30/12/11

Lecturas para un novo ano

Procedencia da imaxe

Desculpade que este ano nos despedísemos no Nadal sen repartirvos o folletiño coas recomendación de lecturas, libros, tebeos, discos..., que veu sendo habitual nos últimos anos. Afortunadamente noutros institutos andaron máis agudos e espelidos ca nós e si conseguiron  elaborar a tempo os seu catálogos de lecturas "para tempos fríos" que dicía o blogue das bibliotecas escolares de Galicia. E  como a das bibliotecas escolares soe ser xente boa e xenerosa, moitos deses catálogos están publicadas en Internet, a disposición de todos nós, listos para ser consultados, eloxiados, criticados, seguidos, ignorados, ou o que gustemos.  En todo caso, cómpre agradecerlles ás persoas que os elaboraron o seu traballo e a xenerosidad de compartilo, cousa que facemos agora mesmo desde este blogue. E para rematar, lembrade que as siglas CEIP corresponden a "centros de ensino infantil e primario" e que IES vén sendo "instituto de ensino secundario". Digo isto por se vos apetece ir directamente aos links que poden conter recomendacións máis axeitadas para a vosa idade, aínda que a min gústame fisgar en todas as propostas.
Aquí tendes o link: Recomendacións de lectura para tempos fríos: Nadal 2011

23/12/11

Feliz Nadal



As persoas que formamos parte do equipo da biblioteca desexámosvos a todos os lectores e lectoras deste blog e usuari@s  da nosa biblioteca unhas felices festas do Nadal e un 2012 próspero e venturoso.

Ana Doval comenta "Hush, Hush", de Becca Fitzpatrick

Procedencia da imaxe


En El Templo de las Mil Puertas sosteñen que Hush, hush "puede pecar de  ser otra de esas novelas de amoríos sobrenaturales" (para min, un pecado mortal, pero se cadra vós sodes máis indulxentes), xa  sabedes, ésas nas que un dos enamorados é un zombi, un anxo, un lobishome, un vampiro, etc, etc. etc. Así e todo, afirman na mencionada revista, paga a pena ler a tal noveliña, porque disque vos pode facer pasar "un buen rato". Ana Doval, alumna de 4º deste instituto xa leu "Hush, Hush" de cabo a rabo e tivo a xentileza de nos enviar ao correo electrónico a súa valoración, non moi entusiasta, hai que dicilo, desta novela.
Cópiovos a continuación unha parte da reseña de Hush, Hush, tal como aparece en El Templo de las Mil Puertas e logo a valoración de Ana, a quen lle agradecemos desde aquí a súa colaboración.

 El inicio de curso no podría haber empezado peor para Nora. Por si no fuera suficiente con que el profesor de biología decida separarla de su mejor amiga, ¡encima le toca sentarse con el tío más extraño y siniestro de clase! ¡O del instituto entero! Y hacer un trabajo con él. ¿Podría ser peor? Parece que sí; en los últimos días se siente perseguida por un extraño con pasamontañas y un chico que le provoca más escalofríos que Patch no deja de aparecer en escena cuando menos se lo espera.

A valoración de Ana Doval:

La trama es bastante original, aunque los personajes, exceptuando los principales, son algo planos. La historia mantiene el suspense hasta el final: hasta casi la última línea no sabemo quién es realmente de confianza y quién no. Las historias de los personajes, aunque algunas más maduras que otras, no sobrepasan la edad de los 18 años, y en ocasiones tienden a degenerara a un campo excesivamente juvenil.
La forma que tiene la escritora de meter al lector en el tema principal es bastante absurda porque no aparece  hasta mucho después de la mitad del libro. Hasta entonces solo tenemos breves alusiones por las que la autora pasa casi de puntillas.
Está bien como libro juvenil, amor y algo de misterio, pero si se busca un libro con un combate apoteósico, mejor cambiar el chip, porque no tiene nada que ver.

20/12/11

Bibliotecas escolares e municipais de luxo


As bibliotecas galegas xogan na primeira liga da cultura e o traballo ben feito. E afortunadamente vailles chegando o recoñecemento. Hai uns día soubemos que nada menos que seis bibliotecas escolares galegas saíran premiadas no Concurso Nacional de boas prácticas para bibliotecas escolares 2011, do Ministerio de Educación. Unha desas bibliotecas, a do CEIP de A Lama (Pontevedra)  conseguiu o primeiro premio na modalidade A, que comprende centros de infantil e primaria. Botádelle unha ollada ao blog desta biblioteca, O recanto de Leo, veredes que alma de lectores e artistas teñen estes pequenos e pequenas. En fin, que temos que estar orgullos@s do bo funcionamento das nosas bibliotecas e, por suposto, aproveitar as oportunidades que nos brindan. Nós desde  este blog enviámoslle a nosa felicitación a todo o persoal das bibliotecas premiadas, e aos seus alumnos e alumnas. Noraboa e a seguir traballando tanto e tan ben.


E encantadas estamos tamén de lles mandar a nosa máis entusiasta noraboa ás  bibliotecas municipais de Oleiros por outro recente primeiro premio que acaban de gañar: o  María Moliner, o máis importante galardón que pode recibir unha biblioteca neste país. Neste caso, o María Moliner considerou que o proxecto de animación á lectura que presentaron as bibliotecas oleirenses era o mellor de todo o estado. O tal proxecto titúlase Lecturas refrescantes. Podedes consultalo clicando no link correspondente.


15/12/11

Unha portada do século XXI

A imaxe que vedes aquí corresponde á portada dun libro que a editorial UK Publisher Walker Books sacará no vindeiro mes de febreiro. Como podedes comprobar, a novela titúlase Daylight saving e o seu autor é Edward Hogan. E preguntarédesvos que ten esta obriña de particular que mereza o honor de traela a este o noso insigne blog. Pois de momento, non ten máis cas aparencias, que ás veces tamén contan. O caso é que os publicistas da editorial, ou que sexa que se encarga desas cousas na editorial en cuestión, tivo a feliz idea de facer unha portada interactiva que chamase a atención dos internautas impenitentes coma min. E este mesmo post é proba "fehaciente" de que o conseguiu. Se queredes comprobar que me gustou desta novedosa portada, probade a pasar o rato por riba da imaxe e veredes que pasa.

 


13/12/11

Haberá primavera



Permitídeme que me poña hoxe en plan "centro comercial" e vos faga unha suxestión para ver onde e como gastar uns cantos euros nun regalo que vos faga quedar ben se o receptor é amigo da poesía e da música. Confeso que nada máis ler a información que vos pasarei a continuación veume á cabeza precisamente a idea de que ía ser un bo regalo para algúns dos meus familiares. Refírome ao libro disco titulado Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións no que o músico César Morán canta catorce poemas de Álvaro Cunqueiro e un tema propio. O disco vén acompañado por un libriño de 56 páxinas. O conxunto costa 29 euros.
Se queredes saber máis sobre esta obra, remítovos á páxina de culturagalega.org onde atopei a información e, claro, ao vídeo que inserto neste post, que vos permitirá escoitar un dos temas do disco cantado en directo por César Morán.

Outra boa idea para regalar: "Destino Hërgüss", de Manuel Cráneo

Voume atrever a facervos outra suxestión de regalo para estas próximas festas navideñas, antes de que me cheguen voces censoras acusándome, con razón, de promover desde este blog o consumo inmoderado de produtos "prescindibles" (isto último dito con moitos reparos). Vaia por diante a miña declaración de culpa, o meu nulo arrepentimento e a total ausencia de propósito de enmenda. Porque penso que paga a pena gastar uns cantos euros nun libro, porque me gusta recibir libros como regalo e porque hai tantos libros e tan interesantes que me parece preferible aforrar noutros capítulos menos apremiantes. En calqueira caso, lembrade que na biblioteca os libros son gratis e que estamos sempre encantadísimas de volos prestar. Pero, ao que íamos, quería contarvos que lin hai uns días en culturagalega.org que Manuel Cráneo vai sacar neste mes decembro un álbum de ciencia ficción que se titulará Destino Hërgüss. Non son particularmente fan da ciencia ficción, pero moitos dos usuarios e usuarias desta biblioteca si o son e daquela esta información pode serlles de proveito. Di culturagalega.org:
  Destino Hërgüss é unha obra de entre setenta e oitenta páxinas que Cráneo ambienta no Planeta Mincha, na que tamén se sitúan os contos infantís que está a publicar con Everest. Desta volta, a BD narra o xeito no que o doutor Pichük, protagonista da serie de contos, consegue o seu traballo no Ministerio de Ciencia do planeta. "É unha obra dirixida a un público máis ben xuvenil e adulto, que emprega outro rexistro ao dos contos", sinala o autor.
Máis información:  culturagalega.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...