19/6/12

Ser libre cos libros

Gracia Santórum, Anxo Fernández e unha morea de rapaces e rapazas, todos eles do IES Forcarei, fixeron este divertido vídeo de exaltación dos libros e da  lectura. Aquí volo deixo xunto coa letra da canción que serve de fondo ao vídeo. Copieina do mítico blogue  Trafegando ronseis, obra dos prolíficos Gracia e Anxo. A ambos as nosas gracias e parabéns polo seu continuado e magnífico traballo.



LER NON É CLANDESTINO

Entrar na biblioteca
momentos de pracer
só con coller un libro
para soñar e ler.
Vencidos por un dragón
doutra civilización
buscando asasinos
que mudan a súa pel.
Unha paixón constante
un romance sen final
do amor ser un cativo
antes de te conquistar.
Son un náufrago no mar
Pantasma ou Supermán
mil seres diferentes                 
todos no mesmo lugar.
Entrar na biblioteca
porque sempre quero ler
viaxar mundo distintos
en barco, nave, avión ou tren.
Bosques, ríos a salvar
de caza ou en alta mar
por selvas e desertos
todo iso agochado está.
Eu son libre: con un libro!
Ti es libre: con un libro!
El é libre: con un libro!
A lectura é ideal!
Entrar na biblioteca
quixera non pensar
a mellor das escollas
para se relaxar.
Unha vida e outras cen
sorrisos de papel
todo iso está nos libros
e logo ti por que non les?
Arríscate: colle un libro!
Aventúrate: colle un libro!           
Anímate: colle un libro!
A lectura é ideal!

Que ler este verán

Chega o tempo de ir á praia, de descansar e, por suposto, de ler. Aproveita estas vacacións para saborear todos aqueles libros que non puidestes ler ao longo do curso por falta de tempo. Que non tes libros en espera? Mal feito, unha listiña dos libros que queres ler é sempre unha boa compañeira: permíteche anticipar a ledicia de ler  e ata traballar con máis ganas para lle facer sitio a ese libro apaixonante que che está esperando. De calquera xeito, se tampouco na elección de lecturas es unha persoa previsora, sempre hai quen che bote unha man. Neste caso moitas mans, porque nos blogues das bibliotecas escolares galegas  atoparás máis suxestións que días ten o verán. Clicando nos links verás  unhas cantas. Eu vou colocar aquí as recomendacións   da miña amiga Begoña, do IES Fernando Esquío. Gracias Begoña por compartir connosco o teu excelente traballo.


16/6/12

O club de lectura promete que volverá

Aquí tendes as fotos que dan fe de que o club de lectura chegou a fin de curso en plena forma. Tende en conta que non están todos os que son:  algúns dos membros chegaron tarde por ter que rematar un exame, que andamos estes días que non damos abasto. Repuxemos forzas e puxémonos de acordo no único punto da orde do día:
  Para o curso que vén volvemos con máis lecturas!





Música: Home for the holydays
Composta por Christopher J. Holland, ASCAP
Publicada por Freeplaynjj, ASCAP

9/6/12

50 anos do Día das Letras Galegas


Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega mándavos un "moi cordial saúdo" desde o prólogo deste pequeno libriño cuxa portada podedes ver na imaxe deste post e que ides recibir próximamente. Nel cincuenta académicos repasan cadansúa figura das que teñen protagonizado ese día de festa da cultura galega. De todas as reseñas, a miña favorita é a que  Manuel Rivas  lle dedica a  Alvaro Cunqueiro. Vede que ben empeza:

O primeiro dereito dos humanos é o dereito a soñar. E abofé que o exerceu. Alvaro Cunqueiro é o señor dos Soños.

Se aínda non tendes o voso exemplar do caderniño Todas as Letras do día das Letras Galegas, pasade pola biblioteca e pedídello á profesora encargada. Ou ben lédeo aquí mesmo na versión dixital que a RAG por á disposición dos internautas: Todas as letras do día das letras galegas.

A ciencia ficción está de loito

Procedencia da imaxe Washington Post / cartoonaday

 O 6 de xuño o neto do escritor norteamericano Ray Bradbury comunicaba á web de ciencia ficción io9 a noticia da morte do seu insigne avó. Moitos de vós xa coñeceredes a Ray Bradbury, pero outros cónstame que non, así que este pode ser un bo momento para acercarnos á súa persoa e obra. Desta destacan dous títulos: Crónicas marcianas e Farenheit 451. Neste último o escritor nárranos un mundo de pesadelo onde os libros están prohibidos. Polo visto, á xente que os le dáselle por pensar e iso ameaza a felicidade e a paz sociais. Así que os bombeiros teñen como misión non apagar lumes senón encendelos para  queimar neles todos aqueles libros que atopen. Contra este orde social rebélase un grupo de persoas, os homes - libro que se dedican a memorizar libros, cada persoa un libro, se non me lembro mal, para transmitilos oralmente e que non se perdan para sempre.
Menos mal que ese mundo que nos relataba Bradbury non chegou,  e esperemos que non chegue nunca. Porque o que a nós nos gusta, a vós e a min e a moitos máis, é seguir disfrutando dos libros, deses artiluxios subersivos ou non que nos axudan a pensar, a soñar, a rebelarnos, a ter paciencia... e ao que faga falta.

Páxina oficial de Ray Bradbury (en inglés)
Breve reseña da vida e obra de Ray Bradbury en Lecturalia

Procedencia da imaxe Goodreads


2/6/12

Inés Rodríguez recomenda "Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea"




 Inés Rodríguez, alumna de 1º da ESO C e insigne membro do club de lectura, tivo  a amabilidade de nos enviar ao correo electrónico un breve comentario sobre o  libro que acaba de ler que lle pareceu moi emocionante. Titúlase o tal libro "Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea", escribiuno Annabel Pitcher e publicouno en España a editorial Siruela. Atendede ao que nos conta Inés sobre este emotivo libro:

Jamie tiene diez años y es el protagonista y narrador de esta historia. Su familia se rompió cinco años atrás, cuando su hermana Rose -la gemela de Jasmine- murió en un atentado cometido por terroristas islámicos en el centro de Londres. Incapaces de superar el trauma, su madre se va de casa y su padre deja de trabajar y se convierte en un alcohólico. Jasmine y Jamie parecen dos cachorros abandonados por unos padres que, por recordar a la niña muerta, no comprenden cuánto los necesitan sus hijos vivos. La familia -sin la madre- se traslada a un pueblo para intentar empezar de nuevo, pero las cosas no mejoran: Jasmine sufre bulimia y Jamie es rechazado y acosado por sus nuevos compañeros. Su única amiga será Sunya, una niña tan marginada como él por ser musulmana y llevar velo.

El título, que parece un poco raro, se explica porque su padre tiene sobre la repisa de la chimenea una urna con las cenizas de Rose.
Es una historia muy triste y muy real que nos puede ayudar a comprender que no hay que aferrarse a los malos momentos, que hay que mirar hacia delante porque siempre hay alguien que nos necesita.
Tamén nos envía Inés o vínculo ao tráiler desta obra ( en inglés)



Aportación miña é o seguinte vínculo a un fragmento do libro que a editorial Siruela publicou en Internet.
Fragmento de "Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea"

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...