29/2/12

E a elección vai para... "Mi familia y otros animales"

Inés Rodríguez, de 1º C, recomenda (moito) "Donde los árboles cantan", de Laura Gallego

Inés Rodríguez, membro destacado do noso club de lectura, leu a última novela de Laura Gallego e quedou así de entusiasmada. Lede a súa reseña e comprobádeo. Fixádevos ademais nun importante caveat (enténdase "advertencia", "aviso") que nos apunta Inés e que parece moi atinado. Laura Gallego e os seus editores deberían ter moi en conta esta observación dunha lectora tan entusiasta e intelixente como Inés para  as súas próximas novelas.

“DONDE LOS ÁRBOLES CANTAN”, Laura Gallego
Editorial SM, páginas: 477.
Como cada año, Viana y su padre, el duque de Rocagrís, acuden a la fiesta del solsticio de invierno en la corte del rey. Pero la cena se ve interrumpida por un misterioso personaje, Lobo, que les advierte que los bárbaros del Norte se disponen a cruzar las montañas para invadir Nortia. El ejército del rey parte en primavera, pero es demasiado tarde: los bárbaros conquistan el país y muchos hombres, entre ellos el rey y el padre de Viana, mueren en la batalla. Entonces Harak, el nuevo rey, concerta a todas las doncellas para casarlas con nobles bárbaros y ellas tengan a los futuros herederos del reino. Pero un día Viana mata sin querer a su marido y se ve obligada a huir al Gran Bosque para vivir con Lobo. El problema empieza cuando descubren que sus enemigos tienen un arma que les hace inmunes. Guiada por las leyendas de Oki el juglar, tendrá que ir en busca del “manantial de la eterna juventud”, al lugar donde los árboles cantan.


Este libro es uno de los mejores que he leído en mi vida y se lo recomiendo a todos. Es muy entretenido e intrigante. Cuando me terminaba un capítulo siempre tenía ganas de seguir leyendo el siguiente. En la novela en sí no encuentro ningún aspecto negativo. Solamente creo que los títulos de los capítulos dan demasiada información y algunos resuelven algunas intrigas.

Tamén nos envía Inés o link do vídeo da presentación do libro na feira do libro de Madrid. Gracias por todo isto, Inés.




25/2/12

Laura Calvo e María Vilas gañan o concurso "Youtube Space Lab"


Noraboa a Laura Calvo e María Vilas, do CPI dos Dices (Rois, A Coruña), flamantes gañadoras do concurso da fase rexional (ollo: aquí rexión refírese a Europa, África e Oriente Medio, nada menos) do concurso "Youtube Space Lab" , organizado  a escala mundial por  YouTube, Lenovo, e Space Adventures en colaboración coa ESA, a NASA e a axencia espacial xaponesa. Según nos conta La Voz de Galicia, o traballo destas dúas aventaxadas alumnas de 4º de ESO triunfou sobre máis de 2000 propostas de oitenta países. En marzo,  competirán  na nova fase do concurso con outros cinco equipos procedentes de distintos lugares do mundo. Todo un éxito, no que algún mérito lle caberá, digo eu, ao seu profesor de Tecnoloxía Javier Méndez.Vaia para el tamén a nosa noraboa.
Para máis información: Boletín Informativo da Consellería de Cultura e Educación.
A noticia en La Voz de Galicia

24/2/12

Fernando Lalana e César Mallorquí falan de literatura






No moi recomendable blog La Fraternidad de Babel, de César Mallorquí,  vexo unha entrada do 22 deste frío e seco mes de febreiro que me parece interesante comentar. Cóntanos este famoso escritor que o programa RTVE Para todos la 2 os entrevistou a el e a Fernando Lalana en calidade de gañadores do vixésimo Premio Edebé nas categorías de novela xuvenil e infantil respectivamente. Ademais, invítanos a que vexamos a entrevista completa, se nos interesa. Eu vina, interesoume e por esa razón tróuxena a este blog.

Voici: 
Para todos La 2 - Entrevista con Fernanado Lalana y César Mallorquí, ganadores del XX Premio EDEBÉ de Literatura Infantil y Juvenil

16/2/12

Sabela Cobelo, de 1º de ESO C, recomenda "Bad Pat brujas a medianoche"





Lin este libro o ano pasado porque me chamou a atención na librería na que o merquei. Se queredes lelo, podedes ir tamén a unha biblioteca. Levoume cerca dun mes lelo, por culpa dos deberes que me ocupan moito tempo , e ademais entretíñame con outras cousas.

Este libro ten moita intriga: a cada páxina queres saber que pasa despois. É do xénero que me gusta: de aventuras, cun pouco de risa, tamén cun pouco de medo...É dicir, de todo un pouco menos de tristeza.
Trata sobre a malvada bruxa Amanita que raptou a Rebeca e quere convertela... ¡Na súa nova aprendiz! Sorte que aos seus irmás Martín e Leo e á súa mascota Bat Pat se lles ocorreu unha idea (un pouco aloucada) para rescatala e conseguir que todo volva á normalidade. (¡¡Cruzade os dedos!!...)


Recoméndolle este libro a tódalas persoas, porque antes de lelo, eu non era moi apaixoada da lectura, así que aínda que non vos guste ler libros eu de vosoutros o lería. Se vos gusta, hai moitos libros desta colección que podedes ler, por exemplo: “El vampiro bailarín”, “Los monstruos acuáticos”, “La casa embrujada”, “Nunca bromees con un samurai”, “La abuela de Tutankamón”, e moitos máis.


Lede algún, seguro que vos gustará moito.

Os dereitos do lector ilustrados polo xenial Quentin Blake

Vía: facebook da revista Babar 



Son fan de Quentin Blake desde hai moito tempo; e bastante menos fan de Pennac, o escritor francés autor duns famosos "dereitos do lector". Eses que aquí vos deixo, ilustrados  con tanto acerto por Blake.

14/2/12

En San Valentín, un repaso á arte de dar bicos


Vistes que deixamos aquí e aló carteis describindo distintos tipos de bicos: o do   perdón, o primeito, o que nunca se dou, o do adeus... Pois ben, as ilustracións débense a Manuel Álvarez, o noso diseñador oficial, que andivo, como sempre, moi inspirado. Os textos, en cambio, proceden do  libro da artista Raquel Díaz Reguera "Catálogo de besos", unha pequena obra de arte que adquirimos hai pouco para a nosa biblioteca.
Para que vos fagades unha idea do contido deste libro, ilustrado con suma delicadeza e bo gusto, déixovos dous links:

catalogodebesos.blogspot, o blogue do libro
algunhas páxinas do "Catálogo de besos", cortesía da editorial  Thule

"Catálogo de besos" estará á vosa disposición na biblioteca de aquí a uns días.

Sara Cotelo recomenda "Emily the Strange, Los días perdidos"

Procedencia da imaxe

Sara Cotelo, alumna de 1º de ESO C, envíanos unha reseña que con moito gustos publicamos nesta entrada.

Hace dos años, por el cumpleaños de una amiga mía, mi padre compó un libro para que yo se lo regalase y era precisamente el que ahora os comento: Emily the Strange, Los días perdidos. Antes de envolverlo, me fijé en su portada, que me pareció rara, y como no sabía de qué trataba, leí las primeras páginas. Lo cierto es que me gustó tanto este libro que le dije a mi padre si me podía comprar otro igual. Me lo compró y en dos semanas ya había terminado de leer el libro entero.


Emily the Strange, Los días perdidos trata de una niña que se despierta un día con amnesia y no sabe qué le está pasando ni reconoce el lugar donde se encuentra . Lo único que sabe es que tiene el pelo largo y negro, viste de negro, parece que le gusta el negro y su piel es muy pero que muy blanca. El libro está escrito en primera persona como si fuera el diario de la protagonista. Emily tiene trece años, le gusta dormir por el día y estar despierta por las noches. Le encanta inventar artefactos raros. Pero su principal ocupación será descubrir quién es ella, qué hace en ese lugar desconocido donde vive y cómo ha llegado hasta allí.

Recomiendo este libro a personas de todas las edades a las que les guste vivir aventuras moderadas porque este libro y todos los de su colección están llenos de emociones que enganchan de principio a fin.

Máis información sobre este libro en Papel en blanco: "Los días perdidos, la primera novela de Emily the Strange"

11/2/12

Que ler en marzo



Amigas e amigos do Club de lectura María Casares, prometinvos nunha pasada reunión que ía publicar unha enquisa neste humilde blog para escoller que libro vai sustituír a La isla de los delfines azules. E se eu prometo algo, hai algunhas posibilidades de que se me vaia o santo ao ceo, é unha  boa e dolorosa verdade, pero ás veces non, as veces lémbrome. Como esta, por exemplo. Porque non só teño xa publicada a  mencionada enquisa senón que, ademais, e por se fose pouco, nesta mesma entrada colocarei a relación de candidatos a "Libro do Mes de Marzo 2012" con links a fichas ou comentarios  de cada un deles, por se tendes a ben ver de que van, cantas páxinas teñen, que opinan deles os que xa os leron , etc, etc, etc. Que como elaborei esta lista? Moi fácil: en compañía de Pepe Taboada fun vendo e tomando nota dos títulos xeitosos que tiñamos na biblioteca do centro e dos que había varios exemplares.  Descartei os que eran lectura obrigatoria nalgún curso e aqueles que me pareceu que non encaixaban nos voso gustos lectores.

Pídovos logo que consultedes a relación dos libros que veredes a continuación, que vos informedes do que teñades a ben e que, unha vez ponderadas todas as opcións, votedes por aquel ou aqueles que consideredes mellores, por un ou dous, non máis. Cos máis votados, faremos unha segunda volta, como nas eleccións presidenciais francesas, que isto é importante, e non imos escoller unha obra calquera. Por fin, cando outra vez nos reunamos o día 24 de febreiro no segundo recreo, xa saberemos que libro é o gañador, o número 1, o "Libro de Marzo 2012 do club de lectura María Casares".

Postdata: Vota polos teus favoritos xa!



A chamada da selva, de Jack London

Durmindo sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra

Harry Potter y el prisionero de Azkaban, de J. K. Rowling

Mi familia y otros animales, de Geral Durrell

Alicia en el país de las maravillas, de Lewis Carrol

Irmán do vento, de Manuel Lourenzo González

Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz

Alexandra, de Lola Gándara

O príncipe da brétema, de Carlos Ruiz Zafón

Momo, de Michael Ende

Intercambio cun inglés, de Christine Nostlinger

Una luz en la marisma, de Javier Alfaya

9/2/12

Matmonologade con TETRACTIS, se vos prace




Reproduzo a continuación a entrada do blogue das Bibliotecas Escolares de Galicia que nos recorda que xa está aberta a quinta convocatoria do concurso de Matmonólogos que promove o IES Monelos e TETRACTIS, o seu boletín de divulgación matemática. Aínda que non teñades intención de concursar, recoméndovos que leades os matmonólogos finalistas da cuarta convocatoria, especialmente o titulado Polígono de la Grela: área y perímetro, escrito por Carolina Iglesias Mosquera, alumna do noso centro. E se vos apetece concursar, lembrade que contades coa asistencia do persoal da biblioteca para calquera tipo de asesoramento.
O IES Monelos (A Coruña) e o boletín de divulgación matermática TETRACTIS, convocan o V CERTAME DE MATMONÓLOGOS, en convocatoria aberta, con distintas categorías. Poderán participar alumnos e alumnas de primaria, secundaria, bacharelato, e persoas en xeral maiores de 18 anos. Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras, en galego ou castelán. O prazo de presentación, que se fará no propio IES Monelos ou a través de correo postal, remata o 2 de maio de 2012. O 15 de maio será o acto para a defense dos monólogos, ben polo autor ou ben por un alumno do IES. As bases desta interesante iniciativa pode verse AQUÍ.
No boletín TETRACTIS podemos ver os resultados do certame anterior e coñecer os guións que foran premiados en 2011.

8/2/12

Cruasáns, madalenas, abalóns e outros manxares





O club de lectura María Casares goza de bo apetito e non só lector, tamén do outro. Puidemos constatalo o venres día 3 de febreiro cando nos reunimos no segundo recreo para falar de La isla de los delfines azules e Marisa, a profesora de galego, nos trouxo unhas madalenas e uns cruasanciños que duraron o que duran os suspiros dun falso  namorado. En fin, entre bocado e bocado, tivemos tempo de comentar as peripecias de Karana, recordando especialmente os moitos traballos que pasaba a pobre xuntando de aquí e de aló a comida necesaria para sobrevivir: abalóns, raíces, baias... A ninguén lle pareceu precisamente apetitosos ese condumio: moito máis ricas as madalenas e os cruasáns, "onde el vai parar", que diriamos na miña terra. Pero, ollo!, xa sabedes que madalenas e cruasáns hai que comelos con precaución por aquelo das calorías e das grasas trans.  Quedamos en buscarlle un sucesor ás aventuras de Karana e, tras escoitar e tomar nota das suxestións de varios dos participantes na reunión, adoptamos por caótica unanimidade a decisión de   argallar unha consulta popular a través deste blog. Está visto que a tod@s @s mariacasareiros nos encantan os procedementos democráticos. En consecuencia, permanecede  algo atentos a este blog que en dúas patadas publico a enquisa que nos permitirá a feliz e democrática elección da próxima lectura.

7/2/12

Charles Dickens cumpre 200 anos


Tal día como hoxe nacía hai douscentos anos o prolífico escritor inglés Charles Dickens, autor de obras tan coñecidas como "Conto do Nadal" ou "Oliver Twist". A vida deste xenial escritor foi un exemplo de traballo e determinación desde que con doce anos se puxo a traballar nunha fábrica de betúns ata que se consagrou como escritor de enorme e éxito e popularidade (acabo de ler non sei onde que foi a persoa inglesa máis retratada do século XIX, despois da familia real, of course). Non vos dou máis detalles da vida deste importante escritor porque os podedes atopar en multitude de sitios (éste, por exemplo: Curiosidades que desconoces sobre Charles Dickens). Só quero, se me permitides, lembrar aquí unha faceta da vida deste gran escritor que me parece digna de admiración: a súa enorme solidariedade e compaixón polos máis desfavorecidos, especialmente polos nenos pobres ou orfos, os cales, tal como lle pasara a el mesmo, se vían daquela obrigados a traballar horas e horas en condicións penosas a cambio dunha mísera paga. Dickens denunciou unha e outra vez estas tremendas inxustizas: o desvalemento dos pobres, a codicia e dureza de corazón dos poderosos, a explotación infantil, son motivos que aparecen constantemente nas súas obras. E hai quen di (e eu créoo) que esta constante actuación en favor dos dos máis desfavorecidos, unida á inmensa popularidade que alcanzou o escritor, contribuíu enormemente a que se aprobasen leis e medidas que melloraron aquela triste situación.

En primeiro de ESO imos homenaxear a Charles Dickens, léndoo, como non podía ser doutro xeito, e contemplando unha escena da película de Roman Polanski "Oliver Twist". E invítovos a que fagades outro tanto. Inclúo ademais nesta entrada un artigo de César Casal sobre Dickens e unha das súas obras máis famosas, "Grandes  Esperanzas". É breve, ameno e paga a pena lelo.

link  post de la caracola "Oliver Twist pide más comida"
Grandes esperanzas de Dickens, artigo de César Casal, publicado en La Voz de Galicia

5/2/12

Saber escribir e gañar



Fágovos saber que o IES Sabinar, de Roquetas de Mar amablemente vos anima a participar nunha nova edición do seu xa veterano concurso literario. Podedes participar tod@s cant@s teñades entre catorce e vinte anos,  esteades dispost@s a escribir un poema de 50 versos como mínimo ou un conto de 10 folios como máximo, e a telos rematados e enviados antes do 23 de marzo deste venturoso ano 2012. As bases figurarán no remate desde post e delas adianto, como detalle anti-romántico pero práctico, a contía dos premios, que me parece bastante substanciosa:

1º premio - 900 €
2º premio - 700 €
3º premio - 500 €

Aquí as bases anunciadas: XXXI Certamen Literario Roquetas de Mar
Aquí o post do ano pasado onde vos dábamos conta da trixésima convocatoria do concurso: Roquetas del Mar anímavos a escribir

1/2/12

Se amas os libros, gustarache este vídeo


The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é un dos candidatos ao Oscar que este ano premiará ao suposto mellor corto animado gravado no 2011.
Open Culture, de onde saco esta información, describe este vídeo como "un tributo moderno a un mundo antigo porque, segundo afirman, "rende unha homenaxe a unha era xa pasada onde os libros impresos, de elegante e coidada edición, poboaban o noso mundo". Afortunadamente para nós esa era non está totalmente pasada. Sen ir máis lonxe, botádelle unha ollada aos anaqueis  da biblioteca e veredes que aínda nos quedan moitos espécimes deses: libros de formato grande, encadernación en cartoné, papel satinado, ilustrados con debuxos e fotografías a toda cor, incluso  troquelados, con pestaniñas e elemento móbiles do máis divertido (non só para os pequenos). Agora ben, ningún voa, tanto non lles pidades. Pero todos entreteñen, ensina ou fan soñar, por citar só unhas cantas das súas múltiples habilidades.
Ficha completa de The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore en filmaffinity.com
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...