27/9/12

Lecturas frescas e apetitosas

Procedencia da imaxe

 Teño á miña esquerda, no anaquel máis alto deste mini despacho, no lugar exacto onde aterrizan os libros que chegan á biblioteca, unha morea de lecturas que van facer que lles caia a baba aos larpeiros lectores e lectoras deste instituto. Cítovos algúns títulos para que vexades que non falo por falar. Por exemplo, El coleccionista de sellos, de César Mallorquí, ou El caballero fantasma, de Cornelia Funke (preciosísimas as ilustracións de Fiedrich Hechelman), ou unha  nova versión de Blancanieves (tamén moi logradas as ilustracións de Iban Barrenetxea), o xa famosísimo Los juegos del hambre, de Suzanne Collins... etcétera, etcétera, etcétera. Non imos tardar moito en rexistrar todos estes títulos e en catalogalos como é debido, e xa estarán listos para ser devorados. Que aproveiten.

20/9/12

Estamos de volta!


Mirade que cartel tan bonito, tan azul, nos argallou Andrés Meixide (clicade, a súa páxina é moi graciosa), a nós e ao resto das bibliotecas escolares de Galicia, con motivo do novo curso escolar. Permítome colocalo neste post porque me parece un bo xeito de ilustrar  o reencontro que estamos protagonizando os lectores e lectoras do María Casares,  e unha excelente pancarta de benvida para os nenos e nenas que se incorporan este curso ao noso instituto. A uns e outros quero recordarvos que a biblioteca está aberta e lista para acoller as vosas ansias lectoras. Non deixedes de acercarvos e permanecede atentos ás ofertas de actividades que estamos preparando para vós.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...