30/1/11

Nelson Mandela, campeón da paz

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Este ano cae en domingo e non nos vemos, pero o luns aínda chegamos a tempo de poñer en marcha algunha actividade que nos lembre con especial énfase algo que non debemos esquencer en ningún día do ano: a necesidade de convivir armoniosamente con todos, especialmente cos que nos caen mal, con aqueles que non son amigos nosos ou non parecen querernos ben ( cos outros é moi fácil, case non ten mérito). E non atopo mellor exemplo dunha persoa que fixo desa vontade de perdón unha actitude vital que o do líder africano Nelson Mandela,  unha das persoas vivas máis admiradas do mundo. E non é para menos. Nelson Mandela pasou 27 anos da súa vida, fixádevos ben, 27 anos, de 1962 a 1990, encerrado nun cárecere en condicións penosas, unha vez que o condenaran a cadena perpetua por  pertencer ao Congreso Nacional Africano. Cando saíu, en 1990, e logo catro anos máis tarde, ao se converter en presidente de Suráfrica, Mandela non buscou vengarse dos seus verdugos nin dos responsables directos da terrible política do apartheid que marxinara dun xeito cruel á poboación negra de Suráfrica,  senon que mantivo o obxectivo de convertir o seu país nunha democracia interracial. Esa fortaleza de carácter, ese temple, esa disposición ao perdón que mativo Mandela en todo momento non deben de ser nada fáciles de conseguir e menos de contaxiar ao resto da poboación: o apartheid fixera moito dano e as comunidades estaban moi enfrontadas. 
Segundo o mesmo Mandela confesou, a soportar as tremendas penalidades do cárcere axudáronlle uns versos do escritor inglés William Ernest Henley. Cópiovolos a continuación e logo comentaremos que aspectos do seu contido poden ser máis "aleccionadores". E a cohesionar as distintas etnias que cohabitaban en Suráfrica axudoulle o constante diálogo cos seus opositores políticos e,  mirade por onde, o deporte, concretamente o rugbi, moi popular por aquelas terras. Aínda que hai que dicir que a selección surafricana de rugby era daquela bastante penosa. Todo isto e máis cóntanolo o  xornalista John Carlin nun libro titulado El factor humano: Nelson Mandela y el partido que salvó a una nación. Nas bibliotecas municipais de Oleiros (consultade o link permanente neste blogue) hai seis exemplares á vosa disposición (acabo de comprobalo). Pero se queredes unha aproximación máis rápida e emocionante aos feitos que se contan no libro, aconséllovos que vexades Invictus, a película de Clint Eastwood, con Morgan Freeman no papel de Mandela e Matt Damon no de Francois Pienaa, capitán do equipo de rugby surafricano. A película toma o título do poema "de cabeceira" de Nelson Mandela. Lamentablemente non temos o dvd desta película na biblioteca, pero podemos ver algúns clips en youtube. E dicirlle a Violeta que nola merque, claro. Por último, perdonade que a fotografía que adxunto vos estropee o desenlace, pero non me poiden resistir. A que é bonita?




Nelson Mandela entrega a Copa do Mundo de rugby a Francois Pienaa
Procedencia da imaxe: The Telegraph.co.uk

INVICTUS

  (fonte: Ojos de papel)

Out of the night that covers me,

Black as the Pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul. -
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed. -
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds, and shall find me, unafraid.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate;
I am the captain of my soul.

INVICTUS

Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir
por mi alma invicta.
En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino
mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años
me encuentra, y me encontrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,
soy el amo de mi destino:
soy el capitán de mi alma.











27/1/11

A Galicia máis bonita vista por Guillermo González

Seguín o consello de Manuel Gago e abofé que non me arrepentín. Recomendaba este xornalista e director de culturagalega.org un libro dixital de fotografías elaborado por Guillermo González e titulado Galicia, la tierra que abraza el mar. Trátase dunha preciosísima colección de fotografías da costa de Galicia e as súas xentes, "un luxo en línea", como afirma Gago. Eu pásovos a invitación e o link á publicación completa. De nada.


Procedencia da imaxe

26/1/11

Roquetas de Mar anímavos a escribir

John Banville
De Roquetas de Mar, provincia de Almería, chéganos por correo electrónico unha invitación para participar no seu  XXX Certamen Literario . Así que, se vos gusta escribir case tanto como ler,  tendes entre catorce e vinte anos e estades matriculados en calquera instituto de ensino secundario, animádevos e mandádelles os froitos da vosa imaxinación  á dirección que atoparedes no link anterior. Podedes escoller entre os dous formatos que admite o concurso, poesía ou relato curto, ou incluso participar nas dúas modalidades, se as vosas musas particulares son xenerosas e polifacéticas. Que vos parece que non sodes bos abondo, que non sabedes escribir como é debido, ou polo menos non tanto como para gañar un concurso? Parádevos a pensar que podedes estar enganados. Case, case igual de enganados que o escritor irlandés  Joh Banville, quen hai pouco afirmaba en El País Semanal que el non sabía escribir. Escuso dicirvos que moitos críticos considérano o mellor escritor vivo en lingua inglesa (e iso que hai moitos e moi bos escritores vivos nesa lingua).
Queda dito. Nun próximo post, falareivos do concurso de Coca-Cola, que a escribir e concursar, todo é empezar.
Procedencia da imaxe

24/1/11

As bibliotecas, paraísos laicos


Escribo porque creo en la austera inmortalidad de la palabra escrita y en las bibliotecas como paraísos laicos

Fernando Iwasaki, El País Semanal

20/1/11

Á caza de lecturas

Javier Ruescas, escritor e colaborador da revista El Templo de las Mil Puertas, recomenda no seu blogue El cazador de libros varios títulos que polo visto leu e disfrutou recentemente. De entre eles,  selecciono  un, o mellor valorado: un 9'5 saca o tal libriño na estimación do escritor. Trátase do libro de Alessandra Clare titulado "Cazadores de sombras: los orígenes". Atendede ao comentario de Ruescas sobre esta obra que vos copio a continuación:


Maravilloso. De la autora sólo había leído el primero de Cazadores de Sombras, pero éste me ha gustado muchísimo más. Creo que a esta historia le pega mucho más la época victoriana y el toque Steampunk que el Urban fantasy. Los personajes, sobre todo Will, me han encantado. Quiero más, más, más...
Para máis suxestións de lectura, visitade El cazador de libros.


18/1/11

Aventuras desde un sofá

Os alumnos e alumnas de primeiro de ESO andan estes días a voltas coa novela de aventuras: que se un heroe como protagonista, que se un antagonista que estea á altura, que se unha viaxe, que se acción a punta pala, etc, etc, etc. É inmensa a capacidade que teñen os libros de texto, moitos deles polo menos, de facer aburrido o tema máis apaixoante. Imos botarlles logo unha man desde este blogue á xente de primeiro con dúas suxestións que lles fagan máis lixeira a carga de traballo e, a poder ser, que lles permitan entrar no moi concorrido club dos amantes das novelas de aventuras. A primeira, a presentación que precede estas liñas: amena, completa e co reforzo de imaxes que sempre axuda a fixar na memoria os tantas veces engorrosos contidos.
E a segunda, a que nos vai permitir saber aínda máis, pero moito máis, sobre as novelas de aventuras, é un blogue dedicado de pe a pa a este xénero literario. Chámase  novelasdeaventuras.blogspot.com. e ten unha lista exhaustiva de títulos e autores, biografías, portadas das edicións máis populares, links ás obras completas (moitas en inglés) ou primeiros capítulos, vídeoclips de películas baseadas nas novelas comentadas. En fin, que de alí non sairedes sen levar na cabeza polo menos media ducia de títulos para ler urxentemente.


A imaxe pertence ao blogue novelasdeaventuras

13/1/11

Unha de modais en Internet

Sabemos que os ocasionais lectores e lectoras deste blogue sodes xente educada e que sabe estar, pero de vez en cando hai que "actualizar" os modais para deixalos niquelados e sen asperezas fastidiosas. Pois ben, isto que vos vou presentar agora mesmo é o máis gráfico e ameno que eu atopei en Internet sobre a maneira correcta e amable de se comportar na rede. Chámase Netiquetate e trátase dun proxecto de Pantallas amigas. Moitas das normas xa as coñeceredes, pero outras se cadra non. Por exemplo, a min chamoume a atención un consello relacionado coa xestión do correo electrónico: o de non marcar á lixeira como spam un correo non desexado para non prexudicar ao seu remitente. Tomo nota e prometo ter máis conta no futuro.

Todo isto vino en What's new, un blogue que procuro consultar para manterme ao día no que se refire ás aplicacións gratuítas que van aparecendo en Internet. E ao igual que o responsable do citado blogue eu tamén vos aconsello ampliar a información sobre o tema da netiqueta en pantallasamigas.net, ver os vídeos que vos ofrece esta páxina e descargarvos o pdf con todos os bos consellos netiqueteiros.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...