24/2/11

Cine e literatura



Pola presente invitámosvos a visitar unha pequena exposición que temos montado na biblioteca sobre literatura e cine. Non vos levará moito tempo: son apenas un puñadiño de títulos, unha mostra só, da oferta que ponemos, como non podía ser doutro xeito, á vosa disposición. Permitídeme que destaque de todos os títulos expostos, o de Invictus, película comentada hai pouco neste blogue e que acaba de chegar á nosa biblioteca.

23/2/11

Diario de un adolescente sensato


Procedencia da imaxe

Nos anos cincuenta fixeron furor os discos dedicados. Funcionaban tal que así: chamabas á emisora de radio, seleccionabas unha canción de entre as que che propoñían, indicabas a quen querías dedicarlla,  pagabas unhas cinco pesetas e listo: no programa correspondente aparecía a túa dedicatoria xunto con outra pila delas precedendo á emisión da canción seleccionada. Vén a conto o asunto este dos discos dedicados a que levo uns días pensando en lle dedicar un libro, ou máis ben o post do libro, a dúas rapazas de 1º de ESO, Danna e Sara, que hai uns días se interesaron por esta obra da que vos vou falar. Titúlase o tal libro O diario secreto de Adrián Mole, da escritora inglesa Sue Towsend. O seu protagonista é un rapaz de algo máis de 13 anos, un pequeno filósofo resignado, un estoico, que leva un diario no que anota os pormenores da evolución dos seus granos, dos que ten en abundancia, o nacemento do seu amor por Pandora e as relacións cos seus desastrosos pais, entre outros temas. Planeta Lector ofrécenos a seguinte sinopsis do libro, que copio porque lin este libro hai moito tempo e lémbrome de que me pareceu moi divertido pero esquencéronseme os detalles:

  Adrian Mole tiene trece años y medio. También tiene un padre de cuarenta años que no sabe dónde está la parada del autobús, una madre indecisa entre su marido y un vecino, una abuela a la antigua usanza, un compañero que le extorsiona, un perro, una amiga que no parece derretirse por su amor y varias revistas de chicas bajo el colchón. Con un corrosivo sentido del humor, Sue Townsend transcribe las cáusticas impresiones de un adolescente en su diario secreto. 
Igualiño que pasaba cos discos dedicados, que llos dedicaban, perdonádeme a redundancia, a unha persoa pero podíaos escoitar todo o mundo, así este libro que lles recomendo a Danna e Sara  pódeo ler calquera. Non ten máis que acercarse pola biblioteca e coller un dos dous exemplares dos que dispoñemos, un en galego e outro en castelán e podedes atopalo tamén en todas as bibliotecas do concello (comprobeino).

Páxina web do libro (en inglés)

22/2/11

Concurso de banda deseñada



O IES Perdouro, de Burela, convoca a todos aqueles que teñades 18 anos ou menos a un concurso de banda deseñada. As obras teñen que estar en galego e ser inéditas. Inclúo neste post as bases do concurso e recórdovos que podedes entregarnos o voso traballo a calquera das persoas que traballamos na biblioteca e nós encargarémonos de llelo enviar aos compañeir@s de Burela. Un último aviso: o prazo de presentación remata o 1 de abril.


Bases do concurso
blogue do concurso: bandadeseñadablogspot

17/2/11

Silvia Lage recomenda "La Emperatriz de los etéreos", de Laura Gallego


Silvia Lage, alumna de 2º de ESO, envíanos por correo electrónico unha recomendación de lectura que con moito gusto reproducimos a continuación:

Yo os recomiendo el libro "La Emperatriz de los Etéreos" de Laura Gallego
El libro trata de una chica que vive en su pueblo de las montañas y que desde pequeña se lleva mal con un chico de su tribu .Con el tiempo ella se volverá una mujer y él  acabará siendo su promentido. El problema de este chico es que de pequeño había oído hablar de un mundo en el que la gente era etérea, nunca tenía necesidades, y tenían como reina a la Emperatriz de los Etéreos.Un día el chico se escapa de casa buscando a la emperatriz para que le conceda el honor de ser etéreo y, cuando se entera la chica, sale en su busca . En su partida tendrá muchas dificultades para llegar porque solo el que desea ser  etéreo llega a esos mundos. Como el chico deseaba ser etéreo, le sacaba ya ventaja pero ella seguía adelante en busca de su amigo. Por el camino, con todos sus problemas , un día se da cuenta de que se está volviendo ella tambien etérea y que, si prosiguen su busca, pueden llegar a desaparecer del mundo para siempre. 

Cópiovos a primeira frase do libro:
Cuentan que, más allá de los Montes de Hielo, más allá de la Ciudad de Cristal, habita la Emperatriz en un deslumbrante palacio, tan grande que sus torres más altas rozan las nubes, y tan delicado que parece creado con gotas de lluvia.

Le o primeiro capítulo completo de La Emperatriz de los Etéreos
Visita a espectacular páxina web do libro

15/2/11

Caligramas: debuxa con palabras os sentimentos

                       Primeiro Premio de Primaria
Ana María Aira Seijo
( Carrilana), alumna do CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro, Lugo
Procedencia da imaxe

A biblioteca do IES Castro da Uz de As Pontes anímavos a participar no seu  V Concurso de Caligramas. Cópiovos a continuación un fragmento das bases do concurso, que podedes ver completas premendo no link. Unha observación: non tendes por que enviar pola vosa conta os caligramas. Entregádellelos a Eva, Violeta ou María Xesús e xa nos ocuparemos nós mesmas de os enviar todos xuntos ao concurso. Vós só tendes que afinar a imaxinación e reunir todas as habilidades poéticas e pictóricas que poidades, porque xa vedes pola imaxe que ilustra este post que o listón está alto. Aproveitamos para felicitar a Estefanía García Méndez, de Ortigueira, e a Ana María Mira Seijo, de Pedrafita do Cebreiro, gañadoras da cuarta edición do concurso, polo seu excelente traballo.

1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou tema.
2.- Poderá participar calquera estudante, de primaria, secundaria, bacharelato ou ciclos formativos.
3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras non irán asinadas e o tema será: “O FINAL máis impactante das miñas lecturas.
4.- Os caligramas  presentaranse en CARTOLINA tamaño DINA4 e poderán ser manuscritos ou a ordenador.
5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 8 de abril de 2011. As obras presentaranse no IES Castro da uz –en horario lectivo- ou enviaranse ao enderezo: IES Castro da uz, R/ José María Penabad López s/n. (cp 15320), As Pontes, A Coruña,  indicando no sobre “5º Concurso de Caligramas”. ( De ser varios alumnos e alumnas os/as  que participen dun mesmo centro, os caligramas poderán  enviarse nun único sobre que conteña as obras e os  datos identificativos de todos/-as  os/ as participantes).
6.- O caligrama non irá asinado; identificarase cun pseudónimo na parte traseira deste.  Meterase nun sobre xunto a un folio que conteña a seguinte información: pseudónimo e nome e apelidos do autor ou autora do caligrama, enderezo persoal ou do centro de ensino, teléfono de contacto, correo electrónico e D.N.I. -se tivese-, así como o centro no que estuda e o curso. Tamén se incluirá o texto que se utilizou para deseñar o caligrama.. De non conter esta identificación os caligramas quedarán excluídos do concurso.

12/2/11

San Valentín 2011


Ficha do libro: Lumen

Dicía Cunqueiro que dicía Goethe (nada menos!) que toda poesía é poesía de ocasión. E que mellor ocasión que estas amorosas datas de mediados de febreiro para ler poesía. Ou para compoñela, se  somos capaces de despertar ao bardo que seguramente levamos dentro. Pero isto último déixoo para un próximo post, o tal bardo, se é que existe (no meu caso dubídoo moito) pode seguir durmindo de momento. Agora imos co asunto da lectura de poemas. A revista Papel en Blanco recomendounos hai uns días nun correo electrónico unha antoloxía da poesía amorosa de Pedro Salinas (fixádevos na ligazón e na imaxe máis arriba). Tampouco en Papel en Blanco son partidarios da comercialización destas datas, pero, dito isto, que parece de rigor, consideran os redactores da revista que a antoloxía de Pedro Salinas, un dos mellores poetas en lingua castelá do século XXvén sendo un regalo moi axeitado, un regalo que calquera afeccionado á lectura disfrutaría. Estamos completamente de acordo, aínda que aquí de mercar non falamos; de prestar, si. Non a antoloxía de Salinas, que esa non a temos  na biblioteca, pero si outros poemarios de temática amorosa e de indudable  calidade literaria. Aí van algúns títulos:

Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda
Rimas, de Gustavo Adolfo Bécquer
Poemas, de Angel González (unha cibermeiga quítalle unha e outra vez o til a Angel)
La voz a ti debida, Pedro Salinas

E para rematar, e aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid,  máis suxestións, todas de balde, recollidas nun dos meus blogues favoritos, The Presurfer:
14 Simple Ways To Express Your Love On Saint Valentine's Day


Procedencia da imaxe

10/2/11

Tempo de amar e ler



Na biblioteca do IES María Casares queremos celebrar a festa de San Valentín, claro que si. Parécenos que é un bo momento para lembrar que ao comezo de todo está o amor, que todo o que precisamos é o amor e que o amor está en todas partes. Hai demasiada mala uva e aspereza polo mundo para que deixemos pasar como si nada unha festa dedicada ao campión dos bos sentimentos. Xa sabemos que os centros comerciais queren arrimar a auga ao seu muíño e incitarnos a que o celebremos todo, tamén os sentimentos, tan inmateriais eles, mercando a esgalla. Pero non hai por que lles facer caso, se un non quere. E dito isto,  sigamos por onde íamos. Repito que na biblioteca nos sumamos xa hai uns días á celebración sanvalentiniana e enchemos a porta e arredores de corazóns de cartolina (véxase foto), dentro dos cales laten eternos poemas de amor e olvido, algúns clásicos, outros sacados da cultura pop. Logo, no interior, na mesa de novidades, entrando á dereita, argallamos unha exposición de libros de temática amorosa. Son só algúns, que non nos caben máis, porque xa sabedes que tema máis tratado na literatura que o amoroso non o hai. Todo isto vén a conto de lembrarvos que veñades pola biblioteca, pilledes un libro de temática amorosa e o leades. E xa veredes como estas datas xa de por si tan simpáticas do San Valentín as pasades aínda mellor.


.

9/2/11

Avance de temporada

Botádelle unha ollada a esta presentación que contén algúns dos títulos que acaban de arribar á nosa biblioteca. Consultade tamén a mesa de novidades e o noso catálogo e, se botades en falta algunha obra que vos apetece ler, decídenolo canto antes: tomaremos nota e veremos de mercala próximamente.



3/2/11

Matmonólogos: cóntanos a túa experiencia coas matemáticas

Sexades de ciencias ou de letras de toda a vida, agora tendes unha oportunidade de contarlle ao mundo cal foi a vosa experiencia coas matemáticas, ou calquera outro asunto que teña que ver con esta disciplina. E isto é así porque o Instituto de Monelos e o seu boletín de divulgación matemática Tetractis invítanvos a particiapar no  cuarto certame de Matmonólogos. Cópiovos de Tetractis un extracto das bases do concurso. Se queredes velas completas, visitade a páxina, que é moi interesante, non só pola información do concurso, senon tamén por outros contidos alleos a el (as suxerencias de lecturas relacionadas coas matemáticas, por exemplo). Déixovos logo co extracto das bases non sen antes felicitar a Paloma Tarrío Alves, alumna do instituto de Monelos e autora do cartel do concurso: quedoulle moi logrado.


Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.

Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
Alumnado do IES Monelos.

O prazo de entrega dos relatos comeza o 1 de febreiro e remata o 28 de abril de 2011, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:


IV Certame de Matmonólogos


Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña





Vía: Bibliotecas escolares de Galicia

1/2/11

As bibliotecas públicas británicas, en perigo de extinción

A biblioteca pública da localidade Stony Stradford, foto da páxina Save Stony Stradford Library

Entérome polo blogue  Lecturalia de que as autoridades "competentes" británicas teñen rematado plans para pechar unhas catrocentas cincuenta bibliotecas públicas. Alegan que cada vez a xente as usa menos, por culpa da crecente popularización de Internet e dos libros electrónicos. Como era de esperar, púxose en marcha un amplo movemento de oposición a esta medida, apoiado por prestixiosos escritores británicos. Un exemplo disto témolo na "movida" que se montou na pequena localidade de Stony Stratford onde centos de veciños acudiron á biblioteca pública seguindo un chamamento difundido a través de facebook para que retiraran o máximo número de libros permitido. Di Lecturalia que entre o 12 e o 15 de xaneiro a biblioteca prestou todos os seus fondos: 16000 volumes, a razón de catrocentos por hora. Todo un éxito que espero que disuada ás autoridades antes cualificadas topicamente de competentes de pechar a biblioteca.
Lendo esta información, púxoseme a mosca detrás da orella: e se un día nos chega aquí a moda esa de pechar bibliotecas? De momento non parece que haxa perigo, pero, por se acaso, e por aquilo  que di o refrán castelán de que "más vale prevenir que curar" e máis aquel outro que afirma que "cuando las barbas de tu vecino veas pelar, etc, etc, etc", anímovos a que fagades uso das bibliotecas que tendes á vosa disposición, tanto a do instituto como as do  concello de Oleiros, ou as  de A Coruña, (precisamente este venres volve a abrirse a do Fórum, logo da súa remodelación). De ningunha maneira, permitamos que esmorezan os nosos "paraísos laicos" por falta de uso.

E para rematar, destaco o conmovedor testemuño de Colin Dexter sobre a importancia  que a biblioteca do seu barrio tivo no desenvolvemento da súa formación literaria e o decisivo papel que desenvolveron as bibliotecas públicas en xeral no século XX (o destacado é meu) :

Cuando era niño había tres libros en nuestra casa: El Médico Casero, de 1886, una novela victoriana estilo “Mills & Boon” titulada La primera oración de Jessica, y Cantos y Partituras sagradas de los evangelistas estadounidenses Moody y Sankey. De muchacho, inscribirse en la biblioteca constituía un rito de pasaje, y fue a los 14 años, que es la edad a la que me inscribí en la Biblioteca Stamford de Lincolnshire, cuando empecé a leer todas las 17 novelas de Hardy salvo una. La última la estoy reservando para la vejez. El servicio gratuito de bibliotecas públicas fue una de las mayores conquistas del siglo XX. La literatura abre puertas, y hete aquí a nosotros cerrándolas. Es muy triste, y exige un cambio radical de orientación por parte del gobierno, no sólo por los niños y ancianos que las usan, sino porque tenemos una tradición cultural que proteger. El gobierno habla de poder popular. Pues bien: el pueblo no quiere que se cierren las bibliotecas.
Mapa e calendario das protestas publicado en The Guardian
Blog dos bibliotecarios onde se publica a relación das bibliotecas amenazadas: Public Libraries News
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...