29/11/12

"Miguel Hernández" no Teatro Colón

Procedencia da imaxe




Mónica Martínez Lema, xefa de prensa do  Teatro Colón mándanos un correo eléctronico no que nos chama a atención sobre as dúas magníficas obras que este fin de semana se representarán no escenario da sala coruñesa:

 O venres 30 ás 20.30 horas Teatro Meridional presenta Miguel Hernández, unha marabillosa montaxe sobre a obra e a vida do poeta de Orihuela. E o domingo 2 ás 20.30 horas Juanjo Puigcorbé e Pere Ponce protagonizan Si supiera cantar, me salvaría. El Crítico, teatro dentro do teatro a partir dun texto de Juan Mayorga.
Recórdanos Mónica Martínez que o alumnado de bacharelato ten un desconto do 10% e que as entradas se poden sacar  "a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas.Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche."

Antonio Machado visita o "Recuncho de poesía"

Procedencia de la imagen
Se vos pasades nos próximos días polo Recuncho de poesía, cousa que recomendo de todo corazón, atoparedes un breve fragmento do poema Otoño do xenial Antonio Machado. Levade unha copia, lédea e, se o tendes a ben, compoñede vós mesm@s uns versiños que se lle parezan (ou non, todo depende do talante das musas). E se estes versos vos saben a pouco, pinchade no link que vos poño a continuación e servídevos máis: Antonio Machado en amediavoz.com. E a continuación, o poema do recuncho:

                              Yo no sé los salmos 

                              de las hojas secas,

                              sino el sueño verde 

                              de la amarga tierra.


                                              Antonio Machado, "Otoño"

26/11/12

O curioso incidente do club de lectura Nivel 2

As escasas pero decididas integrantes do club de lectura "María Casares. Nivel 2" rexeitaron en recente reunión do xoves día 22 a lectura de "La isla de Bowen", de César Mallorquí, que era, como lembrarán os improbables lectores deste blog, a proposta do equipo da biblioteca. No seu lugar optaron por ler "O curioso incidente do can a media noite", escrito polo británico Mark Haddon e traducido ao galego por Moisés Barcia. Excelente elección, penso eu, á que lle poño só unha pequena pega: que eu, tamén membro do club, xa o lin. Pega pequena, insisto, porque "O curioso incidente..." é unha obriña das que se relén con gusto. Bótalle unha ollada á seguinte reseña que copio do sitio web de Rinoceronte Editora e se ves que te comprace, non dubides en unirte ao club.

 Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.



Mark Haddon

Procedencia das imaxes

25/11/12

Plantados contra o maltrato

No segundo recreo do venres día 23 deste mes de novembro inauguramos un monumento vexetal na entrada do noso instituto en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No acto, Andrea e Asier, alumnos de 4º B, leron un manifesto no nome de toda a comunidade educativa no que esta deixaba claro seu compromiso coa loita en contra da violencia de xénero. Antes, alumnas e alumnos de 4º de ESO asistiran a uns obradoiros organizados polo concello nos que reflexionaron sobre a desigualdade entre homes e mulleres, os comportamentos violentos de distintos tipos e intensidade, algunhas manifestacións culturais que refrendan o maltrato sobre as mulleres, etc.
Todos estes actos promoveunos o concello de Oleiros e a vicedirección do centro e contaron coa colaboración do alumnado de 4º de ESO e o equipo da biblioteca.





21/11/12

Xogando a ler

Aproveito dez minutos de nada que me quedan antes de me incorporar á clase para deixarvos este simpático vídeo que atopei en Nosololibros e que mostra a unha nena, un bebé aínda, "lendo" un texto e pasándoo pipa.




Libros libres




Puxemos   en marcha un novo  recuncho que pretende acercar os libros a aquela xente que vén máis ben pouco pola biblioteca. Xa coñeces o dito ese que reza: "Se Mahoma non vai á montaña, vai a montaña a Mahoma" . Pois ben, os libros sáenche ao paso xusto na entrada do salón de actos, onde, repito, acabamos de montar (quedan algúns detalles do humilde atrezzo, pero o máis importante xa está onde ten que estar) o Recuncho dos Libros Libres. Trátase dun espacio dedicado ao intercambio de libros, onde podes coller e levar para casa calquera dos libros que alí se expoñen, sen necesidade de tarxeta nin rexistro de ningún tipo. E logo de lelo, podes quedar con el ou  devolvelo ao mesmo sitio, iso xa é asunto teu.
 Claro que nos encantaría que de vez en cando contribuíses a manter viva esta pequena biblioteca aportando algún libro que teñas durmindo nun estante (ou incluso no trasteiro!) e que non che importase ceder para que outros o lean.

Acércate logo ao Recuncho dos Libros Libres e fai que os libros circulen!






20/11/12

Un recuncho para a inspiración


Preséntovos hoxe o Recuncho da poesía (segundo se entra no salón de actos á man dereita), un lugar máis que recomendable para quen queira inspirarse e compoñer versos. Que conste que eu son das que pensan que "inspiration is perspiration", pero todos precisamos de un empurronciño de cando en vez para nos poñer a funcionar. E o recuncho da poesía pretende precisamente esporear a vosa vena poética ofrecéndovos un lugar para escribir (O caderno de poesía), outro para expoñer (este blog), uns modelos de poemas escritos por autores consagrados e outros menos consagrados que soen ben, e incluso un pequeno premio á constancia e ben facer. Cópiovos a continuación o funcionamento do "recuncho" e da actividade que pretende por en marcha:

Neste taboeiro atoparás periodicamente un poema.
Na mesa terás copias en pequeno formato.
Trátase de que escollas os que che gusten, ou todos os que vaian aparecendo.
No caderno que se che facilitará na biblioteca irás pegándoos por orde e facendo un comentario, unha creación propia partindo do modelo, unha ilustración... o que se che ocorra.
Ao final de curso recolleranse os cadernos e serán premiados aqueles que o xurado correspondente considere mellores.


E a continuación, o primeiro poema inspirador:

Á irmá maior non lle gustaba ter que levar sempre
A irmá pequena
Á irmá pequena non lle gustaba ter que vestir sempre
Roupa vella
Da irmá maior
Ademais
Non se parecía en nada
A irmá pequena
Á irmá maior
Nin
A irmá maior
Á irmá pequena

No sorriso

No brillo azul das súas meniñas

No medo que lle tiñan ás noites escuras de inverno
Cando
A irmá pequena
Se metía calandiño na cama
Da irmá maior
E
A irmá maior
Abrazaba con toda a súa forza
Á irmá pequena

13/11/12

O club de lectura "María Casares" de incógnito


A pesar do que puidera parecer pola pose un tanto borde, a xente do club de lectura que se reuniu o pasado xoves non ten nada, que eu saiba, en contra da fotógrafa (neste caso, eu). O que pasa é que queren, queremos,  ser discretos e humildes como violetas. Aínda así, a próxima vez que nos xuntemos, que será, se non hai problemas,  o 29 deste mes, prometemos unha foto un pouco máis expresiva, menos enfurruñada que esta de hoxe.

Steven Pinker en Babelia: "La narrativa es una manera de explorar el vasto espacio de las relaciones humanas en el recinto seguro de la mente"

Procedencia da la imaxe
 
Babelia, o suplemento cultural do xornal El País, entrevistaba o sábado pasado a Steven Pinker, "a estrela pop da psicoloxía evolutiva", segundo caracterización da revista Time, e autor dun longo ensaio que acaba de se publicar en español co título de "Los ángeles que llevamos dentro. El declive de la violencia y sus implicaciones". O caso é que Pinker fala nesta obra do poder da  literatura para atenuar as tendencias violentas do ser humano e aumentar a súa capacidade de empatía:
"Por lo que respecta al poder de la música o el arte para expandir la empatía de la gente, es una cuestión abierta, pero en el caso de la ficción creo que sí se da. En mi opinión, eso se debe a que cuando se lee una obra de ficción tiene lugar una proyección del yo en la mente de otro individuo"
Por se fora pouco, a lectura de obras de ficción non só pode disminuir a violencia e expandir a nosa capacidade de empatizar cos demais,  tamén aumenta o noso poder cognitivo, a nosa capacidade de entender o mundo e as relacións sociais. E faino, ademais, dun xeito pracenteiro:
"No puedo dejar de pensar que la ficción, la narrativa y el arte de contar historias e idear mundos imaginarios son actividades que tienen una función, y se trata de una función cognitiva, destinada fundamentalmente a representar distintas situaciones en el ojo de la mente, explorando lo que puede suceder en mundos posibles y creo que no es implausible que cualquier agente dotado de inteligencia tenga que manipular, navegar un mundo socila muy complejo en lugar de pensarlo todo en tiempo real. Cuando estás en una situación que o bien la has imaginado tú o alguien la ha imaginado para ti, sonmuchas las maneras posibles de reaccionar. Uodos los conflictos de intereses que se dan el trato humano producen placer al verlos representados en clabe de ficción. La narrativa es una manera de explorar el vasto espacio de las relaciones humanas en el recinto seguro de la mente."


Entrevista completa a Steven Pinker en El País

7/11/12

Reunión do club de lectura

Imaxe creada en Cooltext.com

 
Aviso para os lectores e lectoras do noso insigne club "María Casares":

Mañá día 8 de novembro, no segundo recreo, é dicir, ás 12:10, xuntámonos na sala de titorías 
 cun único punto na orde do día: "Os escaravellos voan á tardiña". 
Non vos esquezades.

"Sorgo rojo", de Mo Yan, chega á nosa biblioteca

Procedencia da imaxe
 Hoxe mesmo, así que remate de escribir este previsiblemente breve post, vai quedar colocado no correspondente estante "Sorgo rojo" (apunta: 821.OU / MO / sor), de Mo Yan, o escritor chino premio Nobel de Literatura 2012. Trátase dunha novela de temática á vez china e universal (lembrádevos de que no post anterior citabamos a Faulkner, García Márquez e Tolstoi, nada menos, como tres escritores que influíron moito na obra de Mo Yan). En "Sorgo rojo", como na obra do xenial Tolstoi, temos guerra e temos paz : "el sorgo, utilizado como ingrediente de un potente vino, era en tiempos de paz centro y símbolo de la vida campesina. En tiempos de guerra, se convierte en el centro de la lucha por la supervivencia" (copiado da contraportada). Temos tamén amores "a contracorrente": "Mo Yan seduce al lector con las desventuras del comandante Yu Zhan'ao y de su joven amante, una chica obligada a casarse con el hombre que su padre ha dispuesto, un viejo leproso muy rico que posee una destilería". En fin, 514 páxinas que corro a colocar no seu sitio para que as disfrutedes . Aviso: non  levo eu mesma este libro porque agora  estou  lendo a tres bandas ("Os escaravellos voan á tardiña", de María Gripe, "From dawn to decadence", de Barzun, e un libro de viaxes de Javier Reverte de cuxo título non me lembro agora mesmo), pero así que vexa que dispoño dun oco, pillo "Sorgo rojo". Se non o levastes vós antes, of course.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...