Neira Vilas. Por certo, interesante esa medida que van poñer en práctica no instituto de Perillo: parar 20 minutos cada día para ler. Nós tamén teriamos que facer algo así, non vos parece?


11/11/13

Diarios de lectura

Se perteneces ao club de lectura  e aínda non recollestes o teu diario de lectura, pasa pola biblioteca ou descárgao aquí clicando na imaxe correspondente.

https://drive.google.com/?hl=es&urp=http://www.google.es/url?sa%3Dt%26rct%3Dj%26q%3D%26esrc%3Ds%26sour&pli=1&authuser=0#my-drive

https://drive.google.com/?hl=es&urp=http://www.google.es/url?sa%3Dt%26rct%3Dj%26q%3D%26esrc%3Ds%26sour&pli=1&authuser=0#my-drive

6/11/13

Ciencia que conta: o cartel

Verdade que é bonito?

http://www.cienciaqueconta.com/wp-content/uploads/2013/10/cartel_a3.pdf





Contar a ciencia




Sempre vos digo que tendes que concursar máis, que de vez en cando hai que arrumbar os complementos directos, os morfemas, lexemas e demais florituras coas que enredamos nas clases de lingua, agarrar o bolígrafo (ou o teclado, claro) e poñerse a escribir cun propósito que non sexa o de aprobar o próximo exame ou o de dicirlle ao teu amigo da alma a que hora quedades non sei onde. Por exemplo, co moi loable propósito de gañar un concurso literario. Coma o que convoca o grupo DIVULGATIA, de Universidade de Vigo, sen ir máis lonxe.  Que tendes que facer para concursar? Só un relato de aproximadamente tres follas de tamaño A4 relacionado con algún personaxe que destacara no campo das ciencias, ou un experimento científico-caseiro que fixerades vós ou do que teñades coñecemento, ou a historia dun descubremento, etc, etc, etc. Na páxina de DIVULGATIA atoparedes moita máis información, as bases do concurso, un poster, vídeos das entregas de premios e incluso os libros que levan publicado cos relatos de edicións anteriores (esta é a 6ª). A ela vos remito, que eu teño que liscar a fume de carozo porque  aínda me queda por redactar un novo post sobre outro concurso. Lembrádevos que se precisades unha man amiga que queira axudarvos na redacción e crítica do voso traballo, na biblioteca estamos moi dispostas a  ofrecérvola.

Ciencia que conta: bases.
Traballos premiados en edicións anteriores
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...