31/3/11

Paula Fernández recomenda "Tres hermanos", de Elizabeth George

procedencia da imaxe

Paula Fernández Rivera de 3º C tivo a amabilidade de nos enviar a reseña dunha das súas últimas lecturas. Trátase da obra de Elizabeth George titulada Tres hermanos. Cópiovos a continuación a reseña e aproveito para vos invitar a seguir o exemplo de Paula e Lucía e contarnos que libros ledes, cales vos  gustan  máis e por que. Xa o sabedes, pero repetímolo: estaremos encantadas de publicar as vosas colaboracións neste blogue

Me gustó mucho porque era otro tipo de lectura distinta a la que estaba acostumbrada, ya que hablaba de temas nuevos para mí, que nunca había leído en ningún libro de clase. Además creo que sirve de ejemplo para saber lo que está bien y lo que está mal y el problema gravísimo que causan las drogas en las personas. También cómo los distintos tipos de personas y razas intentan convivir en la misma sociedad. Cómo un familia tan problemática pone todos los medios que tiene para que todo salga bien y aún así las cosas salen mal y la vida se hace todavía más dura para los personajes de esta novela

29/3/11

Lugares propicios á lectura



Entérome por dúas vías distintas, o blogue das Bibliotecas escolares de Galicia e El  blog de libros y bitios, de sendas iniciativas relacionadas cos espazos nos que lemos. Gústame especialmente a que refire o noso blogue mestre. Levárona adiante no CEIP O Ramo, de Fene e consiste na decoración e posta a punto recuncho moi acolledor, como podedes ver na imaxe, pensado para que os pais e nais que acoden ao centro poidan ler mentras agardan pola correspondente entrevista ou o que sexa que veñen facer ao centro. Isto é o que se chama unha idea exportable. Tomemos nota

A outra iniciativa é simpática e desenfadada. Tráea a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e consiste na creación dunha páxina web  a onde podes mandar a foto do teu lugar de lectura habitual ou favorito. A páxina titúlase Dónde lees tú e escuso dicirvos que contén fotografías moi variadas, dende a previsible "taza" do váter ata bucólicos cornechos con árbores, flores e  paxariños. A foto que está tomada  no aeroporto de Berlín, lugar nada bucólico, pero bastante propicio á lectura, polo que se ve.



Lucía Souto recomenda "Tres metros sobre el cielo", de Federico Moccia

Lucía Souto Tizón, alumna de 3º de ESO A recoméndanos o libro de Federico Moccia Tres metros sobre el cielo. Lede a continuación o comentario que Lucía nos enviou.
   Este libro no está mal. No tiene un vocabulario culto, del que puedas aprender, sino que utiliza un léxico típico de la gente joven para explicar sus acciones. Es una obra para adolescentes en la que se describe el primer gran amor que se tiene en la vida. También pretende mostrar mundos completamente distintos y el carácter y forma de ser de las personas que pertenecen a cada uno de ellos. Se lo recomiendo a aquellos/as de mi edad aproximadamente que sean románticos, ya que esto es algo que le sobra a la novela, incluso el autor ha elegido Roma para desarrollar los hechos, una ciudad llena de amor.

26/3/11

Os 50 poemas máis populares en lingua castelá, con algunhas incursións (poucas) das linguas minoritarias



Leo no blogue Algún día en alguna parte unha entrada antiga, de hai tres anos, publicada con motivo  do Día Mundial da Poesía. Á parte doutras consideracións, ofrécenos o autor do blogue unha relación de cincuenta poemas, os mellores escritos en lingua castelá, segundo os  lectores da revista Qué leer (de ligazón imposible) que os seleccionaron vía Internet aló polo ano 2003. Ben sei que de gustibus non est disputandum, pero eu voume atrever a facer aquí un exercicio de puerilidade e a poñerlle algunhas pegas á selección gañadora. A primeira, os cincuenta poemas en lingua castelá son en realidade 47, posto que tres están noutras linguas, peninsulares tamén, pero outras linguas. Por outra banda, hai na listaxe ausencias moi rechamantes. Por exemplo, Quevedo (con ampla e variada produción) e o meu admirado Ángel González, sen ir máis lonxe.  De calquera xeito,  interésanos neste blogue saber que gusta por aí en materia de poesía. Por ese motivo, e por compartir convosco este chisco de información,  cópiovos a continuación  a listaxe gañadora e deixo o tema das preferencias en materia de poesía aberto a discusión.


Lista de 50 poemas del milenio:

24/3/11

As mulleres do Quixote cobran vida

Grazas a unha iniciativa das bibliotecas municipais de Oleiros, loadas sexan, os alumnos e alumnas de 1º e 2º  de bacharelato asistiron, os primeiros o día 21 e os outros o 22, a unha dramatización de varias pasaxes de "Don Quijote" a cargo da actriz Soledad Felloza. Viñeron encantados de contemplar a actuación desta artista e contando  marabillas da súa capacidade para insuflarlle vida e enerxía aos xa de por si enérxicos personaxes femeninos que poboan a obra de Cervantes. Neste blogue queremos agradecerlles ás bibliotecas municipais a súa iniciativa e manifestar o noso desexo de que teñan moitas como esta.
A noticia no blogue das bibliotecas do concello de Oleiros

21/3/11

Prometemos poesía

De Consumir preferentemente


Comentábamos nun post anterior a calidade dos poemas que aparecen en dous libriños da editorial Anaya, Efectos secundarios e Consumir preferentemente. Cópiovos un poema deste último para que xulguedes por vós mesmos/as.
Prometo
Prometo acostumbrarme a todas tus manías,
por extrañas que sean.
A tu forma de hablarme cuando vuelves de un sueño
y al olor de tus manos cuando picas cebolla.
Prometo acostumbrarme a tu rutina.
A besarte en los cuartos y las medias.
A llamarte los martes y domingos.
A abrazarte sin ganas. Y a enfadarme por todo.
A reír cuando sueñas. A soñar cuando ríes.
Prometo acostrumbrarme a tus manías.
Y a tu barra de labios.
Y al panal de tus ojos.
Y a tu sombra planchada.
Y prometo ser dulce cuando llegue el momento.
Perfumar tu cabello con jarabe de ausencias.
Desliar el deseo que se enreda en tu falda
y contar hasta nueve.
Raúl Vacas

17/3/11

Tres grandes poetas

O suplemento La voz de la escuela, do xornal La Voz de Galicia, recordábanos no seu último número as recomendacións da directora xeral da Unesco, Irina Bokova, a propósito da commemoración do Día Mundial da Poesía. Propón a señora Bokova para o bienio 2010-2011 o estudo de tres grandes poetas: Rabindranath Tagore, Pablo Neruda e Aimé Cesaire, os dous primeiros bastante coñecidos por esta terras, algo menos o último. Magnífica recomendación que intentaremos cumplir ao pé da letra, nunca mellor dito. Na páxina "A media voz", moi recomendable, por certo, temos mostras do xenio poético de Neruda e Tagore. Selecciono desa páxina un precioso poema de cada un deles e cópioo. Deixo para outro post a Aimé Cesaire, que me esixe algo máis traballo de búsqueda de información e selección.



Me dijo bajito: "Amor mío, mírame en los ojos...
Me dijo bajito: "Amor mío, mírame en los ojos.
"Le reñí, agria, y le dije: "Vete." Pero no se fue.
Se vino a mí y me cogía las manos... Yo le dije: "Déjame."
Pero no se fue.

Puso su mejilla en mi oído. Me aparté un poco,
me quedé mirándolo, y le dije: "¿No te da vergüenza?"
Y no se movió. Sus labios rozaron mi mejilla. Me estremecí,
y le dije: "¿Cómo te atreves, di?" Pero no le dio vergüenza.

Me prendió una flor en el pelo. Yo le dije: "¡Es en vano!"
Pero no cedía. Me quitó la guirnalda de mi cuello, y se fue.
Y lloro y lloro, y le pregunto a mi corazón:
"Por qué, por qué no vuelve?"

Rabindranath Tagore


Cuántas veces, amor, te amé sin verte y tal vez sin recuerdo...

Cuántas veces, amor, te amé sin verte y tal vez sin recuerdo,
sin reconocer tu mirada, sin mirarte, centaura,
en regiones contrarias, en un mediodía quemante:
eras sólo el aroma de los cereales que amo.

Tal vez te vi, te supuse al pasar levantando una copa
en Angola, a la luz de la luna de Junio,
o eras tú la cintura de aquella guitarra
que toqué en las tinieblas y sonó como el mar desmedido.

Te amé sin que yo lo supiera, y busqué tu memoria.
En las casas vacías entré con linterna a robar tu retrato.
Pero yo ya sabía cómo era. De pronto

mientras ibas conmigo te toqué y se detuvo mi vida:
frente a mis ojos estabas, reinándome, y reinas.
Como hoguera en los bosques el fuego es tu reino.


Pablo Neruda

15/3/11

Mulleres que gañaron o Premio Nobel de Literatura

X. M. Lores, do  IES San Paio, comunícanos por correo electrónico que acaba de publicar en Internet un traballo acerca das mulleres que gañaron o Premio Nobel de Literatura. Trátase dunha "liña do tempo" na que se citan por orde cronolóxica (a ver que outra orde se  ía seguir, tratándose dunha liña do tempo) os nomes de todas as escritoras que conseguiron o moi prestixioso premio sueco, empezando por Selma Lagerlof , galardonada en 1909, e rematando por Doris Lessing, premiada en 2007. Premendo en cada sección da liña cronolóxica atoparedes máis información sobre as escritoras e unha ligazón para máis saber. Excelente traballo, moi didáctico  e aproveitable para distintas clases. Dámoslle as grazas a X. M. Lores por permitirnos compartilo.

3/3/11

Poesía en primavera

Hai que ir preparando a primavera que se asoma xa ás  pólas das arbores que viven en fronte da nosa biblioteca. E unha boa maneira de se poñer a tono, de estar á altura dos novos tempos casi-primaverales  é lendo e compoñendo poesía. Por esa razón e  para alimentar ás vosas musas, imos traer a este blogue poemas, moitos poemas, poemas a eito, pero con xeito. Moitísimo xeito teñen, por exemplo, estas dúas composicións coas que arranco a temporada primavera verán no que toca á poesía. Localiceinos xa hai uns día  na revista  Imaginaria, e encantáronme. Publicáronse nun libro titulado Efectos secundarios, que vén sendo unha antoloxía poética. Outro libro de poemas, que de momento non lin, pero fareino canto antes, é o de Raúl Vacas titulado De consumir preferentemente. Recomendo e remato: visitade o post de Imaginaria que me serve de fonte porque ademais dos poemas veredes unhas ilustracións preciosas. Como mostra, a que vos copio ao final.

Cansado idioma
Escribes árbol pero no consigues
oír el canto de los pájaros en sus ramas
ni el susurro que le arranca el viento.
Escribes agua pero siguen secas tus manos
y agrietada de sed permanece tu garganta.
Escribes sol pero la noche insiste fuera,
lenta tortuga, cuánto tarda
en resbalar al otro lado del horizonte.
Escribes muerte pero sigues sintiendo
en las sienes el compás del corazón,
rumor de tiempo que avanza o que da vueltas.
Para qué escribir más palabras si el idioma
se cansó y ya no sabe suscitar la lluvia
con la palabra lluvia
ni dar calor con la palabra lumbre.
Juan Bonilla

Posible autorretrato
Yo siempre quise ser una mujer de bien,
ser alguien de provecho, valiente, emprendedora,
mesurada en las fobias, estable en los afectos,
brillante en los estudios, por poner un ejemplo.
Yo siempre quise ser una mujer de bien
y tenerlos a todos felices y contentos,
a mis padres y amigos, a Fulano y Mengano,
a Diestro y a Siniestro…
Pero hay alguien en mí que todo lo estropea,
que tuerce los caminos, equivoca las cosas,
desbarata mis planes, incumple mis promesas.
Alguien que pisa antes que yo sobre mis huellas.
En fin, visto lo visto, ya lo dicen mis padres:
«a este paso, hija mía, no llegarás a nada».
Está bien, os lo debo, lo siento, lo confieso:
aludiendo a un anuncio, no soy como Farala.
Soñadora, insegura, mitómana, algo vaga,
con vocación de hormiga y verano de cigarra,
contradictoria y harta de conciliar extremos
en mi defensa alego
que siempre quise ser una mujer de bien
pero que en su defecto
soy, en el buen sentido de la palabra, mala.
Silvia Ugidos
 Vía: Imaginaria

1/3/11

Lembrando a Lois Pereiro

Acércase a data do Día das Letras Galegas, que este ano honra a memoria de Lois Pereiro, e penso eu que xa vai sendo hora de que lle dediquemos no noso blogue algún que outro post á figura deste celebrado poeta. Empezaremos por un repaso da súa corta vida e obra aproveitando un magnífico LIM que xentilmente pon á nosa disposición Xoaquín Freixeiro, da biblioteca do CEIP Conde de Fenosa, no Barco de Valdeorras (gracias Xoaquín, a ti e a todos os que participastes na elaboración deste excelente traballo). Non me foi posible inserir o libro neste blogue por cuestións técnicas que non puiden ou souben resolver. Pero importa ben pouco, porque o LIM  verase en todo o seu esplendor clicando no seguinte link: Lois Pereiro. Letras Galegas 2001

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...