30/1/13

Nova xuntanza do club de lectura Nivel 2




Imaxe creada en Cool Text


Aviso para os lectores e lectoras do noso insigne club "María Casares" (Nivel 2), é dicir, as que lemos ou estamos lendo  "O curioso incidente do can a media noite"

Mañá día 31 de xaneiro, no segundo recreo, é dicir, ás 12:10, xuntámonos na sala de titorías 
para tratar os seguintes temas:

  1. "O curioso incidente do can a media noite": impresións
  2. Que ler no segundo trimestre
 
Non vos esquezades.

Fina Casalderrey en V Televisión

Avisamos, un pouco tarde, si, pero avisamos, que V Televisión entrevista hoxe ás 21:40 á famosa escritora e recente académica da RAG, Fina Casalderrey. Védea que contenta aparece a escritora pontevedresa (non é para menos) parapetada detrás dunha mostra da súa produción literaria.
Procedencia da imaxe

Liberamos "El dios de las pequeñas cosas" e "La sombra del águila"

Hoxe tócalles a dous autores best seller, Pérez Reverte e Arundhati Roy, encher o oco deixado por Becas flacas e King no noso recuncho de libros libres. Se te pasas por alí, verás (e poderás coller "para ti, para sempre" que diciamos algunhas nenas no meu pobo aló no século pasado ) cadanseus títulos destes autores: De Pérez Reverte liberamos unha  obriña titulada La sombra del águila que se publicou no xornal El País en agosto de 1993 e que, segundo consta na páxina web do escritor, "desvela una descarnada y  mordaz visión de la guerra y la condición humana." Compre dicir que daquela, no 93, Pérez Reverte traballaba como reporteiro na guerra de Bosnia. Para máis detalles do argumento desta noveliña, clica no título ou na imaxe que poño a continuación.



De Arundhati Roy, sobra dicir que liberamos o seu famosísimo libro "El dios de las pequeñas cosas" (The God of Small Things, 1997), título co esta autora india  gañou o Premio Booker en 1997 e do que se fixeron unha chea de traducións en todo o mundo. A novela arranca coa morte dunha nena que se afoga nun río e segue (a novela, non a nena, pobriña) enredándonos na vida de tres familias do estado indio de Kerala. Se isto que che digo non acaba de convencerte para que leas El dios de las pequeñas cosas, proba a consultar a reseña de  Lecturalia, por exemplo.












25/1/13

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

 
 
 
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

23/1/13

O encanto do libro dixital

Quen dixo que o libro dixital non ten encanto? Pois moita xente, a verdade, e algunha apaixoada lectora, namorada sen remedio do tacto do papel, da tapa dura, das ilustracións... Conste que a min todo iso tamén me encanta, pero, a diferencia doutros (por exemplo, Pérez Reverte),  déixome deslumbrar polos encantos, que os ten, do libro dixital. E para mostra, vaime abondar un sitio web que me recomendou Violeta e que se chama  El libro total. Recoméndovos que o visitedes e xa me diredes se non é unha preciosidade, por exemplo, esta versión de El fantasma de Canterville, de Wilde.


A boneca viaxeira volve

 Digo que a boneca viaxeira volve porque estou falando de Kafka y la muñeca viajera, a obra de Jordi Sierra i Fabra que comentamos hai xa unha tira de tempo neste blog. Resulta que hai uns días, Alba Suárez, alumna de , tivo a xentileza de nos enviar unha crítica desta obriña, que acababa de ler e que lle encantou, segundo comprobaredes a continuación. Por certo, gracias Alba pola túa colaboración, e a ver se cunde o exemplo.

Alba empeza por contarnos uns cantos datos do protagonista da obra de Sierra i Fabra, nada menos que o insigne Franz Kafka, escritor modelo de escritores. Di Alba:
 Kafka nació el tres de junio de 1883 en la ciudad de Praga y murió de tuberculosis en un sanatorio de Austria. Es de origen judío, rasgo que marcará gran parte de su escritura, al igual que la difícil relación con su padre. Estudió Derecho y algunos cursos de Química y Germanística. Trabajó en varios oficios pero la pasión y obsesión de su vida, fue siempre la literatura. Su obra más conocida el La Metamorfosis, libro que se publicó en vida de su autor. Póstumamente su amigo Max Brod publicó el resto de su obra, desoyendo el deseo expreso de Kafka que se destruyera.

E logo segue a súa valoración de La muñeca viajera:
Algunos lectores consideran este libro demasiado infantil, pero yo creo que no es así. Se trata de una obra emocionante,  llena de ternura, que fácilmente hace que te sientas transportada al parque Steglitz, lugar de encuentro de Kafka y su jovencísima amiga. Además se trata de un libro corto, de fácil lectura. Por todo ello se lo recomiendo a todo tipo de lectores.

Procedencia da imaxe

21/1/13

Burela invítavos a concursar

A biblioteca do IES Perdouro, de Burela, convoca o V Concurso dos Encontros de  Banda Deseñada das Mariñas. As bases completas podedes lelas clicando xa sabedes onde. De momento, Pemitídeme que vos vaia adiantando que tendes dúas categorías "escolares" para participar neste concurso: unha que comprende xente nova de ata 14 anos, e outra para a máis crecidiña de entre quince e 18. E outro adianto: tendes de prazo ata o día 14 de marzo. Anímadevos a concursar e lembrade que se precisades axuda, na biblioteca estamos encantadas de vola prestar.




17/1/13

O diario de lectura de "Os escaravellos voan á tardiña"

Florencia del Popolo, do club de lectura "María Casares" leu "Os escaravellos voan á tardiña" nun dicir amén, e ademais foi tomando paciente nota de citas e pasaxes que lle chamaban a atención. Antía Martínez, outra entusiasta participante do mesmo club, considerou que con dúas citas abondaba. E na biblioteca argallamos con todo iso e algunhas imaxes ilustrativas unha presentación que nos apeteceu colocar primeiro en Slideshare e logo aquí. Védea a continuació, se vos prace.


16/1/13

Club de lectura: aviso de enquisa



Cómpreme hoxe chamar a atención das insignes participantes do club de lectura María Casares. Queridas lectoras:  mirade a enquisa que acabo de colocar á esqueda deste blog. É toda para vós, para que escollades que libros de Laura Gallego queredes ler neste trimestre. Decídemo pronto, please, por dous motivos: un, a enquisa péchase o día 24 deste mes (data na que temos previsto reunirnos); e dous, preciso tempo para xuntar todos os exemplares. A propósito disto que acabo de dicir, van ser as bibliotecas do concello, benditas sexan por sempre, as que nos presten se non todos os exemplares, si a maioría. De feito a listaxe de libros de Laura Gallego que vos proporciono na enquisa elaboreina a partir da información sobre os fondos que teñen as mencionadas bibliotecas municipais.
Se queredes información sobre os títulos que vos propoño na enquisa, clicade nos enlaces que vos coloco a continuación.

La emperatriz de los etéreos
Alas negras


La llamada de los muertos (o terceiro volumen de Crónicas de la Torre)
Memorias de Idhun: la Resistencia

10/1/13

Máis libros libres

Os libros que vimos deixando no cornecho que titulamos "Libros libres" (na entrada do salón de actos, á dereita) fan o que se espera que fagan: voar case de inmediato. No primeiro trimestre foron 8 os libros liberados e queremos que neste outro que agora empeza sexan moitos máis. De momento temos libros en relativa abundancia para liberalos e propiciar o seu encontro cos lectores. Agora ben, viríanos de marabilla que colaborásedes con nós traendo aqueles exemplares que xa lerades e que non vos interese conservar. Lembrade que o trasteiro non é un bo sitio para os libros, que amofan, que marelean, que quedan feitos unha peniña, vaia, por tanto illamento e tanto olvido.

Remato deixándovos cos dous títulos que veño de liberar hoxe: Becas flacas, divertidísima novela de Tom Sharpe e King, una historia de la calle, do pintor e escritor John Berger.
Procedencia da imaxe


Procedencia da imagx





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...