29/11/11

Letras vivas

As letras cobran vida neste vídeo titulado The Alphabet 2 que  n9v colocou en vimeo. Eu souben del a través de librosfera, gústoume e tróuxeno aquí.


Maite Carranza gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil cunha obra dedicaca ás mulleres que sofren



Maite Carranza gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra titulada  Paraules emmetzinades. Escrita en catalán e traducida xa a galego, castelán e basco,  Paraules emmetzinades trata un tema delicado e inquietante: os abusos sexuais infantís.
Copio a sinopsis de Paraules emmetzinades da páxina da editorial Edebé, de onde podedes descargar o primeiro capítulo da novela:
Palabras envenenadas es una crónica de un día trepidante, vivido a contrarreloj y protagonizado por tres personas cercanas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa y violentamente cuando tenía quince años. Un enigma que, después de cuatro años sin resolverse, va a verse sacudido por nuevas claves. A veces, la verdad permanece oculta en la oscuridad y sólo se ilumina al abrir una ventana. Una historia de mentiras, secretos, engaños y falsas apariencias que pone el dedo en la llaga sobre mitos incuestionables. Un relato apasionante que disecciona la hipocresía de la sociedad española moderna. Una denuncia valiente de los abusos sexuales en la infancia, sus devastadoras consecuencias y su invisibilidad en este acomodado mundo nuestro.

Vía: Lecturalia

22/11/11

O capítulo 1 de "La invención de Hugo Cabret"

Se queredes probar a que sabe La invención de Hugo Cabret, tendes a continuación unha mostra que traio de Issuu.Trátase do primeiro capítulo da novela. O resto, na biblioteca, á vosa disposición.

Hugo chega ao cine

Vexo  en The presurfer unha listaxe do que eles (a xente de Presurfer, quero dicir) consideran as quince mellores películas que se estrearán nos Estados Unidos nas próximas festas do Nadal e chámame a atención unha delas de título breve e familiar: Hugo. Trátase dunha adaptación ao cine, dirixida por Martin Scorsese, nada menos, dunha encantadora noveliña ilustrada que se titula La invención de Hugo Cabret.
E como me pareceu que toda esta información era boa, tróuxena aquí.
Atención: polo visto, Hugo non aparecerá polas nosas costas ata o mes de xaneiro. Mentras tanto, podedes ir lendo a noveliña que gardamos para vós na bliblioteca.
Páxina oficial da película: hugomovie.
E a continuación o tráiler en español:


Lecturas para pasar o inverno

Igual que a formiga da fábula  se afana en atesourar provisións para non pasar fame e mellor levar o longo inverno, así nós andamos de acó para aló mercando libros que  satisfagan o non menos urxente  apetito lector  dos usuarios/as da nosa biblioteca e lles permitan pasar os meses de frío e mal tempo ben "pertrechados" contra o aburrimento e a apatía.
Móstrovos, logo, a continuación unha presa de libros que acaban de chegar  e permítome repetir unha advertencia, que os improbables lectores deste blog estarán cansos de me oír cada vez que toco o tema das novidades: os títulos que veredes a continuación non son todos os que se incorporan este mes ás baldas da biblioteca, hai máis, uns cantos máis. Pasade pola mesa de novidades, á entrada da biblioteca, botádelle unha ollada e etc, etc, etc.
















15/11/11

Estreamos cartel

Permitídeme que vos presente outra obra de arte que lle debemos, unha vez máis, á técnica e inspiración de Manuel Álvarez. Trátase dun cartel que vos recorda que a biblioteca existe e está ao voso servicio. Vou buscarlle un tamaño axeitado e colocalo neste blogue  no widget  que da acceso ao catálogo online da nosa biblioteca. De momento, védelo aquí neste mesmo post.

Un mar de lecturas

Os clubs de lectura están a piques de comenzar as súas actividades: só nos queda recibir  as ducias de libros que temos encargados e que nos permitirán atender a entusiasta demanda que felizmente nos desborda este curso. En canto cheguen, xa estaremos en condición de poñer proa cara ós nosos respectivos destinos lectores.  Aproveitade, logo, estes días en que non empezou a "temporada alta" de exames e notas e apuntádevos ao club de lectura que vos corresponda (ou a outro, que niso non nos imos poñer tiquismiquis): augurámosvos unha viaxe divertida e proveitosa.

E voilà os títulos que imos ler neste trimestre:

La isla de los delfines azules, de Scott O'Dell para 1º e 2º de ESO.

Ollos de auga, de Domingo Villar, para 3º e 4º de ESO.

Ardiente deseo, de Stefan Zweig, para 1º e 2º de bacharelato

Por último, pídovos un aplauso para o fermoso cartel que Manuel Álvarez elaborou para animar e anunciar a convocatoria dos clubs de lectura deste curso. Sostén Manuel  que a súa obra non é enteiramente orixinal, que se inspirou nun anuncio que viu hai uns cantos anos na rúa dunha cidade  alemana. Daquela compre que dediquemos tamén o noso aplauso ao autor ou autora alemán do cartel inspirador. Vaia logo tamén para el ou ela o noso recoñecemento.

9/11/11

Libro vello, vida nova

Atopei no blogue Nosololibros estas preciosas esculturas do artista norteamericano Brian Dettmer. Como podedes apreciar, están todas elas feitas con material impreso: libros, atlas, enciclopedias, dicionarios, folletos, etc. que o artista recorta e pega ata crear intrincadas figuras tridimensionais. A continuación cópiovos as imaxes que recollía Nosololibros ao tempo que me permito aconsellarvos que deades unha volta pola  galería de Brian Dettmer    para contemplar outros logradísimos traballos deste artista.










8/11/11

El Templo de las Mil Puertas

Queridos lectores e lectoras de primeiro de ESO, quero presentarvos hoxe unha páxina web  que a xente da biblioteca visitamos con certa frecuencia  e na que ides atopar pilas e pilas de libros, de todos os xéneros e para todos os gustos, reseñados por lectores mozos e entusiastas coma vós. Trátase de  El Templo de las Mil Puertas, unha revista de literatura xuvenil que vai xa polo número vintetrés e que vos permitirá estar ao día no que se refire á literatura xuvenil en castelán. Clicade logo no nome da revista e contádeme que vos parece, se o tendes a ben.

Pasarela de outono 2011

Estas son só algunhas das novidades que vos temos preparadas para este outono lector.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...