31/1/12

A vida e a obra de Álvaro Cunqueiro nunha fermosísima colección de diapositivas

Logo de ver a magnífica presentación de Elvira Roiz, do IES Concepción Arenal, sobre a vida e obra de Álvaro Cunqueiro, entráronme unhas gañas irresistibles de: a) seguir lendo a recopilación de artigos do escritor mindoniense, actividade  que tiña interrompida ultimamente; b) visitar Mondoñedo, a onde non vou desde hai anos. Así de eficaces e convincentes son as diapositivas desta profesora, a quen felicitamos polo seu traballo ao mesmo tempo que lle agradecemos a ela e ao equipo da biblioteca do Concepción Arenal a súa xenerosidade por compartilo connosco.




Infancia e adolescencia
Os anos composteláns
Cunqueiro xornalista do réxime franquista
O regreso á terra
Anos de colleita e recoñecemento
Últimos años: 1970-1979

Buscan talento e aquí haino



Fágovos saber que o  xornal El País busca talento. Disque lle serve calquera manifestación "talentosa", ben sexa un poema, unha fotografía, ou o que se vos ocorra, o que saibades facer, con tal de que teña xeito e inspiración. Se os convencedes de que a vosa obra vale, publicarana na sección Cultura da edición dixital do xornal. E, quen sabe, a partir de aí, aplausos e gloria a eito. Como mostra de exemplar traxectoria ascendente poñen a figura de Spok, o grafiteiro que pasou de embadurnar as paredes dos veciños a expoñer en galerías de arte internacionais do máis chic (claro que previo paso pola facultade de Belas Artes, atrévome a apuntar). Se estades interesad@s, clic nos  links.
Postdata: se en El País non saben apreciar as vosas cualidades de artistas, sempre vos quedará este noso máis que humilde blog, que, de acordo, ten uns cantos centos de miles de  seguidores menos que  a web do xornal madrileño, pero non deixa de ser un escaparatiño dixital á vosa disposición.

27/1/12

Tarde de ciencia na biblioteca Rialeda

Lembrade que hoxe venres día 27 de xaneiro empeza na biblioteca central de Rialeda (Perillo) ás seis e media da tarde un programa de charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenos e nenas maiores de dez anos, á xente moza e a quen teña a ben acodir, que as gañas de saber non teñen data de caducidade  . Na primeira sesión, o profesor Roberto Bao Casal falará sobre A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos. Seguiralle, o día 3 de febreiro, Manuel Gago Mariño, profesor asociado da USC  e director de culturagalega.org., que falará sobre os viquingos en Galicia. Por certo que este profesor e xornalista opina no seu blogue Capítulo 0 que  é  "un luxazo  que os nenos poidan disfrutar na súa biblioteca de semellante plantel de especialistas". Como estou totalmente de acordo con el, anímovos a que asistades ás charlas e obradoiros, se non a todas, polo menos a aquelas que máis vos interesen. Tendes a continuación a relación de todas as charlas e o link ao folleto publicado polas bibliotecas de Oleiros.

Ler para saber A CIENCIA
 Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Perillo. Horario: 18.30 h.
27 de xaneiro
«A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos/as»
Dr. Roberto Bao Casal, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, área de Paleontoloxía.
3 de febreiro
“Repúblicas de Homes Libres: na procura dos viquingos en Galicia”
Dr. Manuel Gago Mariño, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela,
na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega.
10 de febreiro
«Enerxías renovables para o século XXI»
Dr. Óscar Cabeza Gras, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Física, área de Física Aplicada.
2 de marzo
“Petróglifos de Pena Furada”
Antón Fernández Malde, arqueólogo, director da equipa de investigación do Castro das Travesas.
9 de marzo
«Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!»
Dra. Socorro Castro García, profesora titular da Universidade da Coruña, Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica.
16 de marzo
«A sorprendente utilidade das matemáticas»
Dr. José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de Matemática Aplicada.
23 de marzo
“O xardín de Mendel”
Dr. Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Bioloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, área de Xenética.
13 de abril
«Que noxo de ciencia!»
Francisco Doménech Casteleiro, químico, responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
20 de abril
“A auga é para mollarse”
Francisco Armesto Ramón, biólogo, director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
27 de abril
“Unha viaxe á máquina da mente”
Dr. Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado da Universidade da Coruña, Departamento de Medicina. Investigador en Neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega.
4 de maio
“Socorro! A Química rodéame!”
Dr. Moisés Canle López, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Química, Departamento de Química Física e Enxeñaría Química, área de Química Física.

Ler para saber A CIENCIA

24/1/12

Un kilo de palla pesa máis ca un kilo de ferro

Foto publicada en "El Correo Gallego" onde aparece Jorge Mira acompañando a Stephen Hawking
Que non vos sorprenda a afirmación coa que titulo este post: iso de que un kilo de palla pesa máis ca un de ferro non o digo eu, dío Jorge Mira, doutor en Física, catedrático de Electromagnetismo na USC e considerado por moitos o máis mediático dos investigadores galegos. Esta e outras curiosas verdades científicas constitúen a materia da que está formado o libro "A ciencia no punto de mira",  que o científico de Baio publicou o ano pasado e que acaba de chegar á nosa biblioteca. Nesta obra, Mira explica "con sinxeleza e humor" (El País) e recorrendo a exemplos prácticos temas científicos variados. Para que vos fagades unha idea, cópiovos a continuación os títulos dalgúns dos capítulos desta obra:

Como  cambian os homes diante das mulleres guapas
Que caras masculinas prefiren as mulleres?
Moscas borrachas, mellor con frío
Sexamos comprensivos con xuíces de liña

Ligando coa voz

Procedencia da imaxe

E paro, que teño que ir dar clase. Antes, un consello: contede a vosa impaciencia por facervos con este libro porque de momento está sen catalogar e polo tanto non o atoparedes nas estanterías. Calculo que de aquí a dous ou tres días xa estará listo "to take away". Nese momento, se non vos apurades, lévoo eu.

Libros para contemplar

Procedencia da imaxe


A fundación Guggenheim publica de balde en Internet 65 libros de arte moderna. Así que se queredes enredar un anaco contemplando os cadros de Edvard Munch, Francis Bacon, Gustav Klimt ou Kandinsky, por citar só a algúns dos artistas máis coñecidos, non tendes máis que clicar na colección e sen necesidade de descargar nada, un  lector en liña axudaravos a pasar páxina como se de un libro de papel se tratase. Por certo, se preferides destes últimos, quero dicir, libros de arte de tapas duras, tamaño XL e follas de papel satinado, na biblioteca tamén temos uns cantos á vosa disposición.
Vía: wwwhat´s new

17/1/12

Agustín Fernández Paz, na Biblioteca Virtual Cervantes



O día 11 deste frío mes de xaneiro, a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes inauguraba dous novos portais dedicados  un á escritora arxentina Ema Wolf e o outro ao galego Agustín Fernández Paz. O portal deste último é moi completo: mostra, entre outros contidos, a  biografía do escritor, unha galería de fotos, portadas de libros, o catálogo dos estudos que se teñen feito sobre a súa obra e numerosos links relacionados coa vida e obra deste famoso escritor vilalbés. Se tendes uns minutos, paga a pena botarlle sequera unha ollada.

Fixádevos no que din na Cervantes de  Fernández Paz:
El gallego Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947) es autor de más de cuarenta y cinco obras que hoy son un referente y que lo han convertido en un clásico contemporáneo. Sus textos se han traducido al castellano, catalán, eusquera, portugués, coreano, francés y árabe, y ha obtenido distintos premios, entre los que destacan el Lazarillo de 1990, el Nacional de Literatura de 2008 y el Iberoamericano SM, que le fue otorgado en 2011.
Remato e aproveito este post para comunicarvos que mañán mércores, día 18 de xaneiro, ás 18:30, na Biblioteca Central de Rialeda celebrarán unha vídeo-tertulia con Valentín Paz Andrade sobre a súa novela "Non hai noite tan longa".

O colexio Manuel Peleteiro convoca unha nova edición do premio literario Minerva


Podedes participar no premio literario Minerva os e as que esteades estudando 3º ou 4º de ESO, vos sintades con gañas de escribir en galego tres poemas de tema libre ou unha narración curta, e seades espabilad@s abondo como para ter a vosa obra rematada e enviada antes do 29 de febreiro deste espero que venturoso ano 2012. Ata aquí, a información básica; agora, se queredes saber máis, premede o  correspondente link ás bases do premio Minerva, que aquí vos deixo, ou ben visitade a biblioteca e collede un folleto dos moitos que tivo a ben enviarnos o colexio Manuel Peleteiro, convocante do premio.

13/1/12

Que é unha universidade para ti? (por exemplo, a USC)



Mándannos recado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) de que vos digamos que teñen en marcha unha edición nova, a novena, do concurso de relatos curtos "Como te imaxinas na USC". Podedes participar todos aqueles que esteades cursando 4º de ESO, bacharelato ou o ciclo formativo. Tendes de prazo ata o 30 de abril e a extensión máxima dos traballos é de tres folliñas DIN A4 de nada. Agora ben, como non admiten máis que tres traballos por instituto, ides ter que nolos entregar antes a nós, o persoal da biblioteca, para que fagamos unha primeira e necesaria, anque seguramente dolorosa, selección.

Texto completo da convocatoria: "Como te imaxinas na USC?"

11/1/12

Isaac Díaz Pardo: Que a túa lembranza e o teu exemplo faga florecer en Galicia "mil primaveras máis"”

Aquí tendes a presentación elaborada por Pepe Taboada que vos anunciei no post anterior.

In memoriam: Isaac Díaz Pardo, 1920-2012



O día 5 deste mes de xaneiro morría na Coruña Isaac Díaz Pardo, insigne galeguista e persoa moi querida no ámbito cultural galego. Seguramente xa lestes a noticia nalgún xornal, ou vístela na tele, e ata pode que  algún de vós descoñecese  quen era Isaac Díaz Pardo  e  se sorprendese pola cobertura que estaba tendo o seu falecemento. Pois ben, para remediar sequera minimamente este descoñecemento e tamén como mostra de gratitude á figura de Isaac Díaz Pardo pola súa entrega e dedicación a Galicia, na biblioteca organizamos dúas modestas actividades, a saber:

  • unha pequena exposición sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, que atoparedes na entrada da biblioteca e que vos invitamos a visitar.

  • unha presentación sobre o a figura deste galeguista de pro elaborada por Pepe Taboada, que publicaremos no seguinte post

Isaac Díaz Pardo en culturagalega.org

Adeus a Isaac Díaz Pardo, no blogue A Cova do lobo Seitodo
Agradecemento a Isaac Díaz Pardo, do blogue Bibliocervo

10/1/12

Guillermo Rodríguez Eekman recomenda "La mansión Dax", de César Mallorquí

Procedencia da imaxe
Guillermo Rodríguez Eekman, de 1º da ESO C recomenda "La Mansión Dax", de César Mallorquí, autor moi lido e admirado neste instituto. En S.O.L. coinciden con Guillermo en  considerar esta obra como entretida e apaixoante,  moi adecuada, din, para  tod@s aquel@s que gusten das historias  de aventura e misterio, venganzas e traizóns, protagonizadas por xente nova. En palabras de Guillermo, "el libro es muy bueno y está lleno de aventuras. Cuenta la vida de un niño que tiene que ser ladrón, a finales del siglo XIX, para ganarse la vida. Su lectura engancha mucho: al acabar un capítulo a menudo hay que leer el siguiente porque si no el relato queda en suspense." Sin embargo, no lado negativo, Guillermo observa que "en algunos capítulos el autor se extiende demasiado en detalles, y dan ganas de saltar estas partes."
E a continuación, e xa para rematar este post, unha pequena mostra de "La Mansión Dax": o seu comezo, que  traio aquí copiado de  S.O.L.

Honesto Juan solía decir que yo tenía manos de niña, y estaba en lo cierto. Mis manos, aun ahora, son pequeñas y delicadas, con dedos largos, delgados, rematados por uñas bien cuidadas. Pese a su aspecto, no son débiles; por el contrario, tras la aparente fragilidad de mis manos se oculta una insospechada fuerza. Baste decir que entre la tijera que forman el índice y el corazón puedo sostener pesos de más de dos kilos y que soy capaz de doblar una moneda empleando sólo dos dedos. Tengo manos de niña, sí; pero de niña fuerte.

3/1/12

Cómics para ler e lembrar



Ollo atento a Bdteca, o blogue de La Voz de Galicia onde Rubén Santamarta prometeu comentar nestes días previos aos Reis  os que el considera os cinco mellores tebeos do ano que remata. Arrancou Santamarta con  Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, obra da que Rubén Santamarta afirma o seguinte:

 Es una de las mejores cosas que uno puede leer, y no solo para encontrarse con el gran poeta pop-punk-rock (como quieran llamarlo) del siglo XXI en Galicia. Es una grandísima obra para ver con pausa, para recrearse en los poemas animados, para explicar en buena medida la Galicia que no sale a diario en los medios.
La propia biografía de Pereiro es adictiva, sugerente, está llena de matices, de dudas, de problemas, de subidas y bajadas, de viajes… No necesita casi nada. Solo tacto y sensibilidad. Jacobo Fernández añade su talento narrativo, su ritmo, sus viñetas arriesgadas, su especial y particular interpretación de la realidad y la ficción de Pereiro. Su dibujo es especial, redondo. Sus transiciones vitales son naturales. Y los episodios más destacados del poeta (recitales, entrevistas, presentaciones…), sorprendentemente mágicos, irreales. Tiene que resultar difícil hablar de alguien relativamente reciente, con decenas de amigos que se ven reflejados en el libro, sin aditivos, sin complacencias, pero con mucho rigor y mucha documentación.
Algunhas páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro, cortesía da editorial Xerais.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...