31/5/11

Los libros son como los amigos, no siempre es el mejor el que más nos gusta
Jacinto Benavente

Sara Rodríguez recomenda "Canciones para Paula"

Procedencia da imaxe

 Sara Rodríguez, alumna de primeiro de ESO felizmente aqueixada dunha insaciable afección a ler e a escribir, prégame que vos transmita a súa recomendación por un libro que leu recentemente e que lle encantou. Ao igual que Antón, do cal víamos hai pouco a reseña de Eragon, Sara publicou o seu comentario no blogue La caracola. De alí a saco eu e aquí volo deixo. E remato anunciándovos que próximamente daremoslle cabida aos comentarios entusiastas de Alba, outra alumna de 1º de ESO, fan entusiasta (valga a redundancia) do xenial Terry Prachett.

Esta novela gustoume moito.  Paula, a protagonista da historia, é a protagonista dun triángulo amoroso:
Vai coñecer ao seu cibermozo, Anxo, en persoa. Chega a primeira ao lugar da cita e, como el tarda moito, entra nunha cafetaría próxima, onde coñece a Álex, un novo escritor e saxofonista que está lendo o mesmo libro que ela ao mesmo tempo que escribe outro. Álex ten que marchar da cafetaría rapidamente para ir á clase.

Inés, a medio irmán de Álex, vaise a vivir con el e tenta conquistalo, xa que non son do mesmo sangue. Pero o que Inés non sabe é que Álex está perdidamente namorado de Paula.

Diana, amiga de Paula, namórase de Mario, irmán de Miriam, a súa mellor amiga, e amigo da infancia de Paula. O que Diana descoñece é que Mario está locamente namorado de Paula.

Katia, unha exitosa cantante, é entrevistada por Anxo e namórase locamente del e tenta conquistalo, pero el dille unha e outra vez que non a quere, que el ama a Paula. Aínda así, Anxo sente algo por Katia.

Paula, pola súa banda, está a saír con Ángely no único que se centra é nel, no exame de Matemáticas do xoves e no sábado, xa que ese día cumprirá 17 anos e, polo visto, perderá a virxinidade con Anxo.

Se queres saber máis sobre os personaxes ou a historia, visita a web oficial de Canciones para Paula.

27/5/11

Un glog para ler

Pedinlle prestado a Marisa, a profesora de lingua galega,  o glog tan bonito que vedes neste post e que levaba algún tempo publicado no seu blogue Enredando coas palabras. Tivo a amabilidade de mo prestar e aquí volo deixo para que o vexades: loce moito e ademais contén recomendacións de lectura moi proveitosas. Certo é que estas recomendacións están pensadas ex profeso para xente de 1º de ESO, pero na biblioteca non vos  imos pedir o carné (polo menos non o de identidade) se queredes levar calquera libro dos que aquí  temos. E copio tamén, xa que me deixa Marisa, a presentación do seu glog. Reza tal que así:

O Señor dos Aneis, de Tolkien;  Cairo Branco, de Jack London;  A escura luz do Tíber, de Lola Gándara;  O príncipe da brétema, de Carlos Ruíz Zafón;  A volta ao mundo en 80 días, de Jules Verne; Carne de pedra, de Cornelia Funke... Libros clásicos e actuais para que poidas elixir.   Mira de que trata cada un e anímate a lelos. Están a agardarte na biblioteca. Pasarás momentos inesquecibles.

26/5/11

Puntadas solidarias para celebrar o 50 cumpreanos de AI

Autorretrato de Colo
Portada do  último número da   revista de A I

A organización Amnistía Internacional cumpre 50 anos, toda unha idade, aínda que neste caso podemos dicir con total propiedade que moi ben levada. Son 50 anos de loita continua polos dereitos humanos e a liberdade de conciencia en todo o mundo. Cincuenta anos merecen unha celebración de certo ringo rango e AI anda por estas datas ocupada en distintos actos conmemorativos, aínda que, hai que dicir, a pompa non é o seu estilo . A min interésame unha "celebración" en particular da que paso a falarvos. A modo de homenaxe, o ilustrador Colo confeccionou un fermosísimo cómic que recolle sucintamente os momentos clave da historia de AI. O que chama a atención do cómic é a laboriosa técnica empregada por Colo. Vou deixar que el mesmo vola expoña citando textualmente declaracións aparecidas en  Salamandragora,  o blogue do artista. Eu só os invito a que contempledes o cómic e vos fixedes na aparente sinxeleza e inxenuidade das imaxes e no efecto estético que conseguen. A min pareceume xenial.


Lo único que dibujé en todo el cómic son los ojillos y las bocas, el resto son hilos de colores cosidos al papel y cartones y papeles de colorines.

Me lo he pasado como un enano, vamos. (Jesús Colomina, Colo)
Podedes descargar a revista de forma gratuíta neste link ( o cómic aparece na páxina 15):     

Revista nº 108. Mayo- Junio de 2011

24/5/11

Antón Rodríguez recomenda a saga "El legado"

Antón, alumno de 1º da ESO, recomenda a lectura da saga "El legado". Se queredes ler o texto orixinal, publicado este curso no blogue La caracola, premede no seguinte link: Recomiendo la saga el legado. Aquí déixovos unha versión traducida por unha servidora, co permiso de Antón, por suposto.

Esta saga consta de catro libros: Eragon, Eldest, Brisingr e un cuarto que aínda non saíu.

Eragon ouvira falar dos Xinetes de Dragón, antigos gobernantes de Alagaësia, pero nunca se imaxinou que se convertería nun Xinete e que tería que loitar contra os homes de Galbatorix, malvado rei de Alagaësia, para acabar co seu reinado. Durante a historia coñece moitos e moi bos amigos, incluíndo a unha elfa, da que se namora.

É unha gran saga e o tres primeiros libros, que son os que  lin, gustáronme moito. Case me esquezo de dicirvos que tamén de fixo unha película do primeiro libro e, aínda que non a vin, sei que non recibiu moi boas críticas.
vía: La caracola

19/5/11

Libros salvados

Varios centros educativos galegos levaron adiante un interesante proxecto titulado Salvando libros. Consiste máis ou menos no seguinte: cada centro "salvou" un libro da literatura galega, clásico ou non tan clásico, incluíu  a razón do tal salvamento e unha pequena cita do libro. Nuns casos o "salvador" é unha persoalidade relevante no panorama cultural galego; noutros, é un alumno ou alumna do propio centro quen se lanza ao rescate da obra literaria. Con todo, confeccionaron unha moi fermosa colección de carteis ilustrada con total acerto por  Jaime Izaguirre Santillán.
Aquí tendes o link para disfrutalo en issuu:


Salvando libros. Centros de secundaria

vía Blog de bibliotecas escolares de Galicia

14/5/11

Caza do tesouro sobre Lois Pereiro

E cortesía tamén do Departamento do Galego do IES María Casares, unha caza do tesouro sobre o poeta monfortino homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.




A vida e a obra de Lois Pereiro

Despois de que Blogger nos tivese dous días a velas vir, volvemos un sábado pola tarde  para mostrarvos un traballo sobre a vida e obra de Lois Pereiro elaborado polo departamento de galego do noso instituto e publicado no blogue de 1º da ESO Enredando coas palabras. Preme na imaxe para lelo.

12/5/11

"La vuelta al mundo en 80 días" remata en Glogster

O club de lectura de 1º de ESO está estes días enredado en, entre outras, dúas tarefas: rematar de ler "La vuelta al mundo en 80 días" e aprender a facer "glogsters". De momento, a nova ferramenta preséntalles algunhas dificultades, pero como sabemos que son xente expelida, seguro que non han tardar moito en dominala por completo. Para animalos, publicamos aquí o primeiro froito dos seus esforzos (se clicades na imaxe veredes o póster no tamaño orixinal) coa promesa de lle dar cabida a todas as demais obras de arte  que saian das mans, ratos e pantallas de todos os membros (e membras?) do club.

10/5/11

Cando a arte está polo chan

Por unha vez ímosvos pedir que pousedes o libro que estades lendo e vos paredes a contemplar estas marabillas de arte rueira que andan repartidas por diferentes lugares do mundo. Trátase de composicións pictóricas creadas para cautivar a vista humana cunhas perspectivas que quitan o alento. Atopámolas en honkiat.com, un blogue moi recomendable pola calidade dos seus contidos. Copio continuación un fragmento do texto (en inglés) que acompaña ao post que reproduce as 50 composicións máis espectaculares deste tipo de arte e que titulan, non sorprendentemente, 50 More Breathtaking 3d Street Art (paintings) :



3d Street Art paintings have been around since the sixteenth century when Italian Renaissance Madonnari and French trompe l’oeil (French for ‘deceive the eye’) painters created stunning murals to decorate the interior walls of luxurious villas. 3d art can also trace it’s routes further back to ancient Greek days when painter Zeuxius (born around 464BC) painted a still life painting so convincing that birds flew down from the sky to peck at the painted grapes. The magic of 3d is created by painting a 2d picture and viewing it from a specific angle to capture the right perspective. 
E para rematar, unha mostra de esta arte , absolutamente breathtaking. Se queredes velas todas clikade no link que vos proporcionamos neste mesmo post, of course.

5/5/11

Lucía Souto recomenda "El señor del cero", de Isabel Molina

Lucía Souto, alumna de 3º A, envíanos unha nova suxestión de lectura.Trátase esta vez da novela histórica que leva por título "El señor del Cero", escrita por Isabel Molina e publicada pola editorial Alfaguara. Agradecémoslle a Lucía a súa colaboración e aproveitamos para invitarvos unha vez máis a que fagades outro tanto e nos contedes que lestes, por que e con que consecuencias. Con todas as vosas suxestións elaborariamos un folleto de "lecturas recomendadas" para o verán.



Procedencia da imaxe
A continuación, a recomendación de Lucía:
Es un libro fascinante en el cual descubres la forma de vida en el siglo X. Puedes ver cómo funcionaban los monasterios del norte de España y las formas de cálculo que había en aquel tiempo. También te muestra las diferentes costumbres musulmanas y cristianas.
Es una de las novelas históricas que más me ha gustado. Se la recomiendo a todos/as aquellos/as que tengan interés sobre los antiguos habitantes de nuestro país.

3/5/11

Viaxe a Norwich

Pedímoslle ao grupo de xente de 3º de ESO que viaxou a Norwich no mes de marzo que nos contara que tal lles fora na súa viaxe. Cinco rapazas que formaban parte da académica expedición tiveron a ben atender o noso requerimento e contestaron. E vaia se contestaron: en bilingüe, para que quede claro que sacan proveito do aprendido e non andan por aí perdendo o tempo. Así que o equipo da biblioteca agradécelles a Cristina, Celia, Andrea, Irene e Marta o seu minucioso relato da estancia en Norwich, feito, como poderedes comprobar inmediatamente, co esmero e rigor que cabe esperar dunha crónica periodística.

Saímos de Coruña o 27 de marzo despois de comer. Chegamos a Heathrow preto das catro, e despois collimos un bus e chegamos a Norwich tres horas máis tarde. Alí esperábannos as nosas familias para logo levarnos ás casas.
Todos os días íamos á academia desde as 9:00 ata as 12:30 da mañá, cun recreo polo medio. Estabamos cun grupo de madrileños e dividíronnos en tres grupos. Nas clases facíamos xogos e actividades como contruír o noso país. Ao saír da academia tíñamos unha hora e media para comer os packed lunch que nos daba a familia e dar un paseo pola cidade. Vimos unha das catedrais, o castelo, o río, a parte antiga da cidade, centros comerciais…
Logo deste tempo libre facíamos un tour por Norwich co noso guía Matt. E cando rematábamos, tíñamos un pouco de tempo libre, no que  a maioría ía de compras, ata que collíamos os nosos respectivos buses para ir cear coas familias.
O mércores erguémonos máis pronto do normal para coller o bus cara Londres. Facía moi bo tempo pero cando íamos comer comezou a chover. Visitamos o Buckinham Palace, St. James Park, o Big Ben, o parlamento, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilli, Trafalgar Square, o London Eye e a torre de Londres.
O venres levantámonos máis tarde e as nosas familias leváronnos ao punto de encontro no que collimos o bus para ir a Heathrow.


Trip to Norwich

We left Coruña on 27th March after lunch. We arrived at Heathrow at four o’clock, and then we took a bus and went to Norwich three hours later. There the families were waiting for us to take us home.
Everyday we went to the academy since 9:00 to 12:30 in the morning. We had a break in the middle of the lessons. We were with a group of students from Madrid and they divided us in three groups. In the lessons we played games and activities like build our country. When we left the academy, we had an hour and a half to eat the packed lunch that the family gave us and a walk around the city. We visited the cathedral, the castle, the river, the old part of the city, shopping centers…
After this free time we did a tour around Norwich with our leader Matt. When we finished it, we had another free time, in which the most of us went shopping, until we took our buses to have dinner with the host families.
On Wednesday, we got up earlier to catch the bus to London. The weather was great but when we were going to have lunch it started to rain. We visited the Buckinham Palace, St. James Park, the Big Ben, the parliament, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilly, Trafalgar Square, the London Eye and the London Tower.
On Friday we got up later and our families took us to the meeting-point where we took the bus to Heathrow.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...