28/4/11

Todo el mundo me dice que tengo que hacer ejercicio. Que es bueno para mi salud. Pero nunca he escuchado a nadie que le diga a un deportista: "Tienes que leer".
José Saramago

Fotografía de Carlos Álvarez/Getty Images, procedente do blogue Casi un objeto

Un folleto para viaxar en primeira clase

Xa leva algún tempo publicado en issuu  o  folleto de viaxes literarias que hoxe traio a este blogue. Confeccioneino coa idea de o repartir na semana cultural que este anos imos dedicar ás viaxes. A min viaxar gústame e cánsame ao mesmo tempo: tanto aeroporto cos seus cada vez máis engorrosos trámites, tanta habitación de hotel que parecía tan glamurosa no Tripadvisor e logo resulta do máis cutre... Pero o que non me cansa nunca son os libros de viaxes, eses que che permiten viaxar a Nova Zelanda, por nomer un sitio que está ben lonxe, sen te mover do sofá. Así que uns cantos deses teño lidos. Aínda así, non me inspirei só nas miñas lecturas para confeccionar este folleto, por aquelo de que moitas delas podían non resultar  moi apropiadas para a xente nova. Así que fun a "El Templo de las Mil Puertas", consultei  a reportaxe que nun dos seus números  dedica á literatura xuvenil de viaxes (disculpádeme que non me lembre agora mesmo do número exacto, prometo comprobalo e incorporar o link a outro post de aquí a pouco), boteille unha ollada ao catálogo da nosa biblioteca para comprobar que tiñamos e que non e para rematar pedinlles ás profesoras que forman o equipo da biblioteca que me indicaran algún título imprescindible.Con toda esa información rematei o folleto que hoxe vos presento e que espero que vos sirva de inspiración para as vosas particulares viaxes literarias.

26/4/11

Xa temos cartel

Xa temos un cartel para a exposición de libros de viaxes da que vos falabamos hai un tempo. Débese o tal cartel á inspiración e boa técnica de Manuel Álvarez.As e os participantes no club de lectura de 1º de bacharelato recoñeceredes nas pólas e follas da árbore nomes de lugares, referencias literarias, títulos de obras e autores  que poboan o  libro Vagabundo en África, de Javier Reverte. E no tronco, portadas : a do propio libro de Reverte e as de outros que lle serviron de inspiración. Como non tiven arte nin parte neste cartel, podo dicir desde este blogue, e sen que pareza autobombo, que nos quedou ben bonito.

14/4/11

Clubs de lectura: por África e arredor do mundo

Procedencia de la imaxe

Os clubs de lectura van vento en popa. Non podía ser doutra maneira tendo en conta que dispoñen dunha tripulación de primeira: rapaces e rapazas curtidos na arte de navegar as páxinas dos libros, que saben manter firme o rumbo da lectura sen perder nunca de vista por onde e cara onde van. Así que repito: tripulación de primeira. E digo máis: e de primeiro. Porque son dous grupos, un de primeiro de bacharelato e o outro de primeiro de ESO os que se alistaron para viaxar, literariamente esta vez, con Javier Reverte e Xulio Verne, nada menos. Reverte leva aos maiores a percorrer o continente africano polas páxinas do seu Vagabundo en África.O grupo de ESO, pola súa banda, meteuse de cheo en A volta ao mundo en 80 días na compaña de Phileas Fogg e a súa tropa. Sei de boa tinta que están estes dias facendo a travesía Hong Kong - Xapón. Teredes máis novas súas á volta das vacacións.

Procedencia da imaxe

Preparando unha viaxe polos libros

Para moita xente, o mellor das viaxes é o tempo que as antecede, a súa  preparación, cando se nos fai a boca auga pensando nos sitios que imos coñecer, a xente coa que nos imos  atopar... Pois ben, nesa fase estamos nós na biblioteca do María Casares: preparando unha viaxe polos libros de viaxe (desculpádeme a redundancia) para preparar con eles unha exposición que pensamos poñer en marcha no mes de maio. Encántanos ir escoitando as suxestións de uns e outros, explorar os contidos dos libros que temos na biblioteca, "navegar" (que metáfora tan ad hoc!) por Internet na procura de novidades para incorporar á nosa exposición. E navegando, navegando Eva atopou un post no blog arrodeio cun poema de Gabriel García Márquez e unha ilustración anónima, ambas cousas moi apropiadas para preparar os ánimos viaxeiros. Reproducimos todo iso a continuación.


Viajar es marcharse de casa
es dejar a los amigos,
es intentar volar.
Volar conociendo otras ramas,
recorriendo caminos
es intentar cambiar.
Viajar es vestirse de loco,
es decir “no me importa”
es querer regresar.
Regresar valorando lo poco,
saboreando una copa,
es desear empezar.
Viajar es sentirse poeta,
escribir una carta,
es querer abrazar.
Abrazar al llegar a una puerta,
añorando la calma,
es dejarse besar.
Viajar es volverse mundando,
es concoer otra gente,
es volver a empezar.
Empezar extenidendo la mano,
aprendiendo del fuerte,
es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa,
es vestirse de loco,
diciendo todo y nada
con una postal.
Es dormir en otra cama,
sentir que el tiempo es corto.
¡Viajar es regresar!
Gabriel García Márquez

VIAJAR E’ TAO MELHOR QUE A VIDA REAL…

12/4/11

"El médico" cumpre 25 anos


Hoxe o xornal El País publica, ademais da inquietantes novas sobre a central de Fukushima, unha entrevista cun escritor do que falamos hai pouco nas clases de 2º de ESO a propósito da novela histórica . Refírome a Noah Gordon, o celebrado autor da novela El médico, obra que o entrevistador de El País considera "o primeiro bestseller global" (discutible). Se queredes saber máis do autor e da súa obra invítovos a que leades a entrevista completa. E se vos apetece sumarmos aos millóns de persoas que en todo o mundo leron El médico, recórdovos que na biblioteca temos varios exemplares esperando por vós. Para que vos fagades unha idea do contido do libro, cópiovos tres parágrafos da contraportada da edición de Ediciones B:

Esta deslumbrante epopeya describe la pasión de un hombre del siglo XI por vencer la enfernedad y la muerte, aliviar el dolor de sus semejantes e impartir el don de sanar, casi místico, que le ha sido otorgado. Es una pasión que le llevará desde la brutalidad y la ignorancia de la Inglaterra de su época a la sensual turbulencia y el esplendor de la Persia remota.

Una pasión cuyo conjuro resucita para nosotros un mundo exótico, bárbaro, pero también exquisito, donde el legendario maestro Avicena, Ibn Sina para los suyos, está experimentado con las primeras armas de la medicina moderna.
El interés por la nueva ciencia hará que el londinense Rob Cole se finja judío, aprenda las costumbres, la religión y la lengua hebraicas y bajo un arriesgado disfraz emprenda el larguísimo viaje a Oriente que cambiará para siempre su vida.

7/4/11

Autores e libros que tiveron premio

De Exposición "Día Internacional do libro Infantil"

De 05/04/2011
O día 2 de abril (onde el vai, diredes) celebrouse o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" e na biblioteca pensamos que era unha boa idea a que puxeron en práctica na biblioteca municipal de Lorbé. Permitídeme un inciso: as bibliotecas municipais de Oleiros son unha fonte de inspiración para nós, temos que dicilo, non paran de programar actividades a cada cal máis interesante; vaian desde aquí os nosos parabéns para a xente que as xestiona. Rematado o inciso, sigo. Dicíavos que na biblioteca municipal de Lorbé montaron unha pequena exposición bibliográfica con títulos que conseguiron os premios Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o Premio Andersen. Deses temos uns cantos na nosa biblioteca e ocorréusenos que podiamos facer outro tanto e montar nós tamén unha mostra similar. Pepe e Eva puxéronse mans á obra e o resultado podédelo ver en parte nas fotografías coas que arranca este post. E aínda que pasou o día, por esta vez non pasou a romaría: a exposición segue e manterase ata finais da semana que vén. Pasade logo pola biblioteca se queredes curiosear e comprobar quen é quen no mundo dos premios da literatura para xente nova.

5/4/11

Volve Jane Eyre




"Hay libros, aquellos que se leen en un momento crucial de la vida, que sacan de nosotros nuestro mejor yo, o que nos ayudan a reconocer lo que somos y no lo que los demás quieren que seamos". A cita é de Elvira Lindo e está sacada do artigo que esta escritora publicou o domingo pasado no xornal El País a propósito da impresión que lle causou, sendo aínda unha nena de doce ou trece anos, a lectura de Jane Eyre, a xenial novela da  escritora inglesa Charlotte Brontë. A  protagonista desta obra é primeiro unha nena maltratada e despreciada que, cito a Elvira Lindo, "consegue manter a dignidade e o desexo de actuar segundo a súa conciencia". Logo convértese nunha muller apaixoada, valente e decidida que se enfronta a unha sociedade hostil, nada inclinada a respetar e ter en consideración ás mulleres, por moi listas que fosen, case poderiamos dicir que especialmente se eran listas. Di Elvira Lindo: "Me pregunto cuántas veces en la vida una mujer se ve forzada a ser Jane Eyre, a defenderse del atropello, de la falta de respeto, de la condescendencia, y cuánto hay que agradecerle su ejemplo de valentía y arrojo, aun cuando la realidad está en su contra desde el nacimiento". Remata a escritora gaditana invitando aos homes da súa xeneración, que se cadra non leron Jane Eyre por considerala "literatura de mulleres" a que se atrevan agora a lela. Eu, que  comparto de pe a pa o entusiasmo de Elvira Lindo por Jane Eyre, permítome invitarvos tamén a tod@s vós a que leades esta obra, se aínda non o fixestes. E, por que non, a que esteades atentos ao estreno por estas terras da nova versión cinematográfica da obra de Brontë: paréceme tamén moi atractiva. Déixovos o tráiler (en inglés) para que vos fagades unha idea.



Artigo completo: La mujer valiente, por Elvira Lindo
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...