28/4/09

Precísanse lectores con talento



El viaje de la lectura pasa muchas veces por terrenos difíciles que exigen tolerancia, espíritu libre, capacidad de emoción inteligente, deseos de comprender al otro y de acercarse a un lenguaje distinto al de nuestras tiranías cotidianas.

Enrique Vila-Matas

Le El talento del lector en El País

Como conservar ben os libros



Veño de renderlle a miña visita diaria ao blogue Nosololibros e, como sempre, traio algo de proveito. Esta vez é unha infografía sobre a boa conservación dos libros nas bibliotecas sacada da versión dixital da revista Muy Interesante. Pois iso, moi interesante.

27/4/09

Roi Casal: Ninfa das frescas augas

O artista que traemos hoxe aquí chámase Roi Casal. Compón, canta e toca a arpa que dá xenio. E por riba é bo mozo. E non digo máis, que teño que ir para a clase. Déixovos dous links para que vos documentedes sobre este artista e a promesa de volver con máis vídeos seus.


Entrevista a Roi Casal en netclub

Páxina web do artista

Unha biblioteca en cada casa



Interesante o artigo de Víctor Freixanes Libros e casas, publicado onte en La Voz de Galicia. Nel fálanos dunha iniciativa do governo arxentino para dotar ás vivendas de protección social dunha biblioteca básica. Cito textualmente:
"Ao tempo que se lle entrega á familia a chave da nova vivenda, a Administración instala unha pequena biblioteca doméstica de 18 títulos, seleccionados entre o máis representativo da literatura arxentina e universal.
Van 50.000 entregas no último ano, segundo o secretario de Cultura da Presidencia, José Nun. O 80% dos beneficiarios nunca tiveran un libro na casa. A experiencia acompáñase dunha programación de obradoiros de lectura nos barrios, para dinamizar as bibliotecas, e un programa educativo nos centros escolares, dirixido aos rapaces e rapazas, apoiado nos títulos que configuran as bibliotecas, para que poidan dispoñer neles na casa."
Polo visto, esta idea, que me parece excelente, xa se exportou a outros países. Non estaría de máis que a tivésemos tamén en conta por estes "pagos".

Libros e casas en La Voz de Galicia

23/4/09

Vacacións solidarias



Chéganos ao correo electrónico esta mensaxe de Nuria, de Solidaridade Internacional:

Neste verán, qué pensas facer nas túas vacacións?

Achégate, infórmate e viaxa connosco!

Xa está en marcha vacacións solidarias 2009


O Programa de Voluntariado Internacional VACACIÓNS SOLIDARIAS bríndache a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.


  • Ecuador - 1.795 € - do 3 ao 30 de Xullo
  • Bolivia - 1.925 € - do 1 ao 28 de Agosto
  • Guatemala - 1.815 € - do 3 ao 29 de Xulio
  • Tindouf - 1.095 € - do 10 ao 24 de Outubro

Infórmate en: www.solidaridadgalicia.org/vacacions2009

REUNIÓNS INFORMATIVAS


Ourense
Luns 27 de abril ás 20:30 h
MOUCHO, rúa da concordia nº17, 32003, OURENSE
Responsable: Maite Pérez Insua

Pontevedra
Martes 28 de abril ás 20:30 h

Tenda Comercio Xusto

Galerías de la Oliva, local nº4, 36001, Pontevedra
Responsable: María Paz Gutiérrez

A Coruña
Mércores 29 de abril ás 20:30 h

Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia

C/ Cantón Grande 21-24, 15003, A Coruña

Responsable: Teresa Boedo Blanco



20/4/09

Recomenda un libro

-Elixe un libro que che guste para comentar ou para recomendar aos demáis.

-Redacta unhas liñas sobre el (argumento, estilo, opinión persoal, crítica…)

-Deixa a túa recomendación na bandexa que hai na biblioteca.

-Publicaremos as vosas recomendacións de lectura.


19/4/09

Feira do libro no María Casares


O 23 de abril, día do libro, imos celebrar unha feira do ídem que vai mandar truco, unha especie de bookcrossing "de andar por casa", que diriamos en castelán (estame quedando un "post" trilingüe do máis ultramoderno) . Ti traes un libro (ou dous ou tres...) que xa leras e non che interese conservar, nós dámosche un vale que vas poder canxear por tantos outros libros como trouxeches. O mesmísimo día 23 organizamos unha exposición con todos os libros e deixámosche que escollas aquel título ou títulos dos traídos polos teus compañeiros que máis che interese.
Para que teñas en conta prazos, lugar de entrega dos libros e demais cuestións organizativas cópioche a continuación as instruccións que argallaron os organizadores do evento literario-festeiro:


“Cada persoa pode traer cantos exemplares queira (poden ser libros ou cómics) xunto coa autorización, no caso de que sexan alumnos, dos pais e titores; na parte baixa hai un vale que deben recortar e gardar.

A entrega será en Vicedirección ou na Biblioteca

A recollida de libros será realizada ata o martes 21 de abril no 2º recreo.

O día 23 haberá unha exposición no vestíbulo dos libros doados e será organizado un horario de baixada para que os alumnos que teñan vales queiran canxealos polos libros expostos.”

18/4/09

O futuro segundo Microsoft

Este vídeo titúlase “2019″ e leva xa algún tempo circulando por Internet. Refírese ó futuro das novas tecnoloxías, tal como o ve Microsoft, que diso debe de saber algo. Existe unha versión completa (dura uns cinco minutos), que podedes ver clicando na primerira dirección que vos indico abaixo. A versión que poño hoxe aquí é de máis ou menos dous minutos , que é a duración que soemos preferir a xente deste blog. Pouco tempo para que caiba nel todo o 2019 tecnolóicamente falando pero abondo para nos deixar coa boca aberta. Paredes que son pantallas transparentes interactivas, debuxos dixitais que parecen ter vida propia, tarxetas de embarque electrónicas... O autor do blog istartedsomething, un dos que primeiro publicou este vídeo (que eu saiba) escolle como máis atractiva de entre tanta sofisticadísima e aínda non estreada tecnoloxía, o xornal electrónico. ¿A vós que vos parece? Eu non sabería escoller.

<a href="http://video.msn.com/?mkt=en-GB&playlist=videoByUuids:uuids:a517b260-bb6b-48b9-87ac-8e2743a28ec5&showPlaylist=true&from=shared" target="_new" title="Future Vision Montage">Video: Future Vision Montage</a>


Vía: istartedsomething
el blog de libros y bitios

Vía: Biblioríosblogspot.com

"El amor nunca se raya", ou si?

Un poemiña para o recuncho de poesía, que o temos medio esquencido. Esta vez é do poeta granadino Luis García Montero e fala de amor e música cun certo toque de humor. Vén ben para estes tempos de primavera esquiva.

















BALADA O EPIGRAMA
TÚ que has sido disc-jockey más o menos,
por el sueño de tu generación,
sabrás seguramente que la vida
es un disco con dos revoluciones
que dura siempre, amor, nunca se raya,
nunca se raya, amor, nunca se raya,
nunca se raya, amor,
nunca se raya.

17/4/09

Flavio Morais



Nada sabía de Flavio Morais ata que o vin en El blog de libros y bitios, de José Antonio Millán, onde este coñecido filólogo e experto en redes comenta unha exposición do artista brasileño afincado en Barcelona. Queda algo lonxe esta cidade catalana para visitar a mostra, así que me conformei con pasarme pola páxina web do artista. Gustoume moito o que vin, especialmente o apartado "animaciones". Por esa razón deixo hoxe aquí este post que podedes considerar unha especie de invitación á coñecer este artista e a súa obra.

13/4/09

A fórmula do éxito

Os críticos din que os libros de Malcolm Gladwell simplifican en exceso, que ás súas teses fáltalles “supporting evidence”, que vén sendo algo así como unha sólida fundamentación. Penso que teñen razón. Agora ben, os lectores, moitos lectores, adoran a este escritor e demóstrano mercando os seus libros masivamente. E xa van tres: La clave del éxito, La inteligencia intuitiva e agora Fueras de serie, todos eles best sellers en Estados Unidos e os dous primeiros tamén no mercado español. Que explica logo o éxito deste escritor? Que é un auténtico mestre na arte de narrar de forma amena. Gladwell sabe pórlle rostro humano ás súas ideas e darlles vida en anécdotas contadas ademais con certa intriga. Como se dunha novela de Agatha Christie se tratase, queres seguir lendo para descubrir a conexión entre os feitos narrados e as teses que defende o escritor. Un exemplo: empezamos o primeiro capítulo asistindo a un emocionante partido de hockey xuvenil en Vancouver e rematamos convencidos de que todas as estrelas do equipo chegaron a esa condición non polos seus méritos sen máis senón sobre todo por un cúmulo de circunstancias, a máis importante das cales, e á vez sorprendente, parece ser que todos eles naceron nos dous primeiros meses do ano. Moi sorprendente tamén a “explicación étnica” dos temidos accidentes aéreos, pero disto non vos adianto máis por se vos animades a ler o libro.

Polo demais, o libro non parece conter grandes ideas orixinais. Gladwell non lle dá moita importancia ao talento innato e si en cambio ás circunstancias sociais, culturais, familiares e sobre todo ao entrenamento duro. Nisto último insiste unha e outra vez: para destacar nunha actividade é preciso traballar moito. Pero moito, moito. É máis, Gladwell ten feito o cálculo e ponlle unha etiqueta ao esforzo que debes facer para ser un “fóra de serie” en calquera campo: a regra das dez mil horas. Efectivamente, a excelencia nunha actividade require, segundo Gladwell dun adestramento previo de non menos dese tempo. Os Beatles, Bill Gates, Einstein tiñan talento natural, claro, pero iso non explica o seu éxito senón as circunstancias favorables e o empeño co que buscaron a perfección na súa actividade.
Así que xa o sabes, se queres ser moi bo ou boa en algo, xa podes ir empezando, que dez mil horas son moitas horas.

11/4/09

Homo homini cattus

Vladek Spiegelman é o protagonista de Maus. Como tantos vellos, esquece acontecementos da súa vida cotiá pero é capaz de revivir e relatarlle ao seu fillo, Art Spiegelman, coa precisión dun notario, o seu pasado máis lonxano. Claro que hai pasados e pasados, e o de Vladek ten que ser moi difícil de olvidar. Nacido en Polonia nunha familia xudía acomodada, presenciou, baixo o dominio nazi, a perda de todos os seus bens, o exterminio de case todos os seus parentes, incluído un fillo de tres anos, a reclusión voluntaria en zulos e para rematar o horror de AuschwitzVladek cóntalle todo isto ao seu fillo, e este cóntanolo a nós empregando viñetas en branco e negro, nas que os diferentes grupos humanos se representan mediante formas animais. Así, os xudeus son ratos (que poñen caretas de porcos cando queren pasar desapercibidos, pero véselles o rabo…); os alemáns, gatos; os polacos, porcos e os americanos cans. Créase deste xeito, coa a ausencia de cores e a deshumanización das persoas, unha atmosfera moi apropiada para os feitos que se relatan. Nalgunhas críticas dise que Maus trata do Holocausto xudeu. Isto non é totalmente exacto: non hai mención de feitos históricos. En todo caso, trátase dun testemuño persoal dun supervivente do Holocausto.

¿E como pode alguén sobrevivir a unhas circunstancias tan terribles? Vladek é unha persoa extraordinaria: intelixente e forte tanto física como psiquicamente, enérxico e cheo de recursos. Vémolo sobrevivir, e incluso prosperar, nas circunstancias máis extremas. Constrúe zulos a proba de nazis que o manteñen oculto a el e ós seus, comercia de forma clandestina coas poucas bens que lle quedan e ata en Auschwitz se apaña para aprender o que faga falta con tal de mellorar algo. Pero non son a intelixencia e forza de Vladek as que explican o feito de que sobrevivise ao exterminio nazi. Segundo nos conta o seu fillo, non sobreviviron os mellores senón os que tiveron máis sorte.

Sobreviviron logo os máis afortunados pero non seu cicatrices, claro. “Todo pasa y todo queda”, dicía Machado. E que razón tiña. Moitos dos que conseguiron saír dos campos de concentración acabaron suicidándose anos despois. Vénme á memoria agora mesmo o nome de Primo Levi, outro supervivente de Aus, que escribiu un tristísimo testemuño da súa experiencia no libro Si esto es un hombre. Primo Levi non superou o trauma das penalidades que pasou no campo de concentración, sobre todo da humillación extrema á que o someteron os nazis, e matouse moitos anos despois. Outro tanto fixo Anja, a muller de Vladek, incapaz de soportar a rutina do día a día cando xa o horror quedaba lonxe. Outro novo e terrible golpe para Vladek, que segue adiante, se casa de novo, e chega a se converter nun vello roñón e bastante intratable. Así no lo debuxa o seu fillo, que mantén con el unha relación problemática, tema secundario tamén deste relato.

Remato esta reseña, algo máis extensa do normal, incluso máis extensa do que se soe aconsellar para un post (vese que estamos de vacacións e hai tempo para estas cousas) recordándovos o enorme éxito de Maus: un dos mellores cómics da historia, din os entendidos nesta arte. Así o consideraron os que no ano 1992 lle outorgaron o Premio Pulitzer. Invítovos a que xulguedes por vós mesmos. Buscade Maus na biblioteca, na sección dos cómics, lédeo e contádenos, se vos prace, a vosa impresión.

A imaxe da portada dun dos números de Maus está sacada da páxina Guía del cómic, onde podedes consultar máis información sobre este cómic. A continuación, a reproducción da páxina 2 sacada da páxina da editorial Ramdon House:



5/4/09

Pasión pola lectura

A editorial Random House Mondadori presenta unha nova páxina web e faino con este vídeo de louvanza da lectura, que, recoñeceredes, lle quedou moi lucido, moi "cool".



Vía: El Recogedor
Trafegando ronseis

4/4/09

As catedrais dos libros

Vexo no excelente blogue do IES As Mariñas, de Betanzos, esta presentación que recolle imaxes de bibliotecas monumentais do mundo. Din os nosos compañeiros betanceiros que aínda que a súa biblioteca lles gusta teñen que recoñecer que as hai mellores. Recoñecémolo nós tamén sen problemas, aínda concedendo que a súa é efectivamente ben bonita (podédela ver, se visitades a súa páxina, na presentación que figura á esquerda). Eu xa tomei nota duns cantos detalles que me gustaría incorporar á nosa. Volvendo á presentación das súper-bibliotecas, deixádeme que destaque tres: a de Zutphen, na diapositiva 23; a de Glasgow, na 40; e a do British Museum, na 50. Aconséllovos que vexades a presentación con calma, son 65 diapositivas, e a tamaño completo. Para isto último, premede abaixo, no icono da pantalliña. Logo contádenos que bibliotecas vos gustaron máis, se vos prace.

2/4/09

Día do libro infantil e xuvenil


Hoxe, 2 de abril, hai moitos anos que naceu Hans Christian Andersen, o escritor danés famoso polos contos infantís que publicou: A sereíña, O parruliño feo, O soldadiño de chumbo, ... Seguramente tedes lido moitos dos seus contos cando erades pequenos e tamén os leredes aos vosos fillos (cando os teñades, dentro de moito tempo). O que non sabedes é que Andersen viña dunha familia pobre e, como decimos hoxe, desestructurada... Aínda así soubo, despois de ter que deixar a escola cando morreu o seu pai, ler e instruirse pola súa conta e chegar a ter unha vastísima cultura.

Andersen foi tamén un gran viaxeiro, non un turista, que escribiu as súas relacións de viaxes ao longo da súa vida; mesmo estivo en España e admiraba moito as cidades antigas coma Toledo e Granada. Non parou de traballar polos libros e pola cultura e chegou a ser cantante de ópera e a escribir libretos para outros.

Podedes atopar a súa biografía completa na wikipedia http://www.es.wikipedia.org/hans_christian_andersen

E para celebralo, achegádevos aos vosos contos infantís, eses que tedes gardados quen sabe onde, e escollede un deles para ler esta noite, antes de durmir.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...