28/6/09

Vémonos en setembro



Teño na cabeza desde hai uns días o estribillo dunha canción moi moi antiga. Dicía así: "cuando llegue septiembre todo será maravilloso". Non me lembro das razóns polas que a cantante tiña postas tantas esperanzas nese mes, supoño que contaba con volver a ver ao seu mozo, ou cousa polo estilo. De calquera xeito, as integrantes do grupo da biblioteca queremos facer daquel estribillo repipi unha consigna, e esperamos que no mes en que empezan as clases e o outono podamos ofrecervos un servicio de biblioteca mellor, máis eficaz, "marabilloso". Poñeremos niso todo o noso empeño. Mentres tanto, darémoslle descanso aos teclados e pecharemos este blogue.
Moitas gracias a tod@s e felices vacacións !
Vémonos en setembro!

21/6/09

Neuman, uns dos amos da literatura do século XXI





Outro premiado máis, esta vez co Alfaguara de Novela 2009. Titúlase El viajero del siglo e está escrito polo arxentino Andrés Neuman, a quen La Voz de Galicia entrevistaba o sábado pasado. De momento a edición dixital do xornal non recolle a entrevista, así que me permito copiar un pequeno fragmento das declaracións deste escritor, de quen Roberto Bolaño dixo que estaba "tocado por la gracia" e que "la literatura del siglo XXI pertenecerá a Neuman y a unos pocos de sus hermanos de sangre". Case nada. Di Neuman en "La Voz de Galicia", a propósito da súa nova obra:
Yo me propuse que mi novela tuviera el ritmo moroso y el psicologismo de las obras clásicas, pero que la prosa estuviera muy influenciada por las vanguardias, el surrealismo e incluso el pop, que las imágines fueran cinematográficas, que el montaje visual fuese ágil
E tamén:
A mí me gusta que los géneros se contaminen entre sí. Este libro también es un experimento sobre cuántos géneros pueden caber en una novela, que es la gran aspiradora de la literatura que termina asimilando tarde o temprano cualquier forma. Era la ocasión para poner en juego todos los géneros a la vez, porque tiene de novela clásica, pero también poesía, ensayo y cuento, pue slos capítulos son en genral breves y muchos están rematados conesa ténica.


Pero imos deixar que o propio autor tome a palabra (a falada, a escrita xa nos deixou dito Bolaño que era súa) e de paso preséntovos esta páxina, conoceralautor.com, que tal como apunta o seu nome, permítenos escoitar aos propios autores en vídeos cortiños, según manda Internet. Os vídeos non se poden insertar, pero se clicades na imaxe verédelo.

Consulta a cibermesa das novidades

Esta é só unha pequena mostra dos últimos libros
que se incorporaron á nosa biblioteca.

Se ningún che prace, na mesa de madeira hai máis.

20/6/09

Por fin "Hexed" se trilingüiza



Leo en culturagalega.org que a serie Hexed da debuxante galega Emma Ríos, publicada en inglés en Estados Unidos, aparecerá en galego e en castelán este mesmo ano. Será polas datas en que se celebre o festival Viñetas desde o Atlántico cando a editorial El Patito lanzará as dúas novas versións desta obra que tantas alegrías lle deu á súa autora (isto dedúzoo da lectura do seu blogue) e aos seus lectoras e lectores (isto seino por experiencia propia). De momento terémonos que conformar coa edición en inglés, publicada integramente en MySpace, a onde vas se clicas.

18/6/09

A familia crece

Crece a familia blogueira do María Casares. @s últim@s en se incorporar á rede son @s alumn@s de cuarto que caeron na conta de que sabían facer cómics, editar vídeos e enredar con youtube, entre outras habilidades. Non lles quedaba máis que abrir un blogue para expoñer o seu labor. E ahí está: chámase ticomovas e é ben bonito. A continuación, unha mostra dos cómics do ticomovas.


E os premios van para ...




Xa temos os nomes d@s gañador@s da edición 2009 dos tres concursos convocados desde esta biblioteca: Pasaporte Lector, Recuncho de Poesía e Formación de Usuarios. Aquí os tendes:

Pasaporte Lector
1º premio: Sara López, de 1º de bacharelato C
2º premio: Celia Segado Quintas, de 1º de ESO A
3º premio: Lucía Souto Tizón, de 1º de ESO A

Recuncho de poesía
1º premio: María Rodríguez Castro, de 3º de ESO C
2º premio: Paula Fernández Rivera, de 1º de ESO B
3º premio: Marta López García, de 1º de ESO A

Formación de usuari@s:
Manuel Meilán, Cristina Rodríguez e Andrea Otero, de 1º de ESO A.

A todas elas, e a el, a nosa noraboa.

Posdata 1
Entregaremos os premios mañá venres día 19, no primeiro recreo. E aproveitaremos a cerimonia para lles pedir permiso aos concursantes para publicar a lo menos unha mostra dos seus magníficos traballos no noso blogue.

Posdata 2
A tent@s tod@s @s que participastes porque recibiredes un pequeno obsequio e todo o noso recoñecemento polo voso moi meritorio traballo.

14/6/09

Un premio que dá que pensar



No post anterior, viamos unha foto de Agustín Fernández Paz e unha sorinte Rosa Aneiros. Razóns para sorrir non lle faltan a esta escritora galega (moi estimada no noso instituto, se xulgamos polo número de empréstitos das súas obras) pois vén de facer un doblete: dúas obras súas gañaron os premios que convoca a editorial Xerais. Sol de Inverno (así con maiúscula, porque é o nome da protagonista e non o dunha estación) conseguiu o Premio Xerais de Novela e Ás de bolboreta, o galardón Caixa Galicia de literatura Xuvenil. Ímonos ocupar brevemente deste último título, que parece bastante prometedor. Ás de bolboreta pinta un cadro de vidas cruzadas, unha especie de puzzle feito con pezas pequeniñas, ou o que vén sendo o mesmo, capítulos breves, e con moito diálogo, unha fórmula bastante efectiva para asegurarse o éxito nos institutos. Algo que non debía de andar moi lonxe da cabeza da autora cando declaraba ao diario El País que Ás de bolboreta "pode servir para reflexionar sobre moitos temas nas aulas" . Tomamos nota, Rosa, porque neste instituto gústannos as obras que fan pensar.

A imaxe está sacada de culturagalega.org e nela vemos a Aneiros moi ben acompañada por Jacobo Fernández, ufano co seu recén gañado premio Merlín de Literatura Infantil.

E para rematar, un audio de Rosa Aneiros en culturagalega.org sobre Ás de bolboreta.

13/6/09

Relatos de amor para levar á praia



Avísovos de que uns cantos posts que me quedan por perpetrarvos antes de que remate este curso van ir de premios literarios. A que vén esta especie de ameaza? Que teñen de malo os premios literarios? Vaia por diante que eu penso que nada de nada. Ao contrario, os premios fan felices a moitas persoas. Para empezar, aos premiados, que vemos nas fotos das cerimonias felices e contentos recibindo o seu galardón; logo, aos da editorial, que aproveitan para vender libros, que é o seu, e Deus queira que lles vaia ben por moitos anos. E por último, aos lectores que mercan as obras premiadas e parecen pasalo ben léndoas.
Agora ben, dito todo o anterior, probablemente haxa criterios mellores para escoller unha lectura que o dos premios que teña recibido, claro que si, e convén que cada quén vaia formando os seus. Pero seguro que sabedes de sobra todo isto e podo pasar sen tanto preámbulo ao asunto que me traía hoxe aquí. O caso é que a Agustín Fernández Paz déronlle por O único que queda é o amor, primeiro o premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil e logo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil do ano 2008. O libro leva unha boa tempada na lista dos máis vendidos de La Voz de Galicia e pareceume que podía ser unha moi boa recomendación para as vacacións que se aproximan. Como o seu título indica, en O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz volve a falar do amor, unha vez máis, que dicía a canción. A obra consta de dez relatos sobre ese tema eterno. Se clicades no título veredes unha relación de todos eles e un breve resumo dos seus argumentos (lamentablemente, tamén se contan o desenlaces). A continuación, un deses resumos (sen o desenlace, claro):
Unha historia de fantasmas: lembra unha narradora feminina de cando facendo o camiño de Santiago dende Pamplona un home contou á noite na pousada dun accidente de coche que deixou viúva e sumida na tristeza e soidade a unha muller. Até que empezou a sentir a presencia do marido na casa, que logo se fixo real nas flores que alguén levara, e mesmo no libro de Valente que atopou aberto enriba da cama co poema que ela tantas veces lle lera. Intenta a narradora ao día seguinte falar co relator da historia, mais desaparecera...




8/6/09

Ponlle palabras ao terror


A vós que tanto vos gustan os relatos de terror, que non parades de vir á Biblioteca para reclamar libros de misterio, de terror ..., deixovos unha información por si acaso hai algún "letraherido" que escribe e que lle gusta o tema. 
No concello de Curtis organizan un concurso para premiar a mellor narración curta sobre o tema, eles din : "Queremos que lle poñas palabras ó terror. Desafiámoste a que nos fagas sentir auténtico medo.". Xa sabedes, este é o ano de Edgar Allan Poe (entre outros) e anda por ahí Coraline (que non da moito medo pero da un mal rollo...), animádevos e achegádevos á páxina web: www.concellodecurtis.org

7/6/09

"Chats": non chatees con lobos




¿Acordádesvos de "No pidas sardina fuera de tempada" ou "Todos los detectives se llaman Flanagan"? O seu autor é Andreu Martín, un dos mellores escritores de literatura xuvenil en lingua castelá. Pois ben, Andreu Martín volve agora cun libro titulado "Chats", unha historia "con moraleja", un "conto bo" (mirade o vídeo para descubrir a que me refiro), que gañou o premio Hache, outorgado por lectores adolescentes. As peripecias de Eva, a protagonista, entreteñen, como soe ocorrer cos relatos deste escritor catalán, e ademais alertan dos perigos que axexan ás caperucitas que menten ás súas nais, intérnanse nas charlas sen fronteiras que Internet pon ao seu alcance, e esnáfranse contra lobos disfrazados de tenras ovelliñas. A continuación, a reseña da editorial Algar e o vídeo de Andreu Mantín:

"Eva había dicho que iba a hacer los deberes, pero tras una hora encerrada en el estudio, su madre la encuentra hablando por el Messenger con cinco o seis conversaciones abier­tas, entre ellas la de Supermask. Y empieza la bronca de cada día, pero Eva no lo puede evitar. En el instituto, Elisenda y sus amigas las Tiburonas le hacen la vida imposible, y todo el mundo la ignora, incluido Ernesto. En cambio, en la red todo es distinto, porque en los chats encuentra la válvula de escape que necesita, y es querida y popular. Todavía no es consciente de los peligros que le esperan."


4/6/09

Aventuras nun mundo paralelo

Estrease hoxe unha película do director Henrick Selick, coñecido sobre todo por "Pesadilla antes de Navidad", titulada Los mundos de Coraline. A cinta baséase nunha novela de Neil Gaiman e presenta unha importante novedade técnica: trátase da primeira película de animación stop-motion rodada en 3D.
Coraline é unha nena insatisfeita coa súa casa e cos seus pais que consegue adentrarse noutro mundo con só pasar ao lado dunha porta da súa casa. Nese outro mundo todo parece perfecto, ao primeiro, pero seique as cousas se complican e Coraline vai ter que botarlle moito valor para volver ao seu "antiguo" mundo e salvar á súa auténtica e imperfecta familia. Se queredes ler máis información sobre a cinta, clicade sobre o nome, como sempre. Pero, para que? Mellor ide vela. E a continuación, o tráiler.


3/6/09

Un veciño de A Coruña aspira a un Óscar

La Voz de Galicia publicaba o venres día 29 de maio a noticia (que non aparece na versión dixital do xornal) de que Alberto Rodríguez, un cineasta canario afincado en A Coruña, estaba nominado aos premios Óscar para estudantes, que convoca a Academia das Artes e as Ciencias de Hollywood, a mesma que convoca os outros Óscar, os de toda a vida, digamos. A curta que presenta este aventaxado estudante da National Film and Television School do Reino Unido titúlase "The Incredible Story of My Grandmother Olive". Tiven curiosidade por ver siquera a pinta que tiña a peliculiña e busqueina en youtube. Gustoume, non sei como serán as curtas coas que compite Alberto Rodríguez pero a que el mesmo presenta ten moi boa pinta. Invítovos a que lle botades unha ollada ao tráiler. E se queredes máis información sobre o contido da cinta e outros datos do seu autor, esta páxina pode valer.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...