30/5/13

Libros de maio

De entre as novidades do mes de maio, destaco, porque sei que vos gusta Laura Gallego, El libro de los portales, o último título desta conocidísima escritora. Como en ocasións anteriores, remítovos a Pinterest, ao taboleiro "Novidades de maio" para que leades, se o tendes a ben, unha sinopse deste e outros títulos que chegaron en maio, como as flores.




29/5/13

A OEI invítavos a participar no concurso "¿Qué estás leyendo?"

Se tendes entre 12 e 15 anos, a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) invítavos a participar no concurso  "¿Qué estás leyendo?".
Cédolle a palabra aos convocantes:

¿En qué consiste? (o concurso, claro)

En crear un blog o utilizar alguno que ya tengas, en el que compartas tu experiencia como lector. El blog lo puedes hacer individualmente o en grupo
Mediante esta bitácora podrás mostrarte en cualquiera de tus facetas como lector: cómo exploras, buscas, dudas, eliges, descartas posibles lecturas; cómo comentas, preguntas, reelaboras, criticas y debates con tus amigos sobre los textos. Como conectas la lectura con otros ámbitos como el cine, el videojuego, el teatro, la música, la fotografía, el diseño gráfico, la pintura...
La propuesta es abierta y quiere dar cabida a una gran diversidad de orientaciones, de temáticas y de lenguas de los lectores, utilizando las amplísimas posibilidades de Internet como medio de publicación electrónica, que ustedes conocen tan bien.
Esta iniciativa trata de formar una amplia red de blogs de lectores, donde ustedes, los estudiantes del espacio iberoamericano, puedan darse a conocer, conectarse y construir una identidad como lectores.
El concurso convoca también a los profesores, que pertenezcan a cualquier ámbito de la enseñanza: Ciencias Sociales, Ciencias de la Naturaleza, Lengua y Literatura, Matemáticas, Música, Artes, Educación Física, a estimular y apoyar a sus alumnos a participar. 

Dous datos máis: o premio é un IPAD e o prazo para inscribirse remata o 30 de xullo.

Para máis información:
questasleyendo.org 
Bases do concurso
Para rexistrarse no concurso
#questasleyendo

Remato cun simpático  vídeo no o escritor Antonio Skarmeta nos invita a vivir a aventura de ler.


23/5/13

Máis novidade para animar maio

Catro novos títulos se incorporan aos fondos da nosa biblioteca. Consúltaos na imaxe que aquí che deixo, en Pinterest, ou, mellor aínda, in situ na biblioteca.

Liberamos "A sombra cazadora", de Suso de Toro

Chega ao Recuncho do Libro Liberado A sombra cazadora, de Suso de Toro. Esta é a sinopse:

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: "Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades"

Procedencia da imaxe

22/5/13

O club de lectura celebrará mañá unha nova xuntaza

Atendede, atendede, rapaces e rapazas do club de lectura, logo non digades que non vos aviso, que mañá ás 12 e 10 unha nova reunión celebraremos. Traede, please, todos os comentarios, citas, críticas, etc, etc, etc, que forades recopilando dos inesquecibles libros de Laura Gallego La emperatriz de los etéreos e Dos velas para el diablo. Empecei cunha orde e remato con outra súper moderna onde as haxa: pasádeo.


16/5/13

Roberto Vidal Bolaño

Ese señor con nariz de pallaso que asoma a cara polo ventanuco da porta do salón de actos non é outro que Roberto Vidal Bolaño, escritor, director e actor de teatro a quen vai dedicada este ano a celebración do Día das Letras Galegas. Na entrada do instituto tendes unha exposición sobre a súa vida e obra. Supoño que a estas alturas as profesoras de galego xa vos terán repartido os caderniños que elaboraron sobre a figura deste insigne personaxe. Se non é así, podedes pedilo  na biblioteca (ou consultalo neste mesmo blog nunha entrada anterior)

IMG_0430


IMG_0433


IMG_0435

IMG_0437

Moitísimas e moi boas actividades se celebran estes días nos centros escolares de Galicia. Podedes ver unha mostra de algunhas delas neste post do blog das Bibliotecas de Galicia. Pero permitídeme que destaque aquí, xa para rematar, a miña favorita: o photocalla elaborado na Escola de Educación Infantil Barrionovo, de Arteixo. Encántame.



Visitamos Radio Coruña

Quero deixar constancia neste blog de que ás veces a xente do equipo da biblioteca pousamos os libros e imos de viaxe, case nunca  lonxe, todo hai que dicilo, pero sempre con proveito, ou polo menos iso esperamos. E como exemplo a visita que o martes fixemos a Radio Coruña co grupo de alumnos e alumnas de 1ºC. Chegamos, escoitamos aos periodistas que traballan nos informativos, gravamos unhas cuñiñas que esperamos colocar por aquí proximamente, escollemos música no estudo de "Los 40 principales" e recollemos unha taza que tiveron a ben regalarnos. Despois de todo iso non é de estrañar que volvésemos contentos como unhas pascuas. Observade a continuación as caras concentradas, felices, divertidas... dos visitantes radiocoruñeiros.

Posando en Radio Coruña


Estudio de grabación 2

Los 40 principales 2

10/5/13

Segue o rastro de Vidal Bolaño

"Seguindo o rastro de Roberto Vidal Bolaño" é o título da unidade didáctica que hoxe vos traio a este blog. Son setenta e sete páxinas dedicadas ao escritor e actor que homenaxeamos este ano no Día das Letras Galegas. Elaboraron este traballo as integrantes do Departamento de Galego axudadas por Manuel Älvarez, do Departamento de Tecnoloxía.

Liberamos "Unha cabana na Lúa" e "Costa da morte blues"

De Jaureguizar e Manuel Rivas, respectivamente, chegarn ao recuncho de Libros Libres Unha cabana na Lúa e Costa da Morte blues.


Procedencia da imaxe


A vida dun líder nunca é fácil. Menos cando ese líder ten dez anos e unha nai que chora coas telenovelas e decidiu chamar Aquilino Antonio ao seu neno. Aquilino Antonio, Liño, é líder dunha cuadrilla de rapaces aos que ten que guiar nas batallas contra a cuadrilla rival, para que constrúan un submarino ou unha nave espacial na que viaxar á Lúa e construír alá unha cabana.
                     Baía Edicións

Procedencia da imaxe
Babel
Aves que emergullen da ardora.
Folerpas de pel do arco da vella.
Mazás de sangue no paxe da néboa.
Corazóns de acibeche repicando na tella.
Chorimas,
faíscas dos invernos,
ollos da nada,
gonzos eternos.
Palabras,
doas do pobre home que chaman Abbadón
rei, anxo do abismo:
¡Gracias, Señor, por aquela maldición!

Maio, mes do libro en galego







6/5/13

Novidades do mes de maio

As da imaxe son só unha mostra das novas adquisición que incorporamos á biblioteca neste mes de maio. Máis en Pinterest.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...