22/9/09

Salman Rushdie


Anda estes días por Coruña o escritor inglés, nacido en Bombay (hoxe Mumbai), Salman Rushdie (es.wikipedia.org/wiki/Salman_Rushdie). Ven para participar no Congreso de Semiótica que se celebra esta semana. Hoxe falou de libros electrónicos, aos que é afeccionado, da morte da novela (algo do que se ven falando dende hai décadas) e doutros temas máis específicos.
Nos anos noventa a fama de Rushdie chegou a todas partes xa que foi obxecto dunha "fatwa" (un edicto relixioso) que o condeaba a morte. Por que? Por escribir The Satanic Verses (Os versos satánicos), novela que os integristas islámicos de Irán consideraban blasfema, xa que non respectaba a figura do profeta Mahoma.
Rushdie escribiu tamén unha novela fantástica (estilo H.Potter) titulada Harún y el mar de las historias (editada por Seix Barral) e este ano podemos atopar xa traducida ao castelán a última, unha novela histórica sobre o Renacimento: La encantadora de Florencia.

17/9/09

De volta


Xa estamos de volta...
De volta ao Instituto, de volta ao ceo gris, de volta á choiva... Mais tamén de volta para ver aos compañeiros, aos profesores (si, nós tamén estamos de volta), para comezar con ganas este novo curso que xa ven teñido de outono e de alarma (pola gripe que acecha)
Dende a Biblioteca queremos darvos a benvida e animarvos a empezar con moita forza.
Con forza xa empezaron os alumnos de 4º de ESO que están en Hamburgo dende o día 15 para participaren no intercambio, xa nos contarán...
Deixamos como primeira recomendación este video de Muse
(en www.myspace.com/muse) , que tamén están de volta co seu traballo "The Resistance" (podedes atopar a letra (moi ilustrativa) en: www.lyricsmode.com/lyrics/m/muse/resistance.html
Bó curso e boas lecturas!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...