17/12/09

Gilgamesh


Hoxe toca literatura antiga, adicada aos alumnos de Literatura Universal.
O primeiro que temos conservado é o texto do Gilgamesh (rei de Uruk, "el que vio lo más hondo", epíteto caracterizador, xa sabedes), algúns de vós coñecedes a historia e sabedes da versión modernizada que temos na biblioteca.
A epopeya procede de Mesopotamia, da antiga cidade de Súmer (Uruk, na época do rei Gilgamesh, hoxe en Iraq), e está escrita en tabliñas de arxila, segundo a escritura cuneiforme que data do III milenio antes da nosa era (xa ten 5000 anos), chegaron a nós algunhas versións diferentes, a meirande parte está conservada no Museu Británico de Londres, aquí tedes unha mostra.
Quen foi Gilgamesh? Un ser "metahistórico" (houbo un rei con ese nome, máis a figura literaria é máis ben mítica que histórica) que estaba dotado de forzas máxicas e que buscaba o sentido da vida, para iso chegou a enfrentarse a un ogro, e mesmo a achegarse á inmortalidade... Polo camiño deixou ao seu mellor amigo, Enkidu, e moitas aventuras (mesmo escapou do diluvio universal...)
É a historia dunha grande amistade, dos deuses e dos homes, da interpretación dos soños, da procura da inmortalidade... Os grandes temas da Literatura Universal.

3/12/09

Club de lectura


Mañá venres, no primeiro recreo, faremos unha reunión para formar o Club de Lectura Bibliomariacasares.
Si estás en Bacharelato, anímate a participar. Faremos unha reunión mensual para comentar un libro que leremos todos xuntos.
Non é necesario falar en todas as reunións, non é necesario ter o libro rematado, non hai exame, non puntúa... É só unha maneira de xuntarnos e falar do libro que estamos lendo.
O primeiro é La carretera, de Cormac McCarthy.
Veña, imos ler esta novela antes de que nos estreen a película...
Quedamos na Biblioteca para falar das datas e do lugar de reunión.
Por que esta imaxe? Porque hai que pensar nos demáis.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...